Menu Xerais

Arquivo mensual: Xuño 2012

«Un niño no xardín», de Xoán Neira, un libro ecolóxico de poesía infantil. Anotación de Manuel Bragado en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, comentou en Brétemas a presentación en Viveiro, o pasado venres, dedo libro Un niño no xardín de Xoán Neira.   Serán poético en Viveiro Levounos case tres horas percorrer entre a babuxa o camiño entre Vigo e Viveiro. Foi un fermoso e moi concorrido serán poético no que presentamos, xunto a Marica Campo, Un niño no xardín, o quinto libro de poemas para nenos de Xoán Neira.

Artigo de Suso de Toro sobre «Para unha crítica do españolismo», de Camilo Nogueira

Suso de Toro escribiu no seu artigo de El País, titulado «Nicolás e Camilo», sobre o libro Para unha crítica do españolismo, de Camilo Nogueira.   E na historia ou pola historia é a outra batalla titánica que dá o Camilo en “Para unha crítica do españolismo”.

Presentación de “As rapazas de Xan” de Manuel Iglesias Turnes en Santa Comba

O venres, 22 de xuño, ás 21:00 horas en Ler Librarías, rúa Rosalía de Castro, 32 en Santa Comba, terá lugar a presentación da novela As rapazas de Xan de Manuel Iglesias Turnes. No acto participarán Isabel Ares, José Manuel López Tuñas, Pablo Vaamonde García, Che Turnes e o autor.

Presentación “Iria” de Anxo Angueira en Bouzas-Vigo

O venres, 22 de xuño, ás 20:30 horas, no local da Asociación de Veciños de Bouzas, rúa do Pazo, 2 en Bouzas-Vigo, terá lugar o acto de presentación da novela Iria de Anxo Angueira. Participarán Gustavo Luca de Tena, Manuel Bragado e o autor.

Presentación “As meigas de Lupa” de María Solar en Compostela

O vindeiro xoves, 21 de xuño, ás 19:30 horas, terá lugar, na Biblioteca Pública Anxel Casal, Avda. Xoán XXIII de Santiago, a presentación do libro As meigas de Lupa de María Solar, publicado na colección Fóra de xogo. No acto participarán o arqueólogo Xurxo Ayán, Manuel Bragado e María Solar. Ao remate intervirá o cantante Fran Pérez “Narf”.

Adianto dun capítulo en pdf de «Palabras de auga», de Marcos Calveiro, Premio Merlín 2012

Hoxe ofrecémoslles a todos os lectores e lectoras de Xerais o adianto dun capítulo en pdf de Palabras de auga, de Marcos Calveiro, Premio Merlín 2012. Palabras de auga, a obra gañadora da 27ª edición do Premio Merlín de literatura infantil, narra a aventura iniciática de Amadou, un rapaz suahili que pertence a un clan de nómades.

Premios Xerais 2012. Entrevistas: Begoña Outeiro, representante do xurado do Premio Xerais de Novela

Premios Xerais 2012. Entrevistas: Ledicia Costas, representante do xurado do Premio Merlín

Entrevisa con Daniel Salgado sobre «ruído de fondo»: «O meu poemario responde ao tempo en que vive e aos ruídos que inunda a época»

Galiciaé publica unha entrevista de Diego de Cora con Daniel Salgado sobre o seu último poemario ruído de fondo. «A literatura é unha cousa e o xornalismo, outra distinta; non hai que confundilos» Daniel Salgado (Monterroso, 1980) é xornalista en El País Galicia e vén de publicar o seu sexto poemario, Ruído de fondo.

O valor da cultura popular. Crítica de Montse Pena Presas sobre «As rapazas de Xan», de Manuel Iglesias Turnes

Montse Pena Presas publiocou no Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre As rapazas de Xan, de Manuel Iglesias Turnes.

Unha boa novela con humor negro. Crítica de Laura Caveiro sobre «Orlando pendurado«, de Goretti Fariña

Laura Caveiro publicou no suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre Orlando pendurado, de Goretti Fariña, novela gañadora do Premio Cidade Centenaria.     A viña do Señor Sátira e tortura “Todas as familias felices aseméllanse, e as desgrazadas, sono cada unha ao seu xeito”. Así comeza Anna Karenina de Tolstoi.

Novidade: «Para unha crítica do españolismo», de Camilo Nogueira

Para unha crítica do españolismo, de Camilo Nogueira, é unha das novidades do mes de xuño, que ve a luz na colección Ensaio; o terceiro título que o autor publica nesta colección.