Menu Xerais

Arquivo mensual: Xuño 2012

Booktrailer de «Gran tiburón branco», de Samuel Solleiro

Book trailer do libro Gran tiburón branco, a nova entrega de Samuel Solleiro que Xerais nas vindeiras semanas. Gran tiburón branco from mopalmact on Vimeo.

Manuel Rivas: «Non hai nada comparable a un conto que che contan de neno para durmir». Entrevista de Ángeles F. Maira

 El Progreso publica unha entrevista de Ángeles F. Maira con Manuel Rivas.   MANUEL RIVAS / ESCRITOR «Métome en moitas cousas… porque me atopo con elas» 23/06/2012 – Ángeles F. Maira / El Progreso (Lugo) É xornalista, escritor, poeta e ensaísta, pero, sobre todo, Manuel Rivas é un activista social, comprometido coas causas da lingua, a cultura e a ecoloxía desde unha concepción política de esquerdas.

Ramón Caride: «Eu son biólogo e miña relación co ambiente é primaria, son un rapaz da aldea como Neira Vilas»

O suplemento Culturas de La Voz de Galicia publicou a pasada fin de semana unha entrevista con Ramón Caride, de quen Xerais publicará nos próximos días o libro Sarou / Louzós.   «A ALTA CULTURA, A DA ÓPERA, A DE NOVA YORK, NÚTRESE DA POPULAR O ESCRITOR OURENSÁN, PIONEIRO NAS HISTORIAS DE FANTASÍA CIENTÍFICA, PUBLICOU NO ÚLTIMO ANO NOVE LIBROS EN GALEGO, PORTUGUÉS E CASTELÁN «Son un rapaz da aldea, como Neira Vilas».

A nova historia do último dragón galego preséntase hoxe en sociedade. Volve «Dragal» da man de Elena Gallego

Faro de Vigo dá conta da presentación que terá lugar hoxe en Cangas do libro Dragal III. A fraternidade do dragón, de Elena Gallego Abad.

«Castelao na Unión Soviética en 1938», de Xesús Alonso Montero. Ideoloxía e tempo convulso

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou no seu blog Brétemas, unha anotación sobre Castelao na Unión Soviética en 1938 de Xesús Alonso Montero.   Castelao na Unión Soviética Presentamos Castelao na Unión Soviética en 1938, o libro no que don Xesús Alonso Montero defende o filocomunismo e prosovietismo de Castelao durante a Guerra Civil.

Novidade: «En vías de extinción», de María Reimóndez. Unha novela sobre a diversidade cultural

En vías de extinción, de María Reimóndez , é unha das novidades de Narrativa para este verán. Gaia é a protagonista de En vías de extinción. Ela é unha desas persoas que teñen a cerna dura coma un carballo, que asumen e reivindican o monte como berce persoal e que resisten a domesticación en todas as súas formas.

Manter a atención en vilo. «As meigas de Lupa», de María Solar. Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre As meigas de Lupa, de María Solar.

Xesús Alonso Montero: «Castelao foi á URSS a aplaudir». Entrevista sobre «Castelao na Unión Soviética en 1938»

La Voz de Galicia publicou unha entrevista de Jorge Lamas con Xesús Alonso Montero sobre o seu novo libro   «Castelao foi á URSS a aplaudir» O catedrático presenta hoxe un traballo que recolle a visita do dirixente nacionalista á Unión Soviética en 1938 Castelao na Unión Soviética en 1938 é o título do estudo que Xesús Alonso Montero vén de publicar en Xerais.

Entrevista con Antonio Seijas pola súa novela gráfica sobre «Cartas de inverno»

Dioivo publica unha entrevista de Montse Dopico con Antonio Seijas centrada na próxima aparición dunha novela gráfica da súa autoría baseada en Cartas de Inverno, de Agustín Fernández Paz, que publicará Xerais durante o vindeiro outono.

Novidade: «A derrota de Galicia», de Antón Baamonde. Un país no camiño equivocado?

A derrota de Galicia, de Antón Baamonde, é unha das novidades da colección Ensaio para este verán A colección de textos que compón este libro, ten dúas caras: intenta rexistrar as formas en que nos últimos trinta anos tivo lugar o proceso de modernización, pero alimenta a sospeita de que este país, inmerso nunha grande transición de múltiples vértices, está fraguando nun sentido equivocado.

A Galicia castrexa na presentación de «As meigas de Lupa». Vídeo da TVG

A TVG emitiu unha reportaxe de dous minutos sobre a presentación de As meigas de Lupa, de María Solar.

Xabier Cordal: «Cando unha cultura ri, e ri de si mesma, significa que pode con todo». Entrevista de Daniel Salgado sobre «transmuta»

O xornal El País publica unha entrevista de Daniel Salgado con Xabier Cordal polo seu libro de poemas transmuta.   «Non hai nada externo á poesía» Once anos logo d’A vella peneira a noite, Xabier Cordal enfróntase de novo á escrita. Desta volta, para axustar contas coa perda.   Once anos logo d’A vella peneira a noite, Xabier Cordal (A Coruña, 1965) enfróntase de novo á escrita.