Menu Xerais

Arquivo mensual: Xuño 2012

«A caza do Ghazafello», de Denís M, e «Os megatoxos e o aprendiz de druída», de Anxo Fariña, dúas propostas de lectura de Brabádegos

Brabádegos, o portal de literatura infantil e xuvenil publica unha recensión sobre dous libros de Xerais. O primeiro é o libro-CD A caza do Ghazafello, unha novela de Denís M. e música de Marcos Payno que reúne a importantes músico galegos e á ilustradora Sara López, con produción de Valentín Torrado. O segundo é Os megatoxos e o aprendiz de druída, de Anxo Fariña.

Poesía que arregaña os dentes: «ruído de fondo», de Daniel Salgado. Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou no seu blog unha recensión crítica sobre o poemario ruído de fondo, de Daniel Salgado. Ruído de fondo, de Daniel Salgado Poesía que arregaña os dentes é esta de Daniel Salgado, e ben preciso destas intervencións estamos. Ruído de fondo encádrase entre paratextos que van de Dante até Hölderlin e nos poemas dialógase con Badiou, Eagleton, Ballard ou Walter Benjamin.

Entrevista co Xoán Neira: «Un niño no xardín» é un achegamento á natureza desde a poesía infantil

A edición da Mariña de La Voz de Galicia e de El Progreso publicaron entrevistas a Xoán Neira sobre o seu novo libro de poesía infantil Un niño no xardín, que leva ilustracións de Ánxeles Ferrer. As entrevistas poden descargarse, completas, en pdf.

Premios Xerais 2012. Entrevistas: Xurxo Souto, músico convidado

Premios Xerais 2012. Entrevistas: Marilar Aleixandre, mantedora literaria

Historias cercanas ao audiovisual. Crítica de Manuel Rodríguez Alonso sobre «Os megatoxos e o aprendiz de druída», de Anxo Fariña

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre Os megatoxos e o aprendiz de druída, de Anxo Fariña.   Moi boa lectura para o primeiro ciclo da ESO Publícase de novo esta aventura do grupo dos megatoxos.

Crítica de Lorena Domínguez Mallo sobre «Historias de Oregón», de Diego Ameixeiras

Lorena Domínguez Mallo publica en LG3, o soportal da literatura do Consello da Cultura Galega, unha unha recensión crítica de Historias de Oregón, de Diego Ameixeiras. Corte limpo Premio de Novela por Entregas La Voz de Galicia 2011 é este un nobelo de historias sinxelas, crueis, patolóxicas algunhas.

Pedro Feijoo estivo con «Os fillos do mar» nun dos clubs de Espazo Lectura en Gondomar

O blog de Espazo Lectura publicou unha información sobre a presenza de Pedro Feijoo e a súa novela  Os fillos do mar no Club de Lectura Sete Vidas, na biblioteca de Gondomar.

Os teatros do soño. Crítica de Xosé Manuel Eyré sobre o «VI Premio Diario cultural de Teatro Radiofónico»

Xosé Manuel Eyré publicou en Galicia confidencial unha recensión crítica sobreo VI Premio Diario cultural de Teatro Radiofónico.   Os teatros do soño Esta semana Xosé Manuel Eyré fai un repaso sobre as pezas gañadores e finalistas do VI Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico.

«Tonas de laranxa», por Rosa Enríquez. Artigo de opinión sobre o Premio Xerais 2012

A escritora Rosa Enríquez publicou en Sermos Galiza un artigo de opinión sobre Manuel Lorenzo Baleirón, coautor, xunto coa súa filla María Lorenzo Miguéns, de Tonas de laranxa, a novela gañadora do Premio Xerais 2012.   Tonas de laranxa Tonas de laranxa, escrito por María Lorenzo Miguéns (1986) e Manuel Lorenzo Baleirón (1957), vén de levar o XXIX Premio Xerais de Novela.

Premios Xerais 2012. Entrevistas: Fran Alonso, secretario do xurado do Premio Xerais de Novela

Premios Xerais 2012. Entrevistas: Helena Pérez, secretaria do xurado do Premio Merlín de Literatura Infantil