Menu Xerais

Arquivo mensual: Abril 2012

Novidades: «As rapazas de Xan», de Manuel Iglesias Turnes. Unha historia de amor na pobreza dunha aldea da posguerra

Novidades: «As rapazas de Xan», de Manuel Iglesias Turnes. Unha historia de amor na pobreza dunha aldea da posguerra

As rapazas de Xan, de Manuel Iglesias Turnes, é unha das novidades da colección Narrativa. De malla a malla desenvólvese a historia de amor, protagonizada por Carmela e Manuel durante os difíciles anos da posguerra en Cabanelas.

«Non hai noite tan longa», de Agustín Fernández Paz, recibe dous premios o mesmo día: o Losada Diéguez á mellor obra de ficción de 2011 e o Irmandade do Libro ao mellor libro de 2011

«Non hai noite tan longa», de Agustín Fernández Paz, recibe dous premios o mesmo día: o Losada Diéguez á mellor obra de ficción de 2011 e o Irmandade do Libro ao mellor libro de 2011

A novela Non hai noite tan longa, de Agustín Fernández Paz, recibiu o sábado dous premios: o Premio Losada Diéguez á mellor obra de ficción de 2011 e o Premio Irmandade do Libro ao mellor libro de 2011. O Premio Losada Diéguez foi fallado no Concello de Boborás, a súa contía é de 6.000 euros, e será entregado o vindeiro 9 de xuño en Moldes.

«Aníbal Otero Lingüistica e política en España na Guerra Civil e no franquismo», de Xesús Alonso Montero, Premio Losada Diéguez de Investigación

«Aníbal Otero Lingüistica e política en España na Guerra Civil e no franquismo», de Xesús Alonso Montero, Premio Losada Diéguez de Investigación

O libro Aníbal Otero Lingüistica e política en España na Guerra Civil e no franquismo, de Xesús Alonso Montero, Premio Losada Diéguez de Investigación e Ensaio.

«Galicia como tarea, de Valentín Paz Andrade», reedición facsímile

«Galicia como tarea, de Valentín Paz Andrade», reedición facsímile

Manuel Bragado, director de Xerais, publica hoxe no Faro de Vigo un artigo sobre a reedición facsímile, en Xerais, de Galicia como tarea, o emblemático ensaio de Valentín Paz Andrade.

Homenaxe a Agustín Fernández Paz esta tarde na Coruña

Homenaxe a Agustín Fernández Paz esta tarde na Coruña

Esta tarde, día do libro, celebrarase na Coruña, ás 19:30 horas, no Fogar de Santa Margarita da Coruña (Rúa Valle-Inclán, 1-3), un acto de homenaxe ao escritor e exprofesor desa institución, Agustín Fernández Paz. Durante o acto terá lugar unha mesa redonda sobre O Fogar e a contribución a renovación pedagóxica, dirixida por Antón Costa, coa intervención de J.

«Vaia tropa» de Antón Cortizas e «Vento galerno», de Antonio Yáñez, presentados en Ferrol

«Vaia tropa» de Antón Cortizas e «Vento galerno», de Antonio Yáñez, presentados en Ferrol

Manuel Bragado, director de Xerais, comenta en Brétemas  o acto de presentación dos libros  Vaia tropa!, de Antón Cortizas, e Vento galerno, de Antonio Yáñez Casal, na Feira do Libro de Ferrol.

Co poder da ilusión: «O misterioso Dr. Saa» e a maxia en Galicia. Reportaxe de Montse González

Co poder da ilusión: «O misterioso Dr. Saa» e a maxia en Galicia. Reportaxe de Montse González

Montse González publicou onte no suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo publicou, unha reportaxe sobre  O misterioso Dr. Saa, libro que publicou Xerais, subtitulado A historia do Conde de Waldemar, ilusionista, prestidixitador e telépata, de Xosé Díaz Díaz e Belén Fernández Guzmán, así como da situación da profesión da maxia en Galicia hoxe Magos de noso Co poder da ilusión Alcumábano “mago de reis e rei dos magos.

«Lingua e literatura. Probas de Selectividade 2012»

Lingua e literatura. Probas de Selectividade 2012, de Antón Mosteiro García, é unha obra que pretende servirlle de axuda ao alumnado de Lingua e literatura galega de 2º de Bacharelato para preparar a Proba de acceso á universidade do ano 2012.

«Iria», a nova novela de Anxo Angueira, estará nas librarías a próxima semana

«Iria», a nova novela de Anxo Angueira, estará nas librarías a próxima semana

A nova novela de Anxo Angueira, titulada Iria, é unha das novidades que estará nas librerías a próxima semana. Anxo Angueira foi Premio Xerais en 1999 con Pensa nao. Continuando no ronsel de Pensa nao, esta nova novela de Anxo Angueira lévanos agora a fins dos sesenta, ós anos en que se organiza a primeira resistencia activa antifranquista.

Pedro Feijoo: «Quixen crear unha novela de aventuras que mantivese ese aire de misterio». Entrevista de Lourdes Varela co autor de «Os fillos do mar»

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo publicou unha entrevista de Lourdes Varela con Pedro Feijoo sobre a súa novela Os fillos do mar.   «Para min, o humor é un recurso tan necesario como respirar» Pedro Feijoo Barreiro xa sorprendera nos Premios Xerais, cando os membros do xurado decidiron declarar finalista a súa novela iniciática.

“Os fillos do mar”: Unha historia que se pode ler no Vitrasa

“Os fillos do mar”: Unha historia que se pode ler no Vitrasa

Texto de Marcos Calveiro na presentación de onte en Librouro Sirve a literatura galega para ler no Vitrasa? E respondendo a túa pregunta, amigo Simón, sobre que clase de historia de pode saír dunha mente tan retorta como a que Pedro  Feijoo parece que ten, e isto dixéchelo ti, non eu. Que non quero leas co autor, aquí de corpo presente. Pois é ben sinxela a reposta: unha historia que se pode ler no Vitrasa.

«Tras da Corda», espazo mítico. Crítica de Rocío Moar sobre o libro de Carlos Reigosa

«Tras da Corda», espazo mítico. Crítica de Rocío Moar sobre o libro de Carlos Reigosa

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo publicou unha recensión de Rocío Moar Quintela sobre sobre Tras da Corda, de Carlos G. Reigosa.   Espazo mítico Na maxia do rural Xerais celebra coa edición desta obra o trinta aniversario como narrador de Carlos G. Reigosa (A Pastoriza, 1948), xornalista e prolífico escritor galego consagrado nas nosas letras.