Menu Xerais

Arquivo mensual: Febreiro 2012

Novidade infantil: «Valentín Paz Andrade. Biografía e antoloxía», de Charo Portela, na colección Merlín

Novidade infantil: «Valentín Paz Andrade. Biografía e antoloxía», de Charo Portela, na colección Merlín

Valentín Paz Andrade. Biografía e antoloxía, de Charo Portela, ilustrado por Jaime Asensi, é unha das novidades da colección Merlín do mes de febreiro. Este libro relata de forma amena e detallada a vida de Valentín Paz Andrade.

A novela dun clásico da literatura galega. Crítica de Manuel Rodríguez Alonso a «Fantasmas de luz», de Agustín Fernández Paz

A novela dun clásico da literatura galega. Crítica de Manuel Rodríguez Alonso a «Fantasmas de luz», de Agustín Fernández Paz

Manuel Rodríguez Alonso publica no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre Fantasmas de luz, de Agustín Fernández Paz.

As memorias de Xosé Fernández Ferreiro en «De Xente Nova a Brais Pinto», subtitulado «Memorias dun afiador rebelde», novidade da colección Crónica

As memorias de Xosé Fernández Ferreiro en «De Xente Nova a Brais Pinto», subtitulado «Memorias dun afiador rebelde», novidade da colección Crónica

O libro de memorias De Xente Nova a Brais Pinto, subtitulado Memorias dun afiador rebelde, de Xosé Fernández Ferreiro, é unha das novidades da Colección Crónica do mes de febreiro.

Xerais acada dez millóns de exemplares vendidos

Xerais acada dez millóns de exemplares vendidos

A narrativa contemporánea e a literatura infantil e xuvenil foron as preferencias dos lectores das obras publicadas por Edicións Xerais de Galicia en 2011 Ao peche do exercicio 2011, Xerais acada os 10.103.409 exemplares vendidos dende a súa fundación en 1979 Das 125 novidades publicadas por Xerais nas distintas coleccións destacaron, entre outras, a novela de Agustín Fernández Paz Non hai noite tan longa, con máis de 3.

Cando a autora que fala a través da narradora. Reportaxe de Montse Dopico sobre «Meu pai vaite matar», de María Xosé Queizán

Montse Dopico publica no xornal dixital Praza Pública unha reportaxe titulada «Afoutas e insubmisas» sobre os poemarios de Carme Blanco, e a novela Meu pai vaite matar de María Xosé Queizán.   Afoutas e insubmisas Dúas voces insubmisas. Afoutas, contestatarias, fronte aos poderes que nos oprimen. Irmandadas na oposición á violencia, ao patriarcado. Carmen Blanco e María Xosé Queizán.

As historias de Diego Ameixeiras. Crítica de Armando Requeixo sobre «Historias de Oregón»

As historias de Diego Ameixeiras. Crítica de Armando Requeixo sobre «Historias de Oregón»

Armando Requeixo publica no seu blog unha unha recensión crítica de  Historias de Oregón, de Diego Ameixeiras, Premio La Voz de Galicia de Novela por Entregas.   As historias de Diego Ameixeiras Historias de Oregón é a máis recente entrega narrativa do escritor Diego Ameixeiras, asiduo cultivador do xénero negro entre nós que, porén, neste novo título optou por unha fórmula diferente.

Agustín Fernández Paz: o alento emocional da Xeración do Medo. Crítica de Vanesa Oliveira sobre «Non hai noite tan longa»

Agustín Fernández Paz: o alento emocional da Xeración do Medo. Crítica de Vanesa Oliveira sobre «Non hai noite tan longa»

Vanesa Oliveira publica no seu blog Rosomil unha recensión crítica sobre a novela Non hai noite tan longa, de Agustín Fernández Paz.   As  noites non son tan longas con Agustín Agustín Fernández Paz (Vilalba, 1947) ten unha ollada tranquila e inquisitiva. Afable e confiada. Un pode ler nos seus ollos os ollos dun neno. Os ollos de quen non esquece o pasado, de quen sempre quere aprender, de que sempre quere ensinar.

As pegadas da revolución ideolóxica, artística e cultural viguesa. Artigo de Carla Faginas sobre «Vigo a 80 revolucións por minuto» de Emilio Alonso

As pegadas da revolución ideolóxica, artística e cultural viguesa. Artigo de Carla Faginas sobre «Vigo a 80 revolucións por minuto» de Emilio Alonso

A revista Dot Magazine nº 41 (febreiro 2012) publica un artigo de Carla Faginas Cerezo sobre Vigo a 80 revolucións por minuto de Emilio Alonso.

Vigo, historia recente: autoestima e memoria da cidade

Vigo, historia recente: autoestima e memoria da cidade

O panorama de repaso de novidades de Dolores Vilavedra aborda Vigo, na súa historia recente, referíndose aos libros Vigo a 80 revolucións por minuto de Emilio Alonso e Vigo. A explosión dos ´80, de Víctor de las Heras.

«Dragal» estrea nova web, da man de Elena Gallego Abad

«Dragal» estrea nova web, da man de Elena Gallego Abad

O dragón galego xa conta cunha nova páxina web, con novas seccións e espazos dedicados aos lectores da triloxía de Dragal, da que é autora Elena Gallego Abad. En www.dragal.

«O misterioso Dr. Saa», subtitulado «A historia do Conde de Waldemar, ilusionista, prestidixitador e telépata», novidade da colección Crónica

«O misterioso Dr. Saa», subtitulado «A historia do Conde de Waldemar, ilusionista, prestidixitador e telépata», novidade da colección Crónica

O libro O misterioso Dr. Saa, subtitulado A historia do Conde de Waldemar, ilusionista, prestidixitador e telépata, de Xosé Díaz Díaz e Belén Fernández Guzmán é unha das novidades de Crónica no mes de febreiro. O misterioso Dr. Saa recupera a historia de Manuel Rodríguez Saa, un lucense de Portomarín que, no primeiro terzo do século XX, acadou sona internacional como ilusionista.

Entre a crónica de viaxes e a intriga policial. Crítica de Marga Romero sobre «Meu pai vaite matar», de María Xosé Queizán

Entre a crónica de viaxes e a intriga policial. Crítica de Marga Romero sobre «Meu pai vaite matar», de María Xosé Queizán

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publica hoxe unha recensión crítica de Marga Romero sobre Meu pai vaite matar de María Xosé Queizán.