Menu Xerais

Arquivo mensual: Outubro 2012

Ramón Caride, protagonista elixido en El Correo Gallego

Ramón Caride, protagonista elixido en El Correo Gallego.   Ramón Caride Ogando (Cea, Ourense, 1957). É o protagonista o escritor e profesor de ensino Secundario Ramón Caride por se celebrar nestes días, con- cretamente o 1 de outubro, o aniversario do seu nacemento. Este autor foi, e segue a ser, unha importante figura para a LIX galega.

Ramón Nicolás: «Sei que fixen un contrato de por vida con Celso Emilio Ferreiro»

Ramón Nicolás: «Sei que fixen un contrato de por vida con Celso Emilio Ferreiro»

A xornalista Ana Baena publicou no Atlántico Diario unha reportaxe sobre o libro Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro, de Ramón Nicolás.

«Gran tiburón branco», de Samuel Solleiro: linguaxe contemporánea, desinhibida, allea a tabús e prexuízos. Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre Gran tiburón branco, de Samuel Solleiro.

Tabela dos libros: un ranquing para os mellores libros do mes

O blog Criticalia de Armando Requeixo inaugura hoxe unha nova sección a través da que pretende elaborar un ranquing mensual dos mellores libros publicados en galego. Na iniciativa participan cinco críticos literarios: Héitor Mera Herbello, Inmaculada Otero Varela, Montse Pena Presas, Manuel Rodríguez Alonso e o propio Armando Requeixo.

Ramón Nicolás sinala que Celso Emilio foi «un poeta tremendamente popular en vida»

Camilo Franco publicou en La Voz de Galicia unha información sobre o libro Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro, de Ramón Nicolás.

Novidade: «Palabras de auga», de Marcos Calveiro: un libro emocionante, cativador e conmovedor

Palabras de auga, de Marcos Calveiro, Premio Merlín 2012, é unha das novidades para este outono. Premio Merlín de Literatura Infantil 2012 O xamán Mkebe ordenou a todos os membros do clan dos Wakati da tribo dos Kimba que abandonasen o país Lomba coa esperanza de atopar unha terra mellor con auga abondosa. Dende entón, homes e mulleres camiñan, baixo un sol abrasador, a sabana poeirenta sen saber que lles pode deparar o futuro.