Menu Xerais

Arquivo mensual: Agosto 2012

Pedro Feijoo, autor de «Os fillos do mar» está a rematar na costa catalana os últimos capítulos da súa próxima novela

A Revista do Diario de Pontevedra publicou unha reportaxe sobre a estadía veraniega de Pedro Feijoo, autor do best-seller Os fillos do mar, en Cabrera de Mar, Cataluña, onde remata os derradeiros capítulos da súa próxima novela.

«A derrota de Galica», de Antón Baamonde dá conta do proceso de cambio e modernización de Galicia durante as últimas tres décadas

O filósofo e ensaista Antón Baamonde describe no seu último libro, A derrota de Galicia, o proceso de modernización de Galicia durante as últimas tres décadas, tal e como informa o xornal El País nesta reportaxe de José Precedo.

Crítica de Ramón Nicolás sobre «Castelao na Unión Soviética en 1938», de Xesús Alonso Montero

O suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia,  publicou o 18 de agosto de 2012 unha recensión de Ramón Nicolás sobre Castelao na Unión Soviética en 1938, de Xesús Alonso Montero.   Máis sobre Castelao Homenaxeouse esta semana a quen foi alcalde de Compostela e propietario da editorial Nós, Ánxel Casal e, entre outros, a Alexandre Bóveda.

«Fantasmas de luz», de Agustín Fernández Paz, na revista de cine «Dirigido por…»

O último número (424) da revista de cine Dirigido por…, inclúese unha recesión sobre sobre Fantasmas de luz, de Agustín Fernández Paz.

«Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro», o booktrailer

Booktrailer do libro Onde o mundo se chama Celso Emilio de Ramón Nicolás, que aparecerá nos primeiros días de setembro de 2012. Idea orixinal e realización: Ramón Nicolás e Iago Nicolás Fotografías: Fundación Celso Emilio Ferreiro.

«Palabra de ‘ghicho’ distinto», reportaxe en «El País»

Iago Martínez publica en El País unha reportaxe sobre a aparición do libro Antón Reixa. Ghicho distinto de Xosé Cid Cabido e Manuel Xestoso, que completa cunha anotación no seu blog baixo o título «Recordos e rancores de Antón Reixa». Reproducimos ambos os dous textos. Palabras de ‘ghicho’ distinto A Antón Reixa le perdonó la vida (laboral) un vocero de Aznar. Fue hace 15 años, más o menos.

Fina Casalderrey, longa conversa no «Parlamento das letras» do blog Criticalia

Armando Requeixo publica na sección «Parlamento das letras» do seu blog Criticalia unha longa conversa coa escritora Fina Casalderrey. Recomendamos moi vivamente este texto no que a autora de Dúas bágoas por Máquina fai un completo percorrido pola súa obra.

«15.724 de Xesús Constela, crítica de Armando Requeixo en «El Ideal Gallego»

Armando Requeixo publicou o 12 de agosto nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños, baixo o título «A implacable maquinaria do poder», unha crítica de 15.724, a novela de Xesús Constela. reproducimos o texto: Sigo atentamente a carreira literaria de Xesús Consteladende os seus inicios.

«15.724» de Xesús Constela, crítica de Xosé Manuel Eyré en «Galicia Confidencial»

Xosé Manuel Eyré publicou en Galicia Confidencial, baixo o título «A distopía que te toca», unha crítica sobre 15.724, a novela de Xesús Constela. Reproducimos o texto: Érase que se era… “A Patria aséntase no lombo dunha ave dormida, disque aletargada, dixéronlles.” (13).

«O país adormentado» de Xabier DoCampo, crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia do 11 de agosto, baixo o título de «Escorrentar as pantasmas dormentes», unha crítica sobre O país adormentado de Xabier Docampo. Reproducimos o texto: Descubrín, ao acabar esta lectura, que hai dez anos Xabier P.

Presentación d’ «As rapazas de Xan» na Praza das letras de Carballo

O xoves, 23 de agosto, ás 20:3o horas na Praza das Letras de Carballo presentarase a novela As rapazas de Xan de Manuel Iglesias Turnes. No acto acompañarán ao autor Pablo Vamonde, Che Turnes e Manuel Bragado.

«O país adormentado», crónica da presentación na Coruña

Manuel Bragado publica no seu blog unha crónica do que foi a presentación na Feira do Libro da Coruña d’ O país adormentado, a novela de Xabier DoCampo. Reproducimos o texto: Resultou satisfactoria a experiencia de facer tres actos de presentación na Feira do Libro da Coruña nun mesmo serán.