Menu Xerais

Arquivo mensual: Outubro 2012

Un lector recomenda en vídeo a novela «Tráiler», de Fran Alonso, para o proxecto Kuentalibros

Un lector recomendou Tráiler, a novela de Fran Alonso, para o proxecto Kuentalibros.   Tráiler O lector achará en Tráiler un mesto conxunto de anécdotas, lembranzas, peripecias e transos, presentados cun gran senso do realismo e escolmados cun óptimo criterio narrativo.

Unha biografía escrita con acerto: «Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro», de Ramón Nicolás, segundo X. C. Caneiro

O Culturas de La Voz de Galicia acolleu o pasado sábado un artigo de Xosé Carlos Caneiro titulado «Biografía»  no que fala do libro Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro, de Ramón Nicolás.   …Omito verbalizacións para ponderar en xusta medida Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro, editado por Xerais e asinado por Ramón Nicolás. Todo son virtudes, ou iso me parece.

Pedro Feijoo asinará exemplares de “Os fillos do mar” na Casa do Libro de Vigo

O vindeiro martes, 9 de outubro, a partir das 19:30 horas, Pedro Feijoo asinará exemplares da súa novela Os fillos do mar na Casa do Libro de Vigo con motivo da aparición da terceira edición. Pedro Feijoo organizou no seu facebook un simpático concurso no que todos podemos participar.

Xosé Ramón Pena: «Como en Alxeria» parte dun feito real do que tiven noticia e que pertence á historia do galeguismo»

O Diario Cultural da Radio Galega realizou unha entrevista a Xosé Ramón Pena polo seu libro Como en Alxeria. Crónica dun tempo, o seu autor asegura que o que conta na súa nova novela forma parte da historia de Galicia e da historia do galeguismo.

Manuel Rivas: «É a época dos antropófagos: comeron a boa parte da mellor xente e o que vai quedano é o touciño». Longa entrevista sobre «As voces baixas», a súa nova novela

A revista Que Leer publica unha ampla entrevista, de catro páxinas, sobre a nova novela de Manuel Rivas, As voces baixas, que ten carácter autobiográfico. O texto é de Antonio G. Iturbe.   MANUEL RIVAS El escritor que susurraba al oído de los lectores Quizá el título de este libro defina a Rivas como ningún otro.

Agustín Fernández Paz fala de «Fantasmas de luz»

Vídeo no que  Agustín Fernández Paz fala de Fantasmas de luz por mor da tradución desta novela ao catalán en Bromera.

Un «jicho» chamado Reixa. Reportaxe sobre «Antón Reixa. Ghicho distinto», de X. Cid Cabido e Manuel Xestoso

La Voz de Galicia publica, na súa edición viguesa, unha información de Jorge Lamas sobre o libro Antón Reixa. Ghicho distinto de X. Cid Cabido e Manuel Xestoso, que se presentará mañá xoves en Librouro.

A hora de espertar conciencias adurmiñadas: «O país adormentado», de Xabier P. DoCampo

Trafegando ronseis publica unha recensión crítica sobre O país adormentado, de Xabier P. DoCampo.   O país adormentado Reedítase este xa clásico da Literatura Galega (O país durminte do ano 1992), O país adormentado de Xabier P. Docampo, na editorial Xerais. Non, non o coñecía, pero poder subsanar este erro xa é moito.

«Os nosos versos», de Antonio García Teijeiro. Galicia, terra de poeta. Crítica de Eulalia Agrelo Costas

Eulalia Agrelo Costas publicou en El correo Gallego unha recensión sobre a antoloxía Os nosos versos, de Antonio García Teijeiro.

Investigación e ficción danse a man en «Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro». Entrevista a Ramón Nicolás no Zig-zag

O programa da TVG Zig-zag diario, que presenta a xornalista María Solar, entrevistou a Ramón Nicolás (00′,40”) por Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro.

A memoria da resistencia antifranquista nos últimos libros de Xerais, por X. L. Méndez Ferrín

X. L. Méndez Ferrín dedicou o seu artigo Caixa Postal a tres libros da colección Crónica de Xerais e un de Narrativa: Luís Soto. A xeira pola unidade galega, de Xurxo Martínez González; De Xente Nova a Brais Pinto, de Xosé Fernández Ferreiro; Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro, de Ramón Nicolás; e a novela Iria de Anxo Angueira.

Finalistas do Premio Frei Martín Sarmiento

O blog do premio literario Frei Martín Sarmiento, do que é responsable a Comisión de Normalización Lingüística de Escolas Católicas, deu a coñecer os finalistas do Premio Frei Martín Sarmiento. Os finalistas de Xerais nas distintas categorías son os seguintes: 2ª categoría: 3º e 4º de Educación Primaria Silvestre Gómez Xurxo; Ti non xogas!; Ed.