Menu Xerais

Arquivo mensual: Xuño 2012

Camilo Nogueira: «Sen o Antigo Reino de Galicia non se entende o que pasou na Península». Entrevista sobre «Para unha crítica do españolismo»

La Voz de Galicia publica unha entrevista de Jorge Lamas con Camilo Nogueira sobre o seu libro Para unha crítica do españolismo, presentado recentemente.   Camilo Nogueira presentou onte na súa cidade dous novos libros, Para unha crítica do españolismo e A rota do sol. —¿Cal é a tese do primeiro dos libros? —Trato de facer ver que sen o Antigo Reino de Galicia non se entende nada do que pasou na península.

«As meigas de Lupa», de María Solar: cultura e mito

Manuel Bragado, director de Xerais, comenta en Brétemas a presentación de As meigas de Lupa de María Solar, publicado na colección Fóra de xogo.   As meigas de Lupa O salón de actos da Biblioteca Pública Ánxel Casal de Compostela quedou pequeno para acoller aos aistentes á presentación d’ As meigas de Lupa, a primeira novela xuvenil de María Solar.

Elena Gallego Abad: «Convivir tres anos cun dragón non resulta doado». Entrevista de Manuel Jabois

O xornalista Manuel Jabois publicou unha entrevista no Diario de Pontevedra con Elena Gallego Abad sobre Dragal III. A fraternidade do dragón.   «Convivir tres anos cun dragón non resulta doado» —Vén de publicar con Xerais Dragal III. Canto madurou a triloxía? —Agardo que o suficiente para sorprender e conquistar aos lectores que xa se atreveron a mergullarse nas páxinas de Dragal I e baixar ás catacumbas de Dragal II.

Novidade: «O país adormentado», de Xabier P. DoCampo. Renunciar ou loitar?

O país adormentado, de Xabier P. DoCampo, é unha das novidades de Fóra de Xoga para este verán. No país de Glearim, onde reina Ambulasac o Vixiante, todos os seus habitantes dormen deseguido.No pasado concedéraselles o don de non morrer mentres durmían, por iso teñen medo a estar espertos e foron durmindo cada vez durante máis tempo coa intención de ser eternos.

Anxo Angueira: «Fago o meu traballo coa materia, coa madeira con que se fai literatura: a lingua»

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo publicou unha entrevista de Lourdes Varela con Anxo Angueira sobre a súa novela Iria.   «Hai que entender o mar como unha cultura viva e práctica» A resistencia antifranquista e as entremesturadashistorias de afogados conforman esta polifónica memoria do Ulla e mais da ría de Arousa que atopamos en Iria (EdiciónsXerais).

Agustín Fernández Paz será nomeado Doutor Honoris Causa pola Universidade de Vigo

O escritor Agustín Fernández Paz será nomeado Doutor Honoris Causa pola Universidade de Vigo a proposta do Departamento de Filoloxía Galega e Latina da UVI, que acordou o nomeamento por unanimidade. A plataforma Prolingua dá información sobre esta relevante noticia. Esa mesma plataforma está a preparar unha homenaxe nacional ao escritor. Agustín Fdez.

Vídeo de reportaxe sobre os Premios Xerais 2012

Manuel Iglesias Turnes: «As rapazas de Xan» é unha novela romántica, unha historia de amor. Entrevista en Fervenzas literarias

A web Fervenzas Literarias publicou unha entrevista con Manuel Iglesias Turnes pola súa novela As rapazas de Xan. Historias que furgan na sensibilidade, historias de amor, historias da terra. Historia latente do teu país. Manuel Iglesias Turnes ofrece ao lector con As rapazas de Xan (Xerais) -novela primeira do autor barcalés- un relato sobranceiro protagonizado polo amor en tempos escuros.

Presentación de “Un niño no xardín” de Xoán Neira en Lugo

O venres, 29 de xuño, ás 20:00 horas, terá lugar, na Galería Sargadelos, Praza de Santo Domingo, 4 de Lugo, a presentación do libro Un niño no xardín de Xoán Neira, publicado na colección Sopa de libros. No acto acompañarán ao autor, o escritor Xosé Miranda e o director de Xerais Manuel Bragado.

A superación como camiño: «O misterio do Faro Vello», de Fina Casalderrey. Crítica de María Navarro

María Navarro publicou no Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre  O misterio do Faro Vello, de Fina Casalderrey, ilustrado  por Manolo Uhía.

Presentación de “As rapazas de Xan” na Coruña

Na Biblioteca Miguel González Garcés da Coruña, terá lugar a presentación de As rapazas de Xan de Manuel Iglesias Turnes, o vindeiro xoves, 28 de xuño, ás 20:30 horas. No acto participarán, Pablo Vaamonde García, Che Turnes, Manuel Bragado e o autor.

Terror e alegación ecolóxica: «Trampa de luz», de Agustín Agra. Crítica de Armando Requeixo

Armando Requeixo publica no seu blog unha recensión sobre Trampa de Luz, de Agustín Agra, editado na colección Fora de Xogo.   Necromicónica Agustín Agra forma parte dese escolleito grupo de escritores biólogos que, nos últimos lustros, teñen enriquecido notoriamente a nosa escrita de aventuras, intriga e terror.