Menu Xerais

Presentado o «Dicionario Xurídico Galego», que coordinan Luciano Varela e Xosé Xoán Barreiro

Distintos xornais galegos recollen abundante información sobre a presentación onte en Compostela do Dicionario Xurídico Galego, coordinado por Luciano Varela Castro e Xosé Xoán Barreiro Prado, acto que se celebrou na EGAP. A información de El Correo Galego, El Ideal GallegoDiario de Ferrol, Atlántico e La Región pode vese neste dosier en pdf. Ao tempo, reproducimos a información do xornal Galicia Hoxe.

 

Xerais publica o primeiro ‘Dicionario Xurídico Galego’, que recompila conceptos esenciais do Dereito na lingua propia

Edicións Xerais publica o primeiro ‘Dicionario Xurídico Galego’, unha obra que recompila conceptos esenciais do Dereito na lingua propia co obxectivo de avanzar en ao difusión do galego e na calidade lingüística no ámbito da Xustiza.

A obra foi presentada este luns na sede da EGAP, coa participación do conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, ou o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Miguel Ángel Cadenas, entre outras personalidades.

Unha creación “monumental” coa que o galego “acode a unha nova cita coa historia”, sinalou Vázquez Abad durante a súa intervención no acto, no que reivindicou a necesidade de que o galego conte con “recursos lingüísticos e técnicos” que fagan do “un idioma útil en ao totalidade dos múltiples e complexos ámbitos nos que estrutura a lingua moderna”.

O dicionario busca facilitar aos profesionais da xustiza o exercicio da súa actividade en galego, ademais de ser de utilidade para calquera persoa interesada en coñecer o significado dos conceptos esenciais do Dereito.

Na obra traballaron máis de 130 profesionais do ámbito da Xustiza e a participación dun equipo de catro lingüistas coordinado polo académico Manuel González.

Deixa un comentario!