Menu Xerais

Arquivo mensual: Xuño 2012

María Lorenzo Miguéns e Manuel Lorenzo Baleirón gañadores do Premio Xerais de Novela por «Tonas de laranxa»

O xurado da XXIX edición do Premio Xerais de Novela, dotado con 15.

Marcos Calveiro gañador do Premio Merlín 2012 por «Palabras de auga»

O xurado da XXVII edición do Premio Merlín de Literatura Infantil, dotado con 10.

Marcos Calveiro e a parella María Lorenzo Miguéns e Manuel Lorenzo Baleirón, Premios Xerais 2012

Marcos Calveiro obtivo a XXVII edición do Premio Merlín de Literatura Infantil por Palabras de auga. Mentres que a XXIX edición do Premio Xerais de Novela correspondeu a María Lorenzo Miguéns e Manuel Lorenzo Baleirón, autores de Tonas de laranxa, obra presentada baixo o lema «Pouso da Arcai». Ambos os dous premios foron outorgados por unanimidade de cada un dos xurados.

Presentación en Padrón de “Iria” de Anxo Angueira

O vindeiro venres, 15 de xuño, ás 20:30 horas, no Auditorio do Centro Social de Padrón, terá lugar o acto de presentación da novela Iria de Anxo Angueira. No acto participarán: Malena Barreiros, Manuel Lorenzo Baleirón e Anxo Angueira.

ProLingua convoca unha homenaxe nacional a Agustín Fernández Paz

A plataforma ProLingua organiza unha Homenaxe Nacional ao escritor  Agustín Fernández Paz que terá lugar o vindeiro 30 de xuño en Vigo. O acto será conducido pola escritora Rosa Aneiros e celebrarase ás 12:30 horas na Sala Auditorio do Centro Social Novacaixagalicia (Rúa Policarpo Sanz, 26).

A película baseada en «O hobbit», de Tolkien, estrearase en novembro en todo o mundo

O próximo 28 de novembro estrearase en todo o mundo a películoa O hobbit, baseada na novela de J. R. R, Tolkien, que Xerais publicou en galego en tradución de Moisés Barcia. A novela está publicada na colección Fóra de Xogo. Relata as aventuras do hobbit Bilbo Bulseiro, a quen lle gusta a vida cómoda e tranquila do seu burato–hobbit, onde almorza, merenda e cea varias veces ó día.

Esta tarde celébrase unha homenaxe da ATG a Valentín Arias

A Asociación de Tradutores Galegos celebra esta tarde en Vigo unha homenaxe a Valentín Arias que terá lugar ás 20 horas no Salón de Actos do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia (Rúa Concepción Arenal 8). O acto será presentado por Rexina Vega e nel intervendrán Xosé María Gómez Clemente, Antía Cal, Avelino Pousa Antelo, Lois Arias Castaño, Xosé Manuel Beiras, Víctor F.

Nomeado o xurado do Premio Blanco Amor de Novela

Nomeado o xurado do Premio Blanco Amor de Novela

O Concello de Fene fixo público o nomeamento dos membros do xurado da XXX edición do Premio Blanco Amor de Novela Longa, atendento a base número 7 da convocatoria que establece que «estará composto por cinco membros que serán: editores/as, libreiros/as, escritores/as ou críticos/as literarios/as da literatura galega».

Morreu Ray Bradbury, autor de «Crónicas marcianas» e «Fahrenheit 451», traducidas ao galego por Xerais

O escritor norteamericano Ray Bradbury morreu onte aos 91 anos de idade. Autor de libros xa míticos, Edicións Xerais de Galicia traduciu ao galego dúas das súas obras máis emblemáticas, da man de Magdalena Fernández Pérez: Crónicas marcianas e Fahrenheit 451.

«Dark butterfly», de Rexina Vega: Unha viaxe desacougante. Por Xavier Queipo

O escritor Xavier Queipo fainos chegar unha opinión crítica da súa lectura de Dark butterfly, de Rexina Vega. «Dark butterfly», de Rexina Vega: Unha viaxe desacougante Esta non é unha crítica, pois ese non é un xénero literario que eu practique, entre outras cousas por un descoñecemento das técnicas de análise que o configuran.

O «Dicionario Xurídico Galego» é recoñecido co premio Lois Peña Novo

O «Dicionario Xurídico Galego» é recoñecido co premio Lois Peña Novo

O Dicionario Xurídico Galego, editado por Xerais e do que son autores Luciano Varela Castro e Xosé Xoán Barreiro Prado, foi recoñecido onte pola Fundación Lois Peña Novo co premio que leva o nome deste galeguista.

Novos libros de texto para 2012/13 de «Educación para a Cidadanía» de 2º e 4º de ESO, adaptados ao novo curriculum

Edicións Xerais de Galicia está finalizando as novas edicións dos seus libros de textopara as materias de Educación para a Cidadanía de 2º de ESO e Ética e Educación para a Cidadanía de 4º de ESO, adaptados ás recentes modificacións do curriculum de ensinanzas mínimas, aprobado no Consello Sectorial de Educación do pasado 24 de maio.