Menu Xerais

Arquivo mensual: Xaneiro 2012

A golpe de mochila e co espírito de Tom Sawyer. Crítica de Ramón Rozas sobre «Cita en Fisterra», de Luís Rei

Ramón Rozas publicou na Revista! do Diario de Pontevedra, unha ampla recensión crítica sobre Cita en Fisterra, de Luís Rei Núñez. O «espírito Sawyer» de Luís Rei Apañamos a mochila e a carón de Luís Rei (A Coruña, 1958) percorremos a Costa da Morte, espazo mítico da nosa identidade galega ao que o escritor rende homenaxe como devolución do moito que este lle ten dado.

A biografía de Celso Emilio Ferreiro que prepara Ramón Nicolás botará luz sobre cuestións descoñecidas

Ramón Nicolás adiantou, nunha conferencia no Ateneo de Santiago, algúns dos aspectos que guiarán o perfil da súa documentada biografía de Celso Emilio Ferreiro, que Xerais publicará na próxima primavera. Reproducimos a información que publicou Fran P. Lorenzo en El Correo Gallego.

Presentación no Barco de “Como defenderes os teus dereitos lingüísticos”

O luns, 23 de xaneiro, ás 20:00 horas, na Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán, rúa Dequidt, 6 do Barco, terá lugar a presentación do libro Como defenderes os teus dereitos lingüísticos de Carlos Callón. No acto, organizado pola MESA da Comarca, participarán Manuel Agra Villar (Profesor do IES Martaguisela) e Carlos Callón.

«Cita en Fisterra«, de Luís Rei Núñez: un orixinal libro de viaxes de lectura obrigada. Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publica no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre Cita en Fisterra, de Luís Rei Núñez. Camiñando pola Costa da Morte Rei Núñez preséntanos, tras as moi boas achegas de Lugrís e a negra sombra (2007) e O señor Lugrís e a negra sombra (2007), un libro de viaxes pola Costa da Morte.

Ritmo frenético e moito humor en «Mil cousas poden pasar. Libro II», de Jacobo Fernández Serrano. Crítica de Paula Fernández

Paula Fernández publica no Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre Mil cousas poden pasar. Libro II, de Jacobo Fernández Serrano.

O «Dicionario Xurídico Galego», unha ferramenta útil e ambiciosa. Crítica de Xosé Feixó

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publica hoxe unha recensión crítica de Xosé Feixó sobre  o Dicionario Xurídico Galego, coordinado por Luciano Varela Castro e Xosé Xoán Barreiro Prado.

Unha figura fundamental da nosa historia. «Luís Soto. A xeira pola unidade galega», de Xurxo Martínez González; crítica de Alfredo Iglesias

Alfredo Iglesias Diéguez publicou no suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre Luís Soto. A xeira pola unidade galega, de Xurxo Martínez González.

A indefensión da vida real: «Historias de Oregón», de Diego Ameixeiras. Crítica de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publica unha recensión en Galicia Confidencial sobre Historias de Oregón, de Diego Ameixeiras, Premio La Voz de Galicia de Novela por Entregas.   Oregón: O punto e as historias Esta semana o protagonista literario é o escritor e xornalista Diego Ameixeiras pola súa obra ‘Historias de Oregón’, editada por Xerais.

«Longa noite de pedra» no seu tempo, por Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publica no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre Longa noite de pedra, de Celso Emilio Ferreiro.

Convocado o Premio Xerais de Novela 2012

Edicións Xerais de Galicia convoca a 29ª edición do Premio Xerais de Novela, dotado con 15.000 euros, para obras orixinais e inéditas, en lingua galega. De cada orixinal presentaranxe seis copias en papel antes do 10 de abril de 2012. O Xurado, composto por 5 persoas, fará público o seu fallo o día 9 de xuño de 2011. A convocatoria do premio réxese por estas bases.

Convocado o Premio Merlín de Literatura Infantil 2012

Edicións Xerais de Galicia convoca a 27ª edición do Premio Merlín de Literatura Infantil, dotado con 10.000 euros, para obras orixinais e inéditas, en lingua galega. De cada orixinal presentaranse seis copias en papel antes do 10 de abril de 2012. O Xurado, composto por 5 persoas, fará público o seu fallo o día 9 de xuño de 2011. A convocatoria do premio réxese por estas bases.

A elección dos mellores libros de 2011 para os lectores e lectoras de Fervenzas Literarias recoñecen varios títulos e autores de Xerais

A web Fervenzas Literarias acaba de facer públicos os seus premios anuais, elixidos polos internautas e lectores do portal a través de 471 fichas de votación. Esta é unha fermosa iniciativa que dá pé á participación e á opinión dos lectores e lectoras, a quen agradecemos os excelentes resultados obtidos polos libros publicados pola editorial.