Publicado o 30 Marzo, 2012 nas categorías Críticas, Narrativa
Manuel Rodríguez Alonso publica no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre Tras da Corda, de Carlos G. Reigosa.
Tras da Corda
Baixo o título de Tras da Corda, Carlos G. Reigosa reedita os seus dous libros de narracións curtas Homes de Tras da Corda (1982) e mais As pucharcas da lembranza (1986).
Ler máis →
Publicado o 27 Marzo, 2012 nas categorías Infantil, Música, Poesía, Vídeos
Un grupo de nenos e nenas de 3º de Primaria da aula de música do CPI Virxe da Saleta, de Cea, elaboraron un vídeo, «A poesía abre o apetito», a partir dun dos poemas de O meu gato é un poeta, de Fran Alonso, quen publica na súa web unha páxina de recursos didácticos sobre o libro que inclúe tamén esta ficha de traballo en pdf elaborado polo Club de Lectura do CPI O Rosal.
Ler máis →
Publicado o 26 Marzo, 2012 nas categorías Críticas, Crónica
O crítico Vicente Araguas publicou unha recensión crítica sobre O misterioso Dr. Saa, libro subtitulado A historia do Conde de Waldemar, ilusionista, prestidixitador e telépata, de Xosé Díaz Díaz e Belén Fernández Guzmán nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños.
Ler máis →
Publicado o 26 Marzo, 2012 nas categorías Artigos literarios, Xabaril, Xuvenil
Jaureguizar publicou en El Progreso un artigo de opinión sobre os Relatos de terror, de H. P. Lovecraft
O regresista Lovecraft
Foron noites de terror insomne, de botar horas deitado agardando a que un deus extraterrestre esvarase por baixo da cama e se presentase no medio da habitación. Daquela, na adolescencia contra a fin dos 70 ler a Lovecraft era unha necesidade para calquera candidato a ser o máis moderno da vila.
Ler máis →
Publicado o 26 Marzo, 2012 nas categorías Críticas, Xuvenil
Cristina Núñez Sanmartín publica en Trafegando ronseis unha anotación sobre Amor dos 15 anos, Marilyn, de Agustín Fernández Paz.
Como son relatos curtos hai uns que me gustan máis ca outros. O primeiro gustoume porque é moi gracioso e fíxome rir, algo que se agradece nas lecturas, sempre tan tristeiras.
Ler máis →
Publicado o 26 Marzo, 2012 nas categorías Narrativa, Noticias, Premios
O Diaro de Arousa publicou unha información sobre a presentación do libro Orlando pendurado, de Goretti Fariña, novela gañadora do Premio Cidade Centenaria.
Ler máis →
Publicado o 26 Marzo, 2012 nas categorías Autores, Entrevistas, Infantil, Narrativa
Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico con Agustín Fernández Paz na que fala dos seus libros: Non hai noite tan longa, Fantasmas de luz,Noite de voraces sombras, Corredores de sombras entre outros.
Ler máis →
Publicado o 23 Marzo, 2012 nas categorías Blogs, Narrativa, Noticias
Manuel Bragado, director de Xerais, comenta en Brétemas a presentación e o espírito do libro Orlando pendurado, de Goretti Fariña, novela gañadora do Premio Cidade Centenaria.
Vindicación da noveliña
No serán viaxamos a Ribeira para presentar Orlando pendurado, a novela curta de Goretti Fariña gañadora do Premio Cidade Centenaria.
Ler máis →
Publicado o 23 Marzo, 2012 nas categorías Cine, Narrativa, Vídeos
Baseada no relato «01 AM» de Cemiterio de elefantes, de Fran Alonso, a curtametraxe Luz Verde pode ser visionada xa na rede. Cun reparto protagonizado por Dorotea Bárcena, César Cambeiro, Miguel Llanderas, Susana Álvarez, Carmelo Abollo, Uxío Couto e Martín Martinez, Luz Verde relata a historia dunha muller de Cabral, en Vigo, que chega ao centro da cidade, de madrugada, para mercar un medicamento nunha farmacia.
Ler máis →
Publicado o 23 Marzo, 2012 nas categorías Críticas, Crónica, Memorias
Alfredo Iglesias Diéguez publicou no suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre o libro de memorias de Xosé Fernández Ferreiro, titulado De Xente Nova a Brais Pinto, e subtitulado Memorias dun afiador rebelde.
Ler máis →
Publicado o 23 Marzo, 2012 nas categorías Álbums, Críticas, Infantil
Paula Fernández publicou no suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre A pomba dona Paz de Ramón Caride.
Ler máis →
Publicado o 23 Marzo, 2012 nas categorías Clubs_de_lectura, Infantil, Merlín, Poesía
O libro Vaia tropa! de Antón Cortizas, centrará este sábado 24 o Club Lendo Contigo, de Espazo Lectura, e contará coa presenza do autor na Biblioteca de Gondomar.
Antón Cortizas, no Lendo Contigo deste sábado
O sábado 24 de marzo, a partir das 12:00 horas, terá lugar na Biblioteca de Gondomar a sesión mensual do Lendo Contigo, dedicado a nenos e nenas de 8 a 12 anos, e seus pais e nais.
Ler máis →