Menu Xerais

Arquivo mensual: Marzo 2012

Éxito da lectura de María Reimóndez na Feira do Libro de Leipzig

Éxito da lectura de María Reimóndez na Feira do Libro de Leipzig

Un nutrido número de persoas astiron onte á lectura e debate ao redor da novela Pirata de María Reimóndez na Haus des Buches organizada polo Departamento de Tradución e Lingüística Aplicada e o Centro de Estudos Galegos da Universidade de Leipzig. A autora foi presentada pola lectora de galego, Diana García Couso, e o catedrático de Lingüística Iberorrománica, o Prof. Dr. Carsten Sinner.

«transmuta», de Xabier Cordal: lirismo íntimo, vangarda e esixencia estética. Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

«transmuta», de Xabier Cordal: lirismo íntimo, vangarda e esixencia estética. Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publica no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre transmuta, de Xabier Cordal.   Cara á madurez Xabier Cordal pertence a un grupo de poetas que algúns chaman a xeración dos noventa e que agora están a acadar a súa madurez.

«A expedición do Pacífico», de Marilar Aleixandre: a enriquecedora experiencia do descubrimento científico

«A expedición do Pacífico», de Marilar Aleixandre: a enriquecedora experiencia do descubrimento científico

O profesor Manuel Antón Mosteiro, do Colexio Sek Atlántico-Poio, fainos chegar esta recensión sobre A expedición do pacífico, de Marilar Aleixandre, realizada por José Rodríguez Tobío, de 4º da ESO, alumna do centro.     A expedición do Pacífico Emilia Goianes, unha rapaza de Fisterra de doce anos, quere ir nunha expedición científica, pero ao ser muller, non pode. Decide argallar un plan para meterse no barco.

«Cartas de amor», de Fran Alonso: «un libro que che pon os pelos de punta»

«Cartas de amor», de Fran Alonso: «un libro que che pon os pelos de punta»

O profesor Manuel Antón Mosteiro, do Colexio Sek Atlántico-Poio, fainos chegar esta recensión sobre Cartas de amor, de Fran Alonso, realizada por Marta Ferreiro Ocampo, de 4º da ESO, alumna do centro.   Cartas de amor Busquei un libro que me fixera experimentar novas sensacións. Busquei un libro que non fora un libro convencional, un libro novo, un que relatara historias reais, da vida mesma.

«Tristes armas», de Marina Mayoral: un libro que engancha

«Tristes armas», de Marina Mayoral: un libro que engancha

O profesor Manuel Antón Mosteiro, do Colexio Sek Atlántico-Poio, fainos chegar esta recensión sobre Tristes armas,, de Marina Mayoral, realizada por Patricia Lojo, alumna do centro.   Tristes armas Unha pomba que nunca chegará o seu destino. Unha carta que nunca será entregada. Un papel que regalaría sorisos e gardaría esperanzas.

«Os fillos do mar»: unha historia de intriga con ambientación viguesa. A novela coa que debuta o músico e escritor Pedro Feijoo foi finalista do Premio Xerais

«Os fillos do mar»: unha historia de intriga con ambientación viguesa. A novela coa que debuta o músico e escritor Pedro Feijoo foi finalista do Premio Xerais

Manuel Bragado, director de Xerais, comenta en Brétemas a lectura de Os fillos do mar, de Pedro Feijoo, unha novela que estará nas librerías a partir da vindeira semana.   Os fillos do mar Pasei boa parte da tarde lendo na novela coa que Pedro Feijoo debuta na narrativa galega.

María Reimóndez, Premio Dora Vázquez 2012

A escritora e activista María Reimóndez recibiu o Premio Dora Vázquez 2012 polo seu artigo «Desobediencia». Reproducimos o vídeo do discurso da autora de libros como O club da calceta ou Pirata na recollida do premio onte en Arteixo. O premio foille entragado pola concelleira da Muller, Mujer, Fina Zas. Xerais publicará para principios deste verán a próxima novela de María Reimóndez, En vías de extinción.

Mesa redonda sobre “Os segredos da novela histórica”

Mesa redonda sobre “Os segredos da novela histórica”

O venres 16 de marzo, na Libraría Paz de Pontevedra, convidámosvos á unha incursión na novela histórica: Os segredos da novela histórica Coa participación de: Marcos Calveiro (Settecento), Pere Tobaruela (Poñente) e Fran Zabaleta (Medievalario). Queremos que sexa unha oportunidade para falar sobre a novela histórica escrita en Galiza e sobre os procesos de creación.

Presentación de “Como defenderes os teus dereitos lingüísticos” en Ribadeo

Presentación de “Como defenderes os teus dereitos lingüísticos” en Ribadeo

A presentación de Como defenderes os teus dereitos lingüístico de Carlos Callón, que contará coa participación de Dores Fernández Abel e Carlos Callón, terá lugar a sexta feira (venres), 16 de marzo, ás 20,30 horas na Casa das Letras, rúa Rodríguez Murias, 8 en Ribadeo.

O amor, a morte e o tempo sinalan as pegadas da obra de Marina Mayoral. Entrevista de Armando Requeixo

O amor, a morte e o tempo sinalan as pegadas da obra de Marina Mayoral. Entrevista de Armando Requeixo

O blog Criticalia, de Armando Requeixo, publica unha entrevista con Marina Mayoral.

Unha viaxe á loucura. Anotación de Xosé Manuel Eyré sobre «Dark butterfly», de Rexina Vega

Unha viaxe á loucura. Anotación de Xosé Manuel Eyré sobre «Dark butterfly», de Rexina Vega

O crítico Xosé Manuel Eyré realiza unha primeira aproximación no seu blog á novela Dark butterfly, de Rexina Vega, cunha anotación.   Agora, que rematei a lectura de Dark butterfly, teño que volver lela, polo menos a primeira metade. Non escolleu Rexina Vega unha novela doada. Nada doada, esta viaxe á loucura.

Experiencia arrepiante. Crítica de Xosé Manuel Eyré sobre «Dark butterfly», de Rexina Vega

Experiencia arrepiante. Crítica de Xosé Manuel Eyré sobre «Dark butterfly», de Rexina Vega

O crítico Manuel Rodríguez Alonso publica unha recensión crítica en Galicia Confidencial sobre Dark butterfly, de Rexina Vega.   Experiencia arrepiante Tras a lectura desta novela, o lector ten a impresión de que sufriu unha experiencia arrepiante.