Menu Xerais

Arquivo mensual: Xullo 2012

Xerais na Feira do Libro da Coruña

Xerais participa na Feira do Libro da Coruña, que terá lugar nos Xardíns Méndez Núñez do 1 ao 10 de agosto, co seguinte programa de presentacións e sinaturas: Día 1 mércores 20:00 h.

Fran Alonso: «A novela parte dun suceso real e a realidade pode ser máis inverosímil que a ficción». Entrevista de Camilo Franco polo Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia

O xornal La Voz de Galicia publica unha entrevista de Camilo Franco a Fran Alonso sobre a novela «A punta de pistola», Premio La Voz de Galicia de Novela por Entregas.   «A realidade é inverosímil» «A realidade pode ser máis inverosímil que a ficción» foi una das primeiras frases que pronunciou Fran Alonso ao recoller o Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia por A punta de pistola.

Novidade: «Gran tiburón branco», de Samuel Solleiro. Algo está a piques de rematar

Gran tiburón branco, de Samuel Solleiro, é unha das novidades de Narrativa deste verán.

Presentación de “O meu primeiro Celso Emilio” en Teo

O venres, 27 de xullo, ás 20:30 horas, no Auditorio Municipal de Teo, terá lugar a presentación do libro O meu primeiro Celso Emilio de Xosé e Xiana Lastra. No acto participarán Carme Hermida, Manuel Bragado e Xosé Lastra. Logo da presentación, María Manuela, Mero, Mini e Xiana darán un concerto das pezas do CD que acompaña ao libro. Este acto realízase coa colaboración do Concello de Teo. Booktrailer do libro.

Fran Alonso, Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia por «A punta de pistola»

O escritor Fran Alonso resultou gañador onte do Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia cunha novela titulada A punta de pistola que se publicará diariamente, durante todo o mes de agosto, nas páxinas de La Voz de Galicia.

Celso Emilio Ferreiro, narrador

Manuel Bragado escribiu en Brétemas unha anotación sobre a súa participación no Encontro «Celso Emilio Ferreiro. Ética e Poética» organizado pola UIMP  en calidade de editor da obra do poeta celanovés. Entre a obra de Celso Emilio Ferreiro publicada por Xerais figura tamén a súa Obra narrativa.   Celso Emilio Ferreiro, narrador Participei nunha das mesas redondas do Encontro «Celso Emilio Ferreiro.

Épica e símbolos: «Iria» de Anxo Angueira. Crítica de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publica en Galicia Confidencial unha recensión crítica de Iria de Anxo Angueira. Frete de esperanzas no Iria ‘Iria’, de Anxo Angueira e editada por Xerais é a obra que analiza esta semana X. M. Eyré. Unha novela desconcertante para lectores clásicos pero atrainte para quen non se sinta atado aos cánones xenéricos.

Xavier Queipo: «O máis importante é que temos futuro, que hai escritores novos que escriben marabillosamente». Entrevista de Armando Requeixo

O blog Criticalia, de Armando Requeixo, publica unha entrevista con Xavier Queipo.     Parlamento das Letras Xavier Queipo Xavier Queipo é un téutido literario.

Castelao foi acollido como un debuxante revolucionario na URSS. Entrevista con Xesús Alonso Montero en Radiofusión

Radiofusión publica unha entrevista en audio con Xesús Alonso Montero sobre o seu libro Castelao na Unión Soviética en 1938.   Castelao, debuxante revolucionario Libro de Xesús Alonso Montero sobre Castelao e a Unión Soviética Castelao declárase favorable á organización política e social da Unión Soviética despois da súa visita a aquel país.

Galicia a debate: «A derrota de Galicia», de Antón Baamonde. Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica de A derrota de Galicia, de Antón Baamonde. Para debatermos Manuel Rodríguez analiza esta semana o libro de Antón Baamonde ‘A derrota de Galicia’, editado por Xerais, e no que critica certas afirmacións recollidas nesta obra que reúne moitos dos artigos ensaísticos do autor publicados en El País.

«Os fillos do mar», de Pedro Fejoo: un libro boísimo, en opinión dunha lectora

O blog Cuaderno de Bitácora publica unha anotación sobre sobre Os fillos do mar de Pedro Feijoo.   «Os fillos do mar» Medio por casualidad, me compré una novela de intriga.  Fue el domingo en la Feria del Libro, me lo aconsejó un librero y, la verdad, no me fié mucho.  El año pasado, un vendedor me recomendó uno que resultó ser un auténtico ladrillo.

Presentación de “As rapazas de Xan” no Festigal 2012

O martes, 24 de xullo, ás 20:00 horas, terá lugar a presentación da novela As rapazas de Xan de Manuel Iglesias Turnes. No acto, organizado con motivo do FESTIGAL, 2012 (Campus Sur-Santiago de Compostela), participarán Pablo Vaamonde, Che Turnes, Manuel Bragado e o autor.