Publicado o 31 Agosto, 2012 nas categorías Crónica, Narrativa
Ramón Rozas publicou na Revista do Diario de Pontevedra, o pasado 19 de agosto, unha recensión crítica sobre 15.724, a novela de Xesús Constela.
Ler máis →
Publicado o 31 Agosto, 2012 nas categorías Autores, Crónica, Entrevistas, Novidades
La Voz de Galicia publica hoxe unha entrevista de Camilo Franco con Ramón Nicolás sobre Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro, a biografía de Celso Emilio Ferreiro que Xerais poñerá nas librerías a finais da próxima semana.
«Celso Emilio Ferreiro é, indubidablemente, un herdeiro do galeguismo do grupo Nós»
Celso Emilio Ferreiro xa ten unha biografía que o escriba.
Ler máis →
Publicado o 31 Agosto, 2012 nas categorías Críticas, Infantil
Carmen Ferreira Boo publicou onte 30 de agosto en El Correo Gallego unha recensión crítica sobre O misterio do Faro Vello, de Fina Casalderrey, ilustrado por Manolo Uhía.
Ler máis →
Publicado o 31 Agosto, 2012 nas categorías Críticas, Poesía
O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre O silencio, de Mario Regueira.
O silencio
Por fin, ben tardei en chegar a este poemario de Mario Regueira chamado O silencio e publicado por Xerais. Poemario intenso e diferente cun tema inhóspito e delicado: a guerra.
Ler máis →
Publicado o 31 Agosto, 2012 nas categorías Críticas, Ensaio
Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica de Para unha crítica do españolismo de Camilo Nogueira.
Galeguismo contra españolismo
Unha obra política feita por un histórico da política como Camilo Nogueira é a proposta de Manuel Rodríguez.
Ler máis →
Publicado o 30 Agosto, 2012 nas categorías Críticas, Narrativa
O crítico Vicente Araguas publicou o pasado 12 de agosto nos xornais Atlántico e La Región unha crítica sobre O máis estraño, de Manuel Rivas baixo o título de «O Rivas que máis me presta»:
Na recensión crítica pode lerse: «Como a súa escrita, tan fértil, realista de luvas, chisteira e variña máxica, onde as cousas de adiario, de decotío, acadan un plano moi alto».
Pode lerse ou descargarse aquí en pdf.
Ler máis →
Publicado o 30 Agosto, 2012 nas categorías Entrevistas, Narrativa
A edición de Arousa de Faro de Vigo publicou unha entrevista de Anxo Martínez con Ramón Caride sobre o seu novo libro de relatos Sarou / Louzós.
Ler máis →
Publicado o 30 Agosto, 2012 nas categorías Críticas, Radio, Teatro
Armando Requeixo publica no seu blog unha recensión sobre o VI Premio Diario cultural de Teatro Radiofónico.
Radioteatro
O pasar do tempo descóbrenos que xa van alá seis anos dende que botara a andar o Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico. Esta andaina consolidada foi posible grazas á implicación entusiasta das xentes do Diario Cultural da Radio Galega e o apoio do CDG.
Ler máis →
Publicado o 30 Agosto, 2012 nas categorías Entrevistas, Radio
En Radio Nacional de España pode escoitarse unha entrevista sobre o verán de Manuel Rivas.
Ler máis →
Publicado o 30 Agosto, 2012 nas categorías Homenaxes, Noticias
O próximo sábado 1 de setembro terá lugar unha Homenaxe Nacional a Bernardino Graña organizado pola Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega, xunto co colectivo ArTeu, e coa colaboración da Real Academia Galega e a Universidade da Coruña.
Ler máis →
Publicado o 30 Agosto, 2012 nas categorías Homenaxes, Noticias
Celso Emilio Ferreiro e Xesús Alonso Montero serán nomeados mañá Arraiano Universal e Arraiano Maior da Raia Seca respectivamente nun acto organizado pola asociación Arraianos que terá lugar en Celanova que dará comezo ás 10 da mañá coa lectura dun manifesto na praza da vila. Con anterioridade, no ano 2009, recibiron os devanditos nomeamentos o escritor X. L.
Ler máis →
Publicado o 29 Agosto, 2012 nas categorías Artigos literarios, Autores, Dicionarios, Fóra de Xogo
Diego Ameixeiras publicou un artigo no suplemento Culturas de La Voz de Galicia o pasado 4 de agosto, titulado “Miradas de esguello”, sobre Carlos Freire Cordeiro, autor de Acio sanguento, do que Xerais publicará tamén en breve o libro Todo sobre o fútbol galego.
Ler máis →