Menu Xerais

Arquivo mensual: Marzo 2012

Manuel Rivas será nomeado hoxe Doutor Honoris Causa pola Universidade da Coruña

Manuel Rivas será nomeado hoxe Doutor Honoris Causa pola Universidade da Coruña

O escritor Manuel Rivas será nomeado hoxe venres doutor honoris causa pola Universidade da Coruña, no transcurso dun acto no que tamén será nomeado o profesor John Rutherford. O acto, que se celebrará no Paraninfo, comezará ás 12.00 do mediodía e estará presidido polo reitor, Xosé Luis Armesto.

Luís Rei Núñez visita o club de lectores “A pregunta do cuco”

Luís Rei Núñez visita o club de lectores “A pregunta do cuco”

Mañá venres, 23 de marzo, a partir das 18:00 horas, o escritor Luís Rei Núñez, visitará o club de lectores “A pregunta do cuco“. Este club de lectores, que se reúne mensualmente na Libraría Michelena de Pontevedra, escolleu nesta ocasión a lectura de Cita en Fisterra.

Xosé Fernández Ferreiro, entre a crónica e a memoria. Crítica de Ramón Nicolás

Xosé Fernández Ferreiro, entre a crónica e a memoria. Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publica no seu blog, Caderno da crítica, unha recensión sobre o libro de memorias de Xosé Fernández Ferreiro, titulado  De Xente Nova a Brais Pinto, e subtitulado Memorias dun afiador rebelde.

Xerais no Día Mundial da Poesía

Xerais no Día Mundial da Poesía

Neste 21 de marzo de 2012, Día Mundial da Poesía, Xerais súmase á celebración, que este ano ten como protagonista a Celso Emilio Ferreiro, quen hoxe recibe a homenaxe do Pen Club de Galicia. Para as próximas semanas, publicaremos dous novos títulos da colección Poesía, que se suman aos publicados recentemente de Xabier Cordal e Xoán Abeleira.

«Valentín Paz Andrade. Biografía e antoloxía», de Charo Portela: unha lectura moi proveitosa. Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

«Valentín Paz Andrade. Biografía e antoloxía», de Charo Portela: unha lectura moi proveitosa. Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publica no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre de Valentín Paz Andrade. Biografía e antoloxía, de Charo Portela, ilustrado por Jaime Asensi.   Valentín Paz Andrade. Biografía e antoloxía Charo Portela Yáñez O Día das Letras Galegas 2012 dedicouse a Paz Andrade.

Novidades: «Os fillos do mar» a novela de intriga coa que debuta o músico Pedro Feijoo

Novidades: «Os fillos do mar» a novela de intriga coa que debuta o músico Pedro Feijoo

Os fillos do mar, a novela coa que debuta o músico Pedro Feijoo, que foi finalista do Premio Xerais 2011, é unha das novidades que están a chegar estes días ás librerías. Unha novela para enganchar lectores cun marcado carácter de intriga. Simón Varela é un mediocre arquitecto residente en Vigo.

Anxo Angueira: «Hai que escribir moito coa cabeza antes de facer unha novela». A súa nova novela, «Iria» sairá o vindeiro mes de abril

Anxo Angueira: «Hai que escribir moito coa cabeza antes de facer unha novela». A súa nova novela, «Iria» sairá o vindeiro mes de abril

O Diario de Arousa recolle a información da visita de Anxo Angueira ao Club de Lectura do IES de Valga, ao que acudiu para falar de Pensa nao, Premio Xerais de Novela 1999. No próximo mes de abril, Xerais publicará Iria, a nova novela de Anxo Angueira.

«De Xente Nova a Brais Pinto», de Xosé Fernández Ferreiro: memoria viva que aporta datos relevantes. Crítica de Francisco Martínez Bouzas

«De Xente Nova a Brais Pinto», de Xosé Fernández Ferreiro: memoria viva que aporta datos relevantes. Crítica de Francisco Martínez Bouzas

Francisco Martínez Bouzas publicou no seu blog, Nove noites, unha recensión crítica sobre o libro de memorias de Xosé Fernández Ferreiro, titulado  De Xente Nova a Brais Pinto, e subtitulado Memorias dun afiador rebelde.

Fran Alonso: en «Ninguén» vese que nos agochamos detrás da tecnoloxía e iso modifica o noso comportamento. Entrevista de Marcos Pérez Pena

Praza Pública publicou unha entrevista de Márcos Pérez Pena con Fran Alonso na que fala dos seus últimos libros: Ninguén e O meu gato é un poeta, entre outras cuestións.

«Vigo, a explosión dos ’80», de Víctor de las Heras: a crónica fotográfica dunha década, en Ultrasónica

«Vigo, a explosión dos ’80», de Víctor de las Heras: a crónica fotográfica dunha década, en Ultrasónica

A webzine Ultrasónica publica unha información sobre Vigo. A explosión dos ´80, de Víctor de las Heras, así como sobre Vigo a 80 revolucións por minuto, de Emilio Alonso.   En el momento de escribir estas líneas, un libro sobre la movida de los 80 en Vigo (Vigo a 80 revolucións por minuto), comentado hace bien poco en Ruta 66, es el más vendido en Galicia.

Novidades: «Orlando pendurado»,  de Goretti Fariña, gañadora do «Premio III Concurso de Novela Curta Cidade Centenaria de Riveira»

Novidades: «Orlando pendurado», de Goretti Fariña, gañadora do «Premio III Concurso de Novela Curta Cidade Centenaria de Riveira»

Orlando pendurado, de Goretti Fariña, é a novela gañadora do «Premio III Concurso de Novela Curta Cidade Centenaria de Riveira» 2011. A próxima semana chegará ás librarías. A nove metros do chan e a sete do taboleiro onde escorregara dez minutos antes, o operario Orlando Valiñas planeaba na bruma da mañá.

Os poemarios «transmuta» e «Pan de ánimas» e a novela «Dark butterfly» no repaso de novidades de Dolores Vilavedra

Os poemarios «transmuta» e «Pan de ánimas» e a novela «Dark butterfly» no repaso de novidades de Dolores Vilavedra

O periódico repaso de novidades que realiza Dolores Vilavedra no suplemento Luces de El País aborda nesta ocasión as novidades da colección Poesía de Xerais, así como a novela Dark butterfly, de Rexina Vega. Xavier Cordal e Xoán Abeleira De volta. Retornan, da man de Xerais, voces poéticas convincentes, desas que sempre se botan en falla porque son o humus que garante a nosa continuidade como comunidade.