Menu Xerais

Arquivo mensual: Febreiro 2012

«Dark butterfly», de Rexina Vega, é unha das novidades de Narrativa do mes de febreiro

«Dark butterfly», de Rexina Vega, é unha das novidades de Narrativa do mes de febreiro

Dark butterfly, de Rexina Vega, é unha das novidades de Narrativa do mes de febreiro. A loucura como vivencia, a loucura como metáfora, como agudísima conciencia da dor de estar vivo. Esta é unha historia dura, triste, abrumadora, o relato da loita dunha corredora de marathon exhausta que procura o derradeiro alento para chegar á meta.

Presentación de «Vigo a 80 revolucións por minuto», de Emilio Alonso, en Gondomar

Presentación de «Vigo a 80 revolucións por minuto», de Emilio Alonso, en Gondomar

O xornal Valmiñor.info informa da presentación en Gondomar de Vigo a 80 revolucións por minuto, de Emilio Alonso.   O escritor Emilio Alonso presenta o seu libro “Vigo a 80 revolucións por minuto” en Gondomar Gondomar será unha vez máis escenario da presentación dunha nova obra literaria galega. Neste caso trátase de Vigo a 80 revolucións por minuto (Edicións Xerais, 2011), do escritor Emilio Alonso.

Olga Novo: «Nos nús» significou unha novidade polo seu enfoque. Entrevista en Criticalia

Olga Novo: «Nos nús» significou unha novidade polo seu enfoque. Entrevista en Criticalia

O blog Criticalia, de Armando Requeixo, publica unha entrevista con Olga Novo, autora de Nós nus.   Parlamento das Letras Olga Novo A voz de Olga Novo é un oráculo, un trilobite poético que garda a memoria herdada da manda. Dende a hora primeira percutiu coa ollada cega do canto tiresiano, descubrindo abisais de luz que se chamaron A teta sobre o sol, Nós nus, A cousa vermella e, hai nada, Cráter.

A verdadeira aventura e o lesbianismo, por Xosé Manuel Eyré. Crítica sobre «Meu pai vaite matar», de María Xosé Queizán

A verdadeira aventura e o lesbianismo, por Xosé Manuel Eyré. Crítica sobre «Meu pai vaite matar», de María Xosé Queizán

O crítico Xosé Manuel Eyré publica unha recensión en Galicia Confidencial sobre Meu pai vaite matar de María Xosé Queizán.

Avivece a lenda do misterioso Dr. Saa, o Conde de Waldemar. No blog de Xosé Manuel Eyré

Avivece a lenda do misterioso Dr. Saa, o Conde de Waldemar. No blog de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publica no seu blog unha anotación sobre O misterioso Dr. Saa, libro subtitulado A historia do Conde de Waldemar, ilusionista, prestidixitador e telépata, de Xosé Díaz Díaz e Belén Fernández Guzmán.     Noticia do Conde de Waldemar Trátase, sen dúbida, dunha das personalidades máis importantes e suxestivas de Galiza no século XX.

«Tras da Corda», de Carlos G. Reigosa, é unha das novidades de Narrativa do mes de febreiro

«Tras da Corda», de Carlos G. Reigosa, é unha das novidades de Narrativa do mes de febreiro

Tras da Corda, de Carlos G. Reigosa, é unha das novidades de Narrativa do mes de febreiro. Estes relatos de Carlos G. Reigosa son unha realidade auténtica e constante.

«Cita en Fisterra»: lirismo, erudición e sabedoría popular. Anotación de Miro Villar sobre o libro de Luís Rei Núñez

«Cita en Fisterra»: lirismo, erudición e sabedoría popular. Anotación de Miro Villar sobre o libro de Luís Rei Núñez

O escritor Miro Villar publicou no seu blog un par de anotacións sobre Cita en Fisterra, de Luís Rei Núñez.

Recital poético de Xoán Abeleira o mércores 22 na Coruña para presentar «Pan de ánimas»

Recital poético de Xoán Abeleira o mércores 22 na Coruña para presentar «Pan de ánimas»

O vindeiro mércores 22 de febreiro, ás 19.30, o poeta Xoán Abeleira dará un breve recital na libraría Nova Colón da Coruña para presentar o seu novo poemario,  Pan de ánimas.  Pan de ánimas é unha ofrenda a todos os mortos: aos mortos que seguen vivos e aos vivos que existen mortos. Pan de ánimas é o son da moega que deita o sol da moenda. Pan de ánimas é a fariña do ollo que arela ver o seu ser.

Un afiador rebelde publica as súas memorias. De Ourense a Brais Pinto da man de Xosé Fernández Ferreiro

Un afiador rebelde publica as súas memorias. De Ourense a Brais Pinto da man de Xosé Fernández Ferreiro

A edición ourensá de La Voz de Galicia publica unha información sobre o libro de memorias de Xosé Fernández Ferreiro, titulado  De Xente Nova a Brais Pinto, subtitulado Memorias dun afiador rebelde.   Xerais edita «De Xente Nova a Brais Pinto», as memorias de Xosé Fernández Ferreiro Xosé Fernández Ferreiro (Nogueira de Ramuín, 1931) é un dos autores máis recoñecidos da literatura galega do século XX.

Poeta, avogado, xornalista, empresario: Paz Andrade explicado para escolares. Entrevista con Charo Portela en Radiofusión

Poeta, avogado, xornalista, empresario: Paz Andrade explicado para escolares. Entrevista con Charo Portela en Radiofusión

Radiofusión publica unha entrevista en audio con Charo Portela, sobre o libro Valentín Paz Andrade. Biografía e antoloxía, ilustrado por Jaime Asensi. A entrevista a Charo Portela pode escoitarse aquí.

O último truco do conde de Waldemar. Unha reportaxe de Iago Martínez sobre «O misterioso Dr. Saa», de Xosé Díaz Díaz e Belén Fernández

O último truco do conde de Waldemar. Unha reportaxe de Iago Martínez sobre «O misterioso Dr. Saa», de Xosé Díaz Díaz e Belén Fernández

Iago Martínez publica en El País unha reportaxe sobre o libro da colección crónica O misterioso Dr. Saa, subtitulado A historia do Conde de Waldemar, ilusionista, prestidixitador e telépata, de Xosé Díaz Díaz e Belén Fernández Guzmán , que está espertando moita expectación.

«Na poesía hai feitos inexplicables»: entrevista sobre «transmuta» con Xabier Cordal no Diario Cultural

«Na poesía hai feitos inexplicables»: entrevista sobre «transmuta» con Xabier Cordal no Diario Cultural

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevisa con Xabier Cordal, sobre o seu último libro de poemas, transmuta, que publica logo de dez anos de silencio. Na poesía hai feitos inexplicables, asegura Xabier ao longo da entrevista. A entrevista, en mp3, pode escoitarse ou descargarse aquí.