Menu Xerais

Arquivo mensual: Xuño 2012

Novidade: «Dragal III. A fraternidade do dragón», de Elena Gallego Abad

Dragal III. A fraternidade do dragón, de Elena Gallego Abad, é unha das novidades de Fóra de Xogo para este verán. Os membros da Fraternidade de Dragal xa iniciaron o seu regreso co fin de cumprir co xuramento de sangue que fixeron os seus devanceiros na época medieval. Para que a profecía se cumpra, os sete cabaleiros teñen que reunir as claves da Ciencia Secreta na cripta do dragón e pechar o círculo da vida.

Chus Pato recitando no Festival Internacional de Poesía de Rotterdam

Vídeo de  Chus Pato recitando no Festival Internacional de Poesía de Rotterdam, xuño 2012.

Unha edición rigorosa, agradable e necesaria de «A narrativa mariña» de Gonzalo López Abente. Crítica de Rosalía Fernández Rial

Rosalía Fernández Rial publicou en Compás da Costa unha recensión crítica sobre A narrativa mariña, de Gonzalo López Abente.   O último exemplar da BIBLIOTECA DE AUTORES GALEGOS, A narrativa mariña (2012), pronúnciase con acento muxián. Non só polos trazos dialectais da prosa abentiana, senón tamén pola procedencia orixinal do seu editor, Suso Sambade.

Artigo de Marca Dacosta sobre «Dark Butterfly», de Rexina Vega

Marta Dacosta publicou en Sermos Galiza un artigo de opinión sobre Dark butterfly, de Rexina Vega.   Un libro no andel: Dark Butterfly Escribir é espirse, expoñerse, situarse no centro do escenario e alí ser obxecto de observación, análise, disección.

Presentación de “Dragal III” de Elena Gallego Abad en Cangas

O vindeiro martes, 26 de xuño, ás 20:00 horas, en colaboración coa Federación de Comerciantes do Morrazo (FECIMO), terá lugar a presentación do libro Dragal III. A fraternidade do dragón de Elena Gallego Abad. O acto, no que intervirán Xosé Bangueses, Manuel Bragado e a autora, será na sede de FECIMO, Avda de Vigo, 91 baixo en Cangas.

Premios Xerais 2012. Intervención de Manuel Bragado, director da editorial

Caer na arañeira de «Os fillos do mar», de Pedro Feijoo. Artigo de Ramón Rozas

Ramón Rozas publicou no El Progreso un artigo sobre Os fillos do mar de Pedro Feijoo. Os fillos de Pedro Feijoo Adoitase dicir que cada libro é un fillo para o seu escritor. Non dubido de que así sexa, pero do que estou ben seguro é de que Mariña e Simón Varela xa serán para sempre os fillos de Pedro Feijoo.

Marcos Calveiro: «Palabras de auga» achega aos nenos outra realidade que non existe nos videoxogos»

Atlántico Diario publicou unha entrevista de Rosé Carrera con Marcos Calveiro, Premio Merlín 2012 con Palabras de auga.   «Palabras de auga» achega aos nenos outra realidade que non existe nos videoxogos» Marcos Calveiro é xa un nome ben coñecido dentro da literatora xuvenil e tamén de adultos.

Anxo Angueira reivindica a Iria mariñeira

A edición compostelana de La Voz de Galicia recolleu a reivindicación da Iria mariñeira que realizou Anxo Angueira no acto de presentación da súa novela.   Anxo Angueira reivindica a Iria mariñeira Padrón acolleu onte o acto de presentación da novela titulada Iria do escritor de Dodro Anxo Angueira, que se amosou emocionado por estar nas terras de Iria polo que representan na súa vida.

Novidade: «Antón Reixa. Ghicho distinto», de Manuel Xestoso e X. Cid Cabido. Un libro de conversas co novo presidente da SGAE

Antón Reixa. Ghicho distinto, de Manuel Xestoso e X. Cid Cabido, é unha das novidades para este verán. A figura de Antón Reixa resulta imprescindible para comprender os múltiples cambios na cultura galega das últimas décadas.

Rexina Vega: «O proceso de escrita é febril». Entrevista de Armando Requeixo en Criticalia

O blog Criticalia, de Armando Requeixo, publica unha entrevista con Rexina Vega.   Parlamento das Letras Rexina Vega Rexina Vega é unha Hécate de sorprendentes rostros. Dunha banda, a crítica rigorosa, presta sempre á análise fonda e documentada, inzada de suxestivas hipóteses coas que ir abrindo o campo interpretativo.

«Atl», a distopía de Manuel Lourenzo

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou no seu blog Brétemas, unha anotación sobre Atl, a novela de Manuel Lourenzo González que foi Premio Blanco Amor 2011.   «Atl», a distopía de Manuel Lourenzo Despois de varios meses de intensa e concienciuda edición, chegaron os primeiros exemplares de Atl, a obra de Manuel Lourenzo González gañadora da XXIX edición do Premio Blanco Amor de novela.