Menu Xerais

Xerais, mellor editorial 2010 segundo os internautas de Fervenzas Literarias

A web Fervenzas Literarias acaba de facer públicos os seus premios anuais, elixidos polos internautas e lectores do portal. Xerais foi recoñecida como mellor editorial 2010 segundo os participantes.

Esta é unha fermosa iniciativa que dá pé á participación e á opinión dos lectores e lectoras, a quen agradecemos os excelentes resultados obtidos polos libros publicados pola editorial.

Curiosamente, un dos libros publicados por Xerais, Todo é silencio, obtén dobre galardón: por unha banda, como mellor libro do ano 2010; e por outra, como mellor portada de adultos. O seu autor, Manuel Rivas, é elixido tamén como mellor autor do ano.

Tamén foron recoñecidos os autores da editorial: Ricardo Gurriarán, Manuel Lourenzo, Marcos Calveiro, Manuel Rivas e Cornelia Funke.

As categorías en que foron recoñecidos autores/as de Xerais son:

Mellor libro narrativa para adultos: Todo é silencio (Xerais) de Manuel Rivas

Mellor libro de ensaio para adultos: Inmunda escoria (Xerais) de Ricardo Gurriarán

Mellor libro de literatura dramática: Flores de Dunsinane (Xerais) de Manuel Lourenzo

Mellor libro xuvenil: O pintor do sombreiro de malvas (Xerais) de Marcos Calveiro

Mellor libro LIX traducido ao galego: Reckless. Carne de pedra (Xerais) de Cornelia Funke.

Autor/a do ano: Manuel Rivas

Mellor portada adultos: Todo é silencio (Xerais)

Mellor editorial: Xerais

Os premiados noutras categorías poden ser consultados na web de Fervenzas Literarias.

Comentarios pechados