Menu Xerais

Presentacións de Xerais na Feira do Libro de Santiago

Este sábado día 30 de abril arrinca a Feira do Libro de Santiago de Compostela, que será inaugurada ás 13:00 horas cun pregón de Diego Ameixeiras, de quen, recentemente, os libreiros elixiron Asasinato no Concello Nacional como Libro do Ano 2010.

Informamos das presentacións de libros de Xerais na Feira do Libro de Santiago de Compostela:

Día 30 sábado, 19:00 horas:
Presentación de Svea Kött (carne sueca) de Domingo Tabuyo.
Intervirán:
Francisco Camaño (Ministro de Xustiza), Manuel Bragado e o
autor.

Día 3 martes, 18:30 horas:
Presentación de O meu gato é un poeta de Fran Alonso.
Intervirán:
Fran Alonso e Xurxo Souto (autor da música do CD que acompaña ao libro), que realizarán un espectáculo infantil poético-musical. Dirixido especialmente ao público infantil.

Día 5 xoves, 19:00 horas:
Presentación de O misterio das badaladas de Xabier P. DoCampo.
Intervirán:
Manuel Bragado manterá unha coversa con Xosé Cobas (ilustrador do libro) e Xabier P. DoCampo.

Día 5 xoves, 20:00 horas:
Presentación de As palabras que move o mar de Xaime Toxo.
Intervirán:
Manuel Bragado e o autor.

Comentarios pechados