Menu Xerais

Arquivo mensual: Abril 2012

Mario Regueira: «A cultura galega ten un grave problema de dimensión pública internacional». Entrevista de Ramón Vilar en Letra en Obras

Mario Regueira: «A cultura galega ten un grave problema de dimensión pública internacional». Entrevista de Ramón Vilar en Letra en Obras

Letra en Obras publica unha entrevista de Ramón Vilar con Mario Regueira, autor de L’affiche rouge (Xerais, 2007), centrada na súa recente novela Outono aquí (Sotelo Blanco, 2012). Nas vindeiras semanas, Xerais distribuirá nas librerías o seu novo poemario, O silencio.

Novidade: «A Torre das Lavercas», de Daniel Ameixeiro, na colección Merlín

Novidade: «A Torre das Lavercas», de Daniel Ameixeiro, na colección Merlín

A Torre das Lavercas, de Daniel Ameixeiro, é unha das novidades de Merlín para os lectores infantís. A Torre das Lavercas era unha casa cunha cheminea moi grande e papá puxéralle ese nome porque había moitos niños de lavercas nos arredores. Eu tiña seis anos cando marcharamos dela, e dende aquela xa cambiaramos de casa outra vez máis. Agora estábamos a recoller as cousas para outro novo cambio, iamos a outro barrio da cidade.

«Os fillos do mar», de Pedro Feijoo: Unha novela de calidade con vocación de best seller. Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

«Os fillos do mar», de Pedro Feijoo: Unha novela de calidade con vocación de best seller. Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

O crítico Manuel Rodríguez Alonso publica unha recensión en Galicia Confidencial sobre Os fillos do mar, a novela de Pedro Feijoo.

Alfredo Conde fala de «Os fillos do mar», de Pedro Feijoo, no seu artigo de opinión

Alfredo Conde fala de «Os fillos do mar», de Pedro Feijoo, no seu artigo de opinión

O escritor Alfredo Conde fala de Os fillos do mar, a novela de Pedro Feijoo, no seu artigo de opinión de El Correo Gallego: «Un paseo ameno e fresco, vivificante. Rara avis.», di. O artigo completo pode lerse aquí.

O ameno e desenfado diario dunha rapaza. Crítica de María Navarro sobre «Morgana a dos ollos verdes», de Pascual Alapont

O ameno e desenfado diario dunha rapaza. Crítica de María Navarro sobre «Morgana a dos ollos verdes», de Pascual Alapont

María Navarro publicou no Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre Morgana a dos ollos verdes, de Pasqual Alapont.

Novidade: «Valentín Paz Andrade. Vida e obra», de Charo Portela

Novidade: «Valentín Paz Andrade. Vida e obra», de Charo Portela

Estes días está a chegar ás librerías Valentín Paz Andrade. Vida e obra, de Charo Portela, un interesantísmo achegamento biográfico á vida de Valentín Paz Andrade. Valentín Paz Andrade. Vida e obra pretende ofrecer un amplo percorrido pola vida do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2012 e pola súa inmensa obra.

Reedición anovada de «A nena de auga e o príncipe de lume», de Xabier P. Docampo»

Reedición anovada de «A nena de auga e o príncipe de lume», de Xabier P. Docampo»

A nena de auga e o príncipe de lume, de Xabier P. Docampo, reedítase nunha edición anovada, revisada polo autor e con novas ilustracións a cargo de Xosé Cobas. ¿Como se fai un conto? Primeiro tes que ter a quen llo contar e, logo inventalo. ¿Ti cres que coa auga e o lume pode facerse un conto? Proba a ver se es capaz. Verás que non é tan fácil xuntar a auga e o lume.

Emoción e culturalismo. Crítica de Manuel Rodríguez Alonso sobre «Pan de ánimas», de Xoán Abeleira

Emoción e culturalismo. Crítica de Manuel Rodríguez Alonso sobre «Pan de ánimas», de Xoán Abeleira

Manuel Rodríguez Alonso publica no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre Pan de ánimas, de Xoán Abeleira.   Emoción e culturalismo O poeta Xoán Abeleira procura neste poemario unha mestura entre o culturalismo e mais a emoción.

Luís Rei Núñez: «Véxome con forzas para emprender proxectos ambiciosos». Entrevista de Armando Requeixo

Luís Rei Núñez: «Véxome con forzas para emprender proxectos ambiciosos». Entrevista de Armando Requeixo

O blog Criticalia, de Armando Requeixo, publica unha entrevista con Luís Rei Núñez.     Parlamento das Letras Luís Rei Núñez Luís Rei Núñez escribe como quen ilumina códices: cunha paciencia infinita que se comprace na elaboración demorada de cada liña, cada sintagma, cada palabra.

A esquizofrenia como vivencia. Unha novela nada compracente. Crítica de Xosé Manuel Eyré sobre «Dark butterfly», de Rexina Vega

A esquizofrenia como vivencia. Unha novela nada compracente. Crítica de Xosé Manuel Eyré sobre «Dark butterfly», de Rexina Vega

O crítico Xosé Manuel Eyré publica unha recensión crítica en Galicia Confidencial sobre Dark butterfly, de Rexina Vega. Cando a vida é un principio activo Como é a vida dun esquizofrénico?. Rexina Veiga describe en ‘Dark Butterfly’, editado por Xerasis, a dura vida dun esquizofrénico que proucra manter a súa dignidade. Xosé Manuel Eyré aborda reflexiona esta semanasobre os límites desta enfermidade.

«Escribín moitos capítulos na furgoneta e incluso nas bañeiras dos hoteis». Entrevista con Pedro Feijo, sobre a súa novela «Os fillos do mar»

«Escribín moitos capítulos na furgoneta e incluso nas bañeiras dos hoteis». Entrevista con Pedro Feijo, sobre a súa novela «Os fillos do mar»

O xornal Atlántico Diario publicou unha entrevista de Ana Baena con Pedro Feijoo sobre a súa novela Os fillos do mar.   Pedro Feijoo «Querría facer con Vigo o que Woody Allen con Manhatan ou Montalbán con barcelona» Alegre, coa ilusión dun neno con zapatos novos, Pedro Feijoo saborea cada momento do seu éxito literario, inesperado para el mesmo.

O libro «Luís Soto. A xeira pola unidade galega» inicita ao Concello de Celanova a dedicarlle unha rúa á figura de Soto

O libro «Luís Soto. A xeira pola unidade galega» inicita ao Concello de Celanova a dedicarlle unha rúa á figura de Soto

O xornal La Región faise eco do acto de presentación do libro Luís Soto. A xeira pola unidade galega, de Xurxo Martínez González e da intención do Concello de Celanova de dedicarlle unha rúa a Luís Soto.