Menu Xerais

Arquivo mensual: Marzo 2012

«Tras da corda», de Carlos Reigosa: a relectura que doe

«Tras da corda», de Carlos Reigosa: a relectura que doe

Manuel Bragado, director de Xerais, dá conta en Brétemas da presentación e publicación de Tras da Corda, de Carlos G. Reigosa.   Presentamos en Couceiro Tras da Corda, o volume no que Carlos G. Reigosa recolle todos os relatos da súa Comala literaria, o berce de Intramundi no que vivían os Homes de Tras da Corda nas Pucharcas da lembranza.

«transmuta», de Xabier Cordal: un espazo poético orixinal e irredutible. Crítica de Armando Requeixo

«transmuta», de Xabier Cordal: un espazo poético orixinal e irredutible. Crítica de Armando Requeixo

Galicia Confidencial publica unha recensión de Armando Requeixo, sobre transmuta, de Xabier Cordal.   A poética transmutada de Xabier Cordal Transmuta, o libro de Xabier Cordal editado por Xerais, centra a crítica literaria desta semana de Armando Requeixo.

Presentación de “Meu pai vaite matar” de María Xosé Queizán en Compostela

Presentación de “Meu pai vaite matar” de María Xosé Queizán en Compostela

A presentación, na que participarán Montse Dopico, Manuel Bragado e a autora,  terá lugar o mércores, 7 de marzo, ás 20,00 horas, na libraría Couceiro, Praza de Cervantes, 6 de Santiago. Meu pai vaite matar é unha novela que esculca dende unha ollada antipatriarcal e racionalista os segredos máis ocultos dunha familia.

Presentación de “Como defenderes os teus dereitos lingüísticos” de Carlos Callón, en Ferrol

Presentación de “Como defenderes os teus dereitos lingüísticos” de Carlos Callón, en Ferrol

O acto, organizado por Xerais e A MESA,  contará coa participación de Xaquín Campo, Carlos Outeiro e Carlos Callón. A presentación terá lugar a sexta feira (venres), 2 de marzo, ás 20,00 horas na Sociedade Galega de Historia Natural, Casa do Coronel, Praza de Canido, s/nº Ferrol.

«A poesía que me interesa é visionaria»: entrevista sobre «Pan de ánimas» con Xoán Abeleira no Diario Cultural

«A poesía que me interesa é visionaria»: entrevista sobre «Pan de ánimas» con Xoán Abeleira no Diario Cultural

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevisa con Xoán Abeleira , sobre o seu último libro de poemas, Pan de ánimas. A realidade cotiá non é a única realidade, asegura Xoán Abeleira ao longo da entrevista, que revela que a poesía que lle interesa é visionaria. A entrevista, en mp3, pode escoitarse ou descargarse aquí.

A aventura do Conde de Waldemar: un documento sociolóxico de primeira orde. Crítica de Manuel Rodríguez Alonso sobre «O misterioso Dr. Saa»

A aventura do Conde de Waldemar: un documento sociolóxico de primeira orde. Crítica de Manuel Rodríguez Alonso sobre «O misterioso Dr. Saa»

Manuel Rodríguez Alonso publica no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre O misterioso Dr. Saa, libro subtitulado A historia do Conde de Waldemar, ilusionista, prestidixitador e telépata, de Xosé Díaz Díaz e Belén Fernández Guzmán.

O Diario Cultural fixo públicos os finalistas do VI Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico

O Diario Cultural fixo públicos os finalistas do VI Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico

O Diario Cultural da Radio Galega fixo públicos os textos finalistas do VI Premio Diario Cultural de Teatr VI Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico, que publica Xerais. Pode accederse a esta información a través deste audio do Diario Cultural. A montaxe das obras finalistas van estar dirixida polo director Evaristo Calvo.

Manuel Rivas será nomeado Doutor Honoris causa pola Universidade da Coruña o próximo 22 de marzo

Manuel Rivas será nomeado Doutor Honoris causa pola Universidade da Coruña o próximo 22 de marzo

A Universidade da Coruña informa que o próximo 22 de marzo Manuel Rivas será nomeado Doutor Honoris Causa nun acto no que tamén será nomeado John Rutherford. Reproducimos a información da UdC, da que tamén dan conta algúns medios de comunicación.   O 23 de marzo concederase o grao de Doutor Honoris Causa a Manuel Rivas e John Rutherford e a Medalla de Ouro da UDC a José María Barja A Coruña, 29 de febreiro de 2012.

Francisco Fernández Naval: «Como narrador interésanme os seres humanos comúns». Entrevista en Criticalia

Francisco Fernández Naval: «Como narrador interésanme os seres humanos comúns». Entrevista en Criticalia

O blog Criticalia, de Armando Requeixo, publica unha entrevista con Francisco Fernández Naval.     Parlamento das Letras Francisco Fernández Naval Francisco Xosé Fernández Naval, Chisco para os amigos, ten saudades daquel neno que medraba á beira do Miño ourensán, pé da ponte, enviso no bafo burgueiro no que todo ficaba envolveito.

«Limpeza de sangue» ten unhas raíces cinematográficas moi claras. Conversa entre Rubén Ruibal e Jorge Coira

«Limpeza de sangue» ten unhas raíces cinematográficas moi claras. Conversa entre Rubén Ruibal e Jorge Coira

Rubén Ruibal e Jorge Coira mantiveron unha conversa, convocados polo xornal dixital Praza Pública, sobre a adaptación ao cine da obra Limpeza de sangue, coa que Rubén Ruibal gañou o Premio Álvaro Cunqueiro e posteriormente o Premio Nacional de Teatro. A conversa estivo guiada polo xornalista Alberto Ramos. Praza Pública publica tamén un vídeo da conversa.