Menu Xerais

Arquivo mensual: Xuño 2012

Chus Pato participará no Festival Internacional de Poesía de Rotterdam

Chus Pato participará no Festival Internacional de Poesía de Rotterdam

O xornal Semos Galiza informa da participación de Chus Pato no Festival Internacional de Poesía de Rotterdam.   Chus Pato participa no Festival Internacional de Poesía de Rotterdam O Festival Internacional de Poesía de Rotterdam comeza a 43 edición o próximo día 10 de xuño coa ceremonia de apertura dun programa literario que conta coa presenza da poeta galega Chus Pato.

«Aire negro», de Agustín Fernández Paz: amor e terror en formato longo. Crítica de Francisco Martínez Bouzas

«Aire negro», de Agustín Fernández Paz: amor e terror en formato longo. Crítica de Francisco Martínez Bouzas

Francisco Martínez Bouzas recuperou para o seu blog Nove noites unha recensión crítica sobre Aire negro, de Agustín Fernández Paz publicada o 29 de xuño do ano 2000, suplemento Revista das Letras do desaparecido xornal O Correo Galego.

O valor do teatro en pequeno formato. Crítica de Xosé Manuel Eyré sobre o «VI Premio Diario cultural de Teatro Radiofónico»

O valor do teatro en pequeno formato. Crítica de Xosé Manuel Eyré sobre o «VI Premio Diario cultural de Teatro Radiofónico»

Xosé Manuel Eyré escribiu dúas anotacións no seu blog comentando o o VI Premio Diario cultural de Teatro Radiofónico. Os límites do teatro ou onde está a poesía Ando a voltas co VI Premio de Teatro Radiofónico Diario Cultural. O primeiro que escoitei/lin foi o Poema sinestésico para tres voces de Eva Ferreira. Lembro que onte, e antonte, tiña entre mans poesía punki de Samuel L. París.

Entrevista con Xabier P. DoCampo en Parlamento das Letras, de Armando Requeixo

Entrevista con Xabier P. DoCampo en Parlamento das Letras, de Armando Requeixo

O blog Criticalia, de Armando Requeixo, publica unha entrevista con Xabier P. DoCampo.   Parlamento das Letras Xabier P. Docampo Elvira Riveiro Tobío pertence á vella tribo de Cerponzóns, estirpe antiga que en tempos formou parte do moi literario concello de Alba, hoxe anexionado pola veciña Boa Vila. O primeiro que un debe saber de Xabier P. Docampo é que non é, primordialmente, un escritor, é, esencialmente, un narrador.

A vixencia da Corda. Literatura grande: «Tras da corda», de Carlos Reigosa. Crítica de Vicente Araguas

Vicente Araguas publicou unha recensión crítica sobre Tras da Corda, de Carlos G. Reigosa, nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa  e La Región. O artigo pódese descargar, completo, en pdf.

Begoña Paz: «Hai literatura que non ule». Entrevista de Paco Gallego

 Galicia Confidencial publica unha entrevista de Paco Gallego con Begoña Paz.   Begoña Paz: «Hai literatura que non ule» Narradora, poeta e co-guionista do primeiro filme porno rodado en galego, “O divino ferrete”, conversar con Begoña Paz significa percorrer os camiños da creación, inspiración, lingua, cómic, sexo erotismo.

«ruído de fondo»: o poemario dun poeta do século XXI. Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre o poemario ruído de fondo, de Daniel Salgado.   Un poeta do século XXI Daniel Salgado pertence a un grupo de poetas nados despois dos oitenta e que pubican os seus primeiros poemarios xa no século XXI.

O rescate de López Abente con «A narrativa mariña». Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou nas páxinas do suplemento Culturas de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre A narrativa mariña, de Gonzalo López Abente.

Presentación en Viveiro de “Un niño no xardín” de Xoán Neira

O vindeiro venres, 15 de xuño, ás 20:00 horas, no salón de actos de Novacaixagalicia de Viveiro, terá lugar o acto de prensentación do libro Un niño no xardín de Xoán Neira. Participarán: Marica Campo, Manuel Bragado e Xoán Neira.

Mudámonos! Xerais actualiza a súa identidade dixital mudando o blog, a web e actualizando as redes sociais

Mudámonos! Xerais actualiza a súa identidade dixital mudando o blog, a web e actualizando as redes sociais

A partir de hoxe, o blog de Xerais terá novo enderezo. Estaremos aquí, cun anovado deseño no que estivemos a traballar intensamente ao longo dos últimos meses e do que é responsable a empresa Pumpum Dixital, que coordinan Chiu Longina e Berio Molina.

Pedro Feijoo estará mañá no Club de lectura Sete Vidas, de Espazo Lectura, en Gondomar, para falar de «Os fillos do mar»

Pedro Feijoo estará mañá no Club de lectura Sete Vidas, de Espazo Lectura, en Gondomar, para falar de «Os fillos do mar»

O escritor Pedro Feijoo participará mañá martes no Club de Lectura Sete Vidas, que promove a asociación Espazo Lectura en Gondomar, para falar da súa novela Os fillos do mar, finalista do Premio Xerais 2011.   A novela «Os fillos do mar» no club Sete vidas Este martes 5 de xuño o club de lectura Sete vidas pecha a tempada cunha sesión na que falaremos da novela Os fillos do mar, de Pedro Feijoo, editada por Xerais.

Iceberg poético: «Poesía completa», de Valentín Paz Andrade. Crítica de Armando Requeixo

Iceberg poético: «Poesía completa», de Valentín Paz Andrade. Crítica de Armando Requeixo

Armando Requeixo publica no suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, e en La Opinión, unha recensión crítica sobre a Poesía completa de Valentín Paz Andrade.