Menu Xerais

Arquivo mensual: Febreiro 2012

Tres novelas de Xerais finalistas no Premio Literario Arcebispo de San Clemente

Tres novelas de Xerais finalistas no Premio Literario Arcebispo de San Clemente

O Premio Literario Arcebispo San Clemente fixo públicos os libros finalistas da súa 18ª edición.

Parlamento das letras: Entrevista con Xosé Ramón Pena en Criticalia

Parlamento das letras: Entrevista con Xosé Ramón Pena en Criticalia

O blog Criticalia, de Armando Requeixo, publica unha entrevista con Xosé Ramón Pena. Parlamento das Letras Xosé Ramón Pena Xosé Ramón Pena escribe como vive, de bolina, tratando de capear os ventos literarios en proveito da nave da cultura de noso, na que é persoeiro destacado dende hai décadas. De primeiras fíxolle cóxegas a Erato.

«Vaia tropa!», de Antón Cortizas: intelixencia e enxeño. Crítica de Ramón Nicolás

«Vaia tropa!», de Antón Cortizas: intelixencia e enxeño. Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publica no seu blog, Caderno da crítica, unha recensión de Vaia tropa!, o libro de poemas de Antón Cortizas ilustrado por Mª Reyes Guijarro.

Xurxo Lobato rende tributo visual á vaca cunha exposición no Museo do Pobo Galego

Xurxo Lobato rende tributo visual á vaca cunha exposición no Museo do Pobo Galego

A exposición O país das vacas, de Xurxo Lobato, baseada no libro do mesmo título, quere pór en valor o seu papel como referente de desenvolvemento no mundo rural. A mostra pode visitarse en Santiago ata o 1 de abril e percorrerá logo outras capitais galegas Santiago, 13 de febreiro de 2012.

«Honorato, o rato namorado», de Antonio García Teijeiro, na Casa da Lectura de Gondomar

«Honorato, o rato namorado», de Antonio García Teijeiro, na Casa da Lectura de Gondomar

Na Casa da Lectura, en Gondomar, contarase esta tarde Honorato o rato namorado, de Antonio García Teijeiro.   Este mércores na Casa da Lectura temos unha sesión de dinamización lectora protagonizada por ratos poetas.

«Catro amigos pillabáns», de Ramón Caride, novidade en Sopa de Libros

«Catro amigos pillabáns», de Ramón Caride, novidade en Sopa de Libros

Catro amigos pillabáns, de Ramón Caride, é unha das novidades infantís da colección Sopa de libros. A Manporquiño, Murrigato, Caracol Col e Murrato gustaríalles vivir aventuras como as dos personaxes das películas que ven no cine. E un día o seu desexo faise realidade.

Conde de Waldemar, o misterioso mago errante: 150 páxinas apaixonantes. Reportaxe de Salvador Rodríguez

Conde de Waldemar, o misterioso mago errante: 150 páxinas apaixonantes. Reportaxe de Salvador Rodríguez

O xornalista Salvador Rodríguez publicou onte en Faro de Vigo unha ampla reportaxe, de dúas páxinas sobre o libro da colección crónica O misterioso Dr. Saa, subtitulado A historia do Conde de Waldemar, ilusionista, prestidixitador e telépata, de Xosé Díaz Díaz e Belén Fernández Guzmán é unha das novidades de Crónica no mes de febreiro.   CONDE WALDEMAR O EL MISTERIOSO DR.

Xerais expresa o seu pesar polo falecemento de don Germán Sánchez Ruipérez

Xerais expresa o seu pesar polo falecemento de don Germán Sánchez Ruipérez

A dirección e o cadro de persoal de Xerais expresa o seu fondo pesar polo falecemento don Germán Sánchez Ruipérez. Editor e mecenas da lectura, fundador da editorial Anaya, foi cofundador de Edicións Xerais de Galicia en 1979. Reproducimos a continuación a semblanza que Manuel Bragado, director de Xerais, publicou onte en Faro de Vigo.

«Pan de ánimas», de Xoán Abeleira, unha das novidades de Poesía para o mes de febreiro

«Pan de ánimas», de Xoán Abeleira, unha das novidades de Poesía para o mes de febreiro

Pan de ánimas, de Xoán Abeleira, é unha das novidades da colección Poesía para o mes de febreiro. Pan de ánimas é unha ofrenda a todos os mortos: aos mortos que seguen vivos e aos vivos que existen mortos. Pan de ánimas é o son da moega que deita o sol da moenda. Pan de ánimas é a fariña do ollo que arela ver o seu ser. Pan de ánimas é o canto da roda que une o gran e a cinza.

Rexina Vega: ««Hai mentalidade posfranquista nos que controlan o gusto literario». Entrevista de Óscar Iglesias

Rexina Vega: ««Hai mentalidade posfranquista nos que controlan o gusto literario». Entrevista de Óscar Iglesias

 El País publica no suplemento Luces unha entrevista de Óscar Iglesias con Rexina Vega en torno a Dark butterfly, a súa nova novela, que Xerais publicará nas vindeiras semanas.

«Non hai noite tan longa», de Agustín Fernández Paz, no Club de Lectura Arao, da Ponte do Porto

«Non hai noite tan longa», de Agustín Fernández Paz, no Club de Lectura Arao, da Ponte do Porto

No club de lectura Arao, da Ponte do Porto, leron Non hai noite tan longa, de Agustín Fernández Paz e publicaron no seu blog esta información:   NON HAI NOITE TAN LONGA  Agustín Fernández Paz Gabriel Lamas ten cincuenta anos e vive en París desde 1970. Aos dezaoito anos marchou de Monteverde, a súa vila natal, e nunca máis volveu.

«transmuta», de Xabier Cordal, unha das novidades de Poesía do mes de febreiro

«transmuta», de Xabier Cordal, unha das novidades de Poesía do mes de febreiro

transmuta, de Xabier Cordal, é unha das novidades da colección Poesía para o mes de febreiro. A morte da nai é o punto de partida. Detrás da morte a mutilación da posguerra; a que incapacitou miles de corpos para comprender e xulgar a propia historia. Na viaxe que deliña este libro van confluíndo as palabras do pánico e do illamento, do silencio amoroso, as diversas caras da alienación, as do combate, e toman por fin terra.