Menu Xerais

Arquivo mensual: Xaneiro 2012

«A pomba dona Paz», de Ramón Caride e ilustrado por Pepe Carreiro, unha novidade da colección Merliño, que se presenta o Día Escolar pola Paz

A pomba dona Paz, de Ramón Caride e ilustrado por Pepe Carreiro, é unha das novidades do mes de xaneiro da colección Merliño. O libro será presentado o próximo 30 de xaneiro, Día Escolar pola Paz,  ás 12 horas na Escola Infantil A Pastora de Cambados. A información sobre o acto pode lerse no Diario de Arousa. Dona Paz é unha pombiña que vive a rentes do ceo. Nunha casiña moi linda entre as torres dunha igrexa.

Vidas que encaixan coma un puzzle. Crítica de Vicente Araguas sobre «Historias de Oregón», de Diego Ameixeiras

Vidas que encaixan coma un puzzle. Crítica de Vicente Araguas sobre «Historias de Oregón», de Diego Ameixeiras

Vicente Araguas publicou unha recensión crítica de  Historias de Oregón, de Diego Ameixeiras, Premio La Voz de Galicia de Novela por Entregas, nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños . Oregón está en Ourense Libros de relatos que encaixan como nun puzzle A estas alturas  da película coido que lin todos os libros de Diego Ameixeiras,  ao menos os publicados por Xerais.

«Vigo a 80 revolucións por minuto», de Emilo Alonso: a profusa investigación da movida dos 80

«Vigo a 80 revolucións por minuto», de Emilo Alonso: a profusa investigación da movida dos 80

Xavier Valiño dá conta, na revista musical Ultrasónica, do libro Vigo a 80 revolucións por minuto, de Emilio Alonso.   Hace ahora 30 años, Siniestro Total daba su primer concierto en su ciudad. Poco después, su primera maqueta empezaba a sonora en toda España gracias a otro gallego, Jesús Ordovás.

O CPI Progreso de Catoira recomenda «Como defenderes os teus dereitos lingüísticos», de Carlos Callón

O blog dos Equipos de Biblioteca e Normalización Lingüística do CPI Progreso de Catoira recomendaron para este curso escolar libro Como defenderes os teus dereitos lingüísticos de Carlos Callón.

Presentación en Rianxo de “Poñente”

O venres, 27 de xaneiro, ás 20:30 horas, no Auditorio de Rianxo, rúa Autores da Rianxeira, s/nº no Parque de Galicia de Rianxo, terá lugar a presentación da novela Poñente de Pere Tobaruela. No acto, organizado pola Asociación Barbantia e Xerais, participarán Xesús Laíño, Carlos Mosteiro, Ana Isabel Boullón, Manuel Bragado e Pere Tobaruela.

«Fantasmas de luz»: Un «timeline» do noso tempo. Crítica de Ramón Nicolás sobre o libro de Agustín Fernández Paz

«Fantasmas de luz»: Un «timeline» do noso tempo. Crítica de Ramón Nicolás sobre o libro de Agustín Fernández Paz

Ramón Nicolás publicou nas páxinas do suplemento Culturas de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre Fantasmas de luz, de Agustín Fernández Paz. Un «timeline» do noso tempo Agustín Fernández Paz colleita, nos últimos tempos,  éxitos e recoñecementos literarios que non teño dúbida en valorar como xustos e ben merecidos.

Os «Relatos de terror», de H. P: Lovecraft, un novo libro na colección Xabaril

A colección Xabaril acolle a reedición dun novo título, actualizado, entre as novidades de Xerais do mes de xaneiro: Relatos de terror, de H. P. Lovecraft.

Presentación en Santiago de “Luís Soto. A xeira pola unidade galega”

O mércores, 25 de xaneiro, ás 20:00 horas, na libraría Couceiro, Praza de Cervantes, 6 de Santiago, terá lugar a presentación do libro Luís Soto. A xeira pola unidade galega de Xurxo Martínez González. No acto acompañarán ao autor Víctor Santidrián e Manuel Bragado.

A exclusión social en «Fantasmas de luz», de Agustín Fernández Paz. Artigo de Ruth Fernández

Ruth Fernández publicou en Galicia Hoxe un artigo de opinión sobre Fantasmas de luz, de Agustín Fernández Paz.   Fantasmas de luz Durante as vacacións de Nadal, recibín no meu fogar a última obra de Agustín Fernández Paz, un agasallo que sempre me produce unha enorme satisfacción cando chega ás miñas mans algunha novidade do seu creador, como ben sabe Agustín. Grazas, de novo.

A figura de Celso Emilio Ferreiro centra hoxe un acto do Club Faro

A figura de Celso Emilo Ferreiro centra un acto que se celebrará esta tarde no Club Faro e no que intervirán o presidente da RAG, X. L. Méndez Ferrín; o biógrafo do poeta, Ramón Nicolás; e os fillos do escritor celanovés Isabel e Luis Ferreiro Loredo. O acto será presentado polo director de Xerais, Manuel Bragado.

«A illa do tesouro», de Stevenson, novidade do mes de xaneiro en Xabaril

A colección Xabaril acolle a reedición dun novo título, actualizado, entre as novidades de Xerais do mes de xaneiro: A illa do tesouro, de Stevenson. Un mociño inglés do século XVIII vive e conta neste libro, clásico no seu xénero, unha aventura extraordinaria.

“Despois da medianoite” de Salma, no Club de Lectura do Centro de Documentación Feminista

O mércores, 25 de xaneiro, o Club de Documentación Feminista do Concello de Vigo e Implicadas no Desenvolvemento, organizan o club de lectura sobre o libro Despois da medianoite da escritora tamil Salma e traducido ao galego pola escritora e tradutora María Reimóndez. O encontro terá lugar na Biblioteca Central, rúa Joaquín Yáñez, 6 de Vigo.