Menu Xerais

Arquivo mensual: Xuño 2012

«Extramunde», de Xavier Queipo, Premio Arcebispo San Clemente 2012

A novela Extramunde, de Xavier Queipo, Premio Xerais de Novela 2011, foi galardoada onte co Premio Arcebispo San Clemente por un xurado formado por alumnos de institutos.

María Solar: «Valoro moito toda a tradición oral porque fun criada entre lendas e historias». Entrevista de Camilo Franco sobre «As meigas de Lupa»

Camilo Franco publicou en La Voz de Galicia unha entrevista a María Solar sobre As meigas de Lupa.   María Solar: «Na nosa tradición temos personaxes moito máis fascinantes que Harry Potter» María Solar asegura que onde acaba a historia que se coñece da raíña Lupa comeza outra que pode ser tan interesante. As meigas de Lupa (Xerais) é o primeiro libro para lectores mozos de María Solar.

Unha novela con humor: «Orlando pendurado», de Goretti Fariña. Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre Orlando pendurado, de Goretti Fariña, novela gañadora do Premio Cidade Centenaria.

«Mil cousas poden pasar», de Jacobo Fernández Serrano, traducido ao portugués no Brasil. Recensión crítica da edición brasileira

Mil cousas poden pasar, de Jacobo Fernández Serrano, traduciuse ao portugués no Brasil. Andreia Santana publica unha recensión crítica do libro no blog Mar de Histórias.   Uma história de amor com gosto de infância Quem já leu Luna Clara e Apolo 11, de Adriana Falcão, vai se identificar de imediato com Mil coisas podem acontecer, de Jacobo Fernández Serrano, que no Brasil ganhou edição da Autêntica.

Novela demoledora. Recensión crítica de «Dark butterfly», de Rexina Vega, en Trafegando ronseis

Trafegando ronseis publicou unha recensión crítica de Dark butterfly, de Rexina Vega.   Dark butterfly Custoume moito a lectura deste libro pola súa temática: adentrarse nesoutro mundo da loucura cando o que adoitamos facer é mirar para outro lado non é tarefa sinxela. Rexina Vega publica en Xerais este Dark butterfly que nos enche de dura tristura e abrumadora realidade.

Premios Xerais 2012. Entrevistas: María Lorenzo Miguens e Manuel Lorenzo Baleirón

Vídeo da entrevista Xerais TV, realizado por Algueirada S.L. (09/12/2012).

Premios Xerais 2012. Entrevistas: Marcos Calveiro

Vídeo da entrevista Xerais TV, realizado por Algueirada S.L. (09/12/2012).

Marcos Calveiro, Premio Merlín 2012, primeiras entrevistas

Aparecen as primeiras entrevistas a Marcos Calveiro, autor de Palabras de auga, obra gañadora do Premio Merlín de Literatura Infantil 2012: Entrevista TV Xerais, realizado por Algueirada S.L.: Marcos Calveiro fala sobre «Palabras de auga» (09/12/2012) Entrevista en audio: Marcos Calveiro gaña o Premio Merlín de Literatura Infantil coa obra «Palabras de auga» (Radio Galega, Diario Cultural, 11/06/2012).

Premios Xerais 2012: galería fotográfica

Coñece os premios Xerais 2012 a través dunha galería fotográfica de Manuel G. Vicente.

María Lorenzo Miguens e Manuel Lorenzo Baleirón, Premio Xerais de Novela 2012, primeiras entrevistas

ACTUALIZADO (12/06/2012).

Os Premios Xerais 2012 en crónicas

ACTUALIZADO (12/06/2012). Tanto os medios de comunicación como os blogs e as redes sociais publicaron esta fin de semana numerosas crónicas sobre a cerimonia e fallo dos Premios Xerais 2012 o pasado sábado 9 na Illa de San Simón. Na foto, actuación musical de Xurxo Souto no Auditorio multiusos da Illa de San Simón. Realismo mágico y crónica africana se llevan los Premios Xerais, en El País, por Teresa Cuíña (09/06/2012).

Discurso de Marilar Aleixandre: «O círculo de luz: escrita, conflito e lume»

A escritora Marilar Aleixandre, como mantedora literaria dos Premios Xerais 2012, alertou no seu discurso,  «O círculo de luz: escrita, conflito e lume», ao papel da lectura e dos libros que iluminan,  aqueles que «foron escritos con lume e gardan ascuas entre as súas páxinas», aqueles que «traban en nós, como di Kafka, os que cravan o seu ferrete».