Menu Xerais

Arquivo mensual: Xullo 2012

Música e versos para redescubrir a Celso Emilio

Praza publica anuncia a publicación de O meu primeiro Celso Emilio e  a celebración da presentación do proxecto o venres, 27 de xullo, ás ás 20:30 horas, no Auditorio Municipal de Teo.

Presentación de “Castelao na Unión Soviética en 1938″ na Feira do Libro da Coruña

O luns, 6 de agosto, ás 21:15 horas na Feira do Libro da Coruña presentarase o libro de Xesús Alonso Montero Castelao na Unión Soviética en 1938. Acompañará ao autor o editor Manuel Bragado.

Presentación “Os fillos do mar” na Feira do Libro da Coruña

O luns, 6 de agosto, ás 20:45 horas na Feira do Libro da Coruña presentarase a novela de Pedro Feijoo Os fillos do mar. Acompañarán ao autor Sergio Zearreta e Manuel Bragado.

Presentación de “Para unha crítica do españolismo” na Feira do Libro da Coruña

O luns, 6 de agosto, ás 20:00 horas na Feira do Libro da Coruña presentarase o libro de Camilo Nogueira Para unha crítica do españolismo. Acompañará ao autor o editor Manuel Bragado.

Asinatura de Agustín Fernández Paz na Feira do Libro da Coruña

O luns, 6 de agosto, ás 19:30 horas na Feira do Libro da Coruña o escritor Agustín Fernández Paz asinará exemplares das súas obras.

María Reimóndez participará no lanzamento da traducion ao támil de “O deus das pequenas cousas” de Arundhati Roy

María Reimóndez está actualmente no estado indio de Támil Nadu e participará o vindeiro 28 de xullo no lanzamento da tradución ao támil de O deus das pequenas cousas (The God of Small Things, HarperCollins, 1997) de Arundhati Roy. Ao evento, que terá lugar en Chennai, capital de Támil Nadu, asistirán, entre outras persoas, a autora da obra, o editor Kannan Sundaram e María Reimóndez.

Presentación de “A narrativa mariña” na Feira do Libro da Coruña

O sábado 4 de agosto, ás 21:15 horas na Feira do Libro da coruña presentarase o libro A narrativa mariña de Gonzalo López Abente. No acto participan: Suso Sambade, X.H. Rivadulla Corcón e Manuel Bragado.

Presentación de “A derrota de Galicia” na Feira do Libro da Coruña

O sábado 4 de agosto, ás 20:45 horas, na Feira do Libro da Coruña presentarase o libro A derrota de Galicia de Antón Baamonde.

Presentación de “Xente Nova a Brais Pinto” na Feira do Libro da Coruña

O sábado 4 de agosto, ás 20:00 horas, na Feira do Libro da Coruña presentarase o libro De Xente Nova a Brais Pinto de Xosé Fernández Ferreiro. No acto articipan: Manuel Bragado e o autor.

Manuel Rivas na Feira do Libro da Coruña

O mércores, 1 de agosto, ás 20:00 horas, Manuel Rivas realizará unha lectura de fragmentos da súa obra: un conto inédito de O máis estraño, un  capítulo de Todo é silencio e inéditos do libro de próxima aparición en Xerais titulado  As voces baixas. Ao remate da lectura, Manuel Rivas asinará exemplares da súa obra.

Adianto dun capítulo en pdf de «Tonas de laranxa», de María Lorenzo Miguéns e Manuel Lorenzo Baleirón, Premio Xerais de Novela 2012

Hoxe ofrecémoslles a todos os lectores e lectoras de Xerais o adianto dun capítulo en pdf de Tonas de laranxa, de María Lorenzo Miguéns e Manuel Lorenzo Baleirón, novela gañadora do Premio Xerais 2012.

Tertulia sobre a triloxía Dragal en Pontevedra

O vindeiro xoves, 26 de xullo, ás 20:00 horas, terá lugar, na libraría Kronopios de Pontevedra, unha tertulia sobre a triloxía de Dragal de Elena Gallego. Neste acto, organizado por Onda Cero Pontevedra, os lectores/as poderán conversar coa autora.