Menu Xerais

Arquivo mensual: Agosto 2012

«Atl» de Manuel Lourenzo González: «Distopías emerxidas»

Mario Regueira publica no número 8 da edición impresa de Sermos Galiza unha importante crítica sobre a Atl, a novela de Manuel Lourenzo gañadora do Premio Blanco Amor 2011. Reproducimos o texto completo: Sen dúbida chegará un día no que se analizará a puxanza que nos últimos anos tiveron as distopías futuristas na literatura galega e o protagonismo que os autores de primeira liña lles deron na súa produción.

“Atl”: “ciencia ficción de alta escola”

Xosé Carlos Caneiro publicou no suplemento “Culturas” de La Voz de Galicia do 21 de xullo este comentario sobre Atl de Manuel Lourenzo, novela gañadora do Premio Blanco Amor 2011: Como estimulante é a última novela dun dos nosos escritores de maior prevalencia, calidade, disciplina artística e oficio: Manuel Lourenzo González. Gaña o Blanco Amor con Atl.

«En vías de extinción» recomendada por Xosé Carlos Caneiro en «La Voz de Galicia»

Xose Carlos Caneiro recomendou o pasado sábado, 4 de agosto, na súa sección «Club Dandi» do suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia a novela En vías de extinción de María Reimóndez. Caneiro considera que En vías de extinción é «unha novela de interseccións, de íntimo e de exterior, ou o que é o mesmo, de interiores e outros sucesos.

Xosé Fernández Ferreiro presentou na Coruña o seu libro de memorias

Manuel Bragado, director de Xerais, publica no seu blog unha crónica sobre a presentación do libro de memorias de Xosé Fernández Ferreiro De Xente Nova a Brais Pinto. Aledoume moito compartir mesa con Xosé Fernández Ferreiro para presentar o seu libro de memorias De Xente Nova a Brais Pinto.

Rivas fala de «As voces baixas» para «Coruña en directo»

Magnífica a reportaxe-entrevista de «Coruña en directo» da lectura de Manuel Rivas na primeira xornada da Feira do Libro da Coruña. Rivas fala d’ As voces baixas.

Rivas recolle os «murmurios» de pequeno en «As voces baixas», crónica de «La Voz de Galicia»

Rodrí García publica nas páxinas de La Voz de Galicia unha crónica da lectura de Manuel Rivas na Feira do Libro da Coruña. Reproducimos o texto no que se presta atención ao anuncio da publicación d’ As voces baixas e a estrea da película de José Luís Cuerda baseada en Todo é silencio. Do silencio ao murmurio.

Manuel Rivas recrea a súa psicoxeografía máis íntima, crónica de Iago Martínez en «El País»

Iago Martínez publica nas páxinas da edición de Galicia de El País unha crónica da lectura de Manuel Rivas na Feira do Libro da Coruña. Reproducimos o texto no que se dedica atención ao anuncio da publicación en outubro d’ As voces baixas. El próximo libro de Manuel Rivas se sumará al catálogo de Edicións Xerais después del verano, en la primera semana de octubre.

Novela da vida, crónica da lectura de Manuel Rivas

Manuel Bragado, o director de Xerais, publica no seu blog a crónica da lectura realizada onte por Manuel Rivas na Feira do Libro da Coruña. No acto presentouse o avance d’ As voces baixas, que xerais publicará na colección Narrativa durante a primeira semana de outubro. Empezou forte a Feira do Libro da Coruña.