Menu Xerais

Arquivo mensual: Xullo 2012

Presentación de «Atl», Premio Blanco Amor 2011, na Feira do Libro de Vigo

O mércores 4 de xullo, ás 21:00 horas, na Feira do Libro de Vigo, que se celebra na Praza de Compostela, presentarase Atl de Manuel Lourenzo (PREMIO BLANCO AMOR, 2011). No acto intervirán Manuel Bragado e o autor.

Presentación de «Dragal III. A fraternidade do dragón» na Feira do Libro de Vigo

O mércores 4 de xullo, ás 20:00 horas, na Feira do Libro de Vigo, que se celebra na Praza de Compostela, presentarase Dragal III. A fraternidade do dragón de Elena Gallego. No acto intervirán Marcos Calveiro, Manuel Bragado e a autora.

Asinatura de Agustín Fernández Paz na Feira do Libro de Vigo

O mércores 4 de xullo, a partir das 19:30 horas, na Feira do Libro de Vigo, que se celebra na Praza de Compostela, o escritor Agustín Fernández Paz asinará exemplares das súas obras.

Presentación «A derrota de Galicia» na Feira do Libro de Vigo

O luns 2 de xullo, ás 21:00 horas, na Feira do Libro de Vigo, que se celebra na Praza de Compostela, presentarase A derrota de Galicia de Antón Baamonde. No acto intervirán Manuel Bragado e Antón Baamonde.

Presentación de «En vías de extinción» na Feira do Libro de Vigo

O luns 2 de xullo, ás 20:00 horas, na Feira do Libro de Vigo, que se celebra na Praza de Compostela, presentarase En vías de extinción de María Reimóndez. No acto intervirán Michael Skinner, Manuel Bragado e María Reimóndez.

«Grande Agustín». Artigo de Manuel Bragado sobre Agustín Fernández Paz

Manuel Bragado, director de Xerais, dedicou o seu artigo do Faro de Vigo a Agustín Fernández Paz e á Homenaxe Nacional que se lle tributou o pasado sábado.   Grande Agustín A homenaxe nacional ao escritor Agustín Fernández Paz, celebrada o sábado en Vigo e organizada pola plataforma ProLingua, amosa que outra Galicia é posible.

A galeguización da xustiza. X. L. Méndez Ferrín fala do «Dicionario xurídico galego», de Luciano Varela e Xosé Xoán Barreiro

X. L. Méndez Ferrín, presidente da Real Academia Galega, abordou no seu artigo do Faro de Vigo da fin de semana a publicación do Dicionario Xurídico Galego, do que son autores Luciano Varela Castro e Xosé Xoán Barreiro Prado.   Envíanos a Fundación Lois Peña Novo un libro que reputamos moi importante: Dicionario xurídico galego.

Camilo Nogueira: «a historia galega obriga a unha lectura diferente da historia española». Entrevista de Daniel Salgado sobre «Para unha crítica do españolismo»

Daniel Salgado publica en El País unha entrevista a Camilo Nogueira sobre o seu libro Para unha crítica do españolismo.

«Os fillos do mar», de Pedro Feijoo: Misterio e intriga no Vigo de hoxe. Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou nas páxinas do suplemento Culturas de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre Os fillos do mar de Pedro Feijoo.

Entrevista con Elena Gallego en Radiofusión. «Dragal III. A fraternidade do dragón» pecha a triloxía co reto de cumprir o xurarmento

Radiofusión publica unha entrevista en audio con Elena Gallego Abad sobre o seu libro Dragal III. A fraternidade do dragón. A entrevista pode escoitarse ou descargarse aquí en mp3.

A orfandade, a desposesión e o desamparo en «O silencio», de Mario Regueira. Crítica de Armando Requeixo

O crítico Armando Requeixo publicou nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños unha recensión crítica sobre O silencio, de Mario Regueira.   O silencio debelador Mario Regueira é un deses escasos exemplos de autor de moi amplo rexistro. Non se dan moito por aquí.

«Poesía completa» de Valentín Paz-Andrade. Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

O crítico Manuel Rodríguez Alonso publica unha recensión en Galicia Confidencial sobre sobre a Poesía completa de Valentín Paz Andrade.     A Poesía completa de Paz-Andrade Co gallo da dedicación do Día das Letras a Paz-Andrade a editorial Xerais publica esta edición da súa poesía completa, ao coidado do filólogo Gregorio Ferreiro Fente. No prólogo o editor sitúa adecuadamente a obra de Paz-Andrade.