Menu Xerais

«Unha novela por entregas»: Crítica de Vicente Araguas sobre «Vía secundaria», de An Alfaya

O crítico Vicente Araguas publicou unha recensión sobre Vía secundaria, de An Alfaya, nos xornais Diario de Ferrol, Diario de Arousa e El Ideal Gallego.


Unha novela por entregas

Non lera no seu momento, nin xunta nin por separado,esta narración de An Alfaya, Vía secundaria (Xerais, Vigo 2011), gañadora do Premio de Novela por Entregas La Voz de Galicia. De maneira que ignoro o efecto que me tería producido a súa lectura en “versiónorixinal”.

Así que debo conformarme coa sensación que me causa agnra. Boa, dígase xa, máis aínda en tempos de penuria lectora (ao menos nos libros que leo por obriga) cando bater cunha narración tensa (e intensa) como esta de Ah Alfaya cousa pouco doada. A estructurade “Vía secundaria” é tan elemental como esa vida mesma que nos plantexa no seu curto percorrido. Tan estreito cal a estrada onde se val producir o suceso que dá pé á historia contada por An Alfaya. Tan pequeno como a distancia cuberta ese día de chuvia por Anselmo acompañado polo que axiña será tan vulto como el mesmo, deitados os dous na “vía secundaria” á que se abre, nunha curva,solitaria, a casa na que Anselmo mora coa súa filla.

A partir de aí unha historia do tamaño dunha “nouvelle”, na que An Alfaya desprega as súas dotes de escritora, filncional, económicamente expresiva, pero tamén as de parcial da novela negra, ao queaxuda (supónse) a súa formación como criminóloga e detective privado. Que todas estas cousas é Allaya, ademals de autora de literatura infantil-juvenil, coñecida e recoñecida.

Notáselle a “Vía secundaria” a súa orixe, de novela prevista para lectores que deben enganchar no anzol ao día seguinta o peixe que ceibaron o anterior. Desta maneira o libro enfíase en capítulos breves, instrumentals (xa se dixo), con axeitada definición dos protagonistasque se van ensamblando os uns cos outros nunha historia na que as casualidades son moltas, pero que moitas. E aínda así tal cousa é a vida. De xeito que os catro ou cinco elementos esencias acaban dando voltas, ás veces riba de si mesmos, nun carrusel dramático ao que o lector deberá outorgarlle esa eredibilidade xa orzada por unha autora obviamente practicante do xénero realista.

Este lector e crítico, quen acredita radicalmente na tendencia, si que se enganchou (el taro~n) ao anzol de Alfaya. Aínda que potiendo un pouco en tea de xuizo o alcolismo de Nora, mais comprendendo que a curta extensión do libro tampoueo daba para outra cousa que o simple deseño.

E o mesmo podería dicir da relación Nora-Ramón, seu home, taxista de profesión, o que permite a Alfaya facer de pivote nunha historia precisada de ensamblaxes, tamén humanas. Está ben está “Vía secundaria”, mostra de que unha novela por entregas pode ser máis que digna. E digo isto consciente de que moitos escritores realistas (Diekens un dos meirandes) practicaron a modalidade.

Vicente Araguas

Deixa un comentario!