Menu Xerais

Arquivo mensual: Outubro 2012

A fronteira entre ficción e realidade. O uso de fotografías en «As voces baixas», de Manuel Rivas. Anotación de Xosé Manuel Eyré

Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog unha nova anotación sobre o último libro de Manuel Rivas, As voces baixas.    As voces baixas   Son aínda ben delas, as cousas que me quedaron no tinteiro unha vez rematada a críticia: 1072 palabras, máis grande do habitual nas miñas. Unha delas, por exemplo, que nin mentei porque xa sabía que de facelo me iría o tamaño en desmesura, é o uso de fotografías.

Un libro conmovedor: «As voces baixas», de Manuel Rivas. Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre a última novela de Manuel Rivas, As voces baixas.

Unha novela excelente, das que perduran: texto de Agustín Fernández Paz sobre «Palabras de auga», de Marcos Calveiro

Reproducimos o texto que escribiu Agustín Fernández Paz para a presentación de Palabras de auga, de Marcos Calveiro, Premio Merlín 2012, que tivo lugar o pasado venres en Vigo.

O silencio de África. Crónicas da presentación de «Palabras de auga», de Marcos Calveiro. Por Manuel Bragado e Ramón Nicolás

Tanto Manuel Bragado, director de Xerais como o crítico Ramón Nicolás publicaron senllas crónicas sobre a presentación de Palabras de auga, de Marcos Calveiro, Premio Merlín 2012, que tivo lugar o pasado venres en Vigo.

Crítica sobre «Vigo a 80 revolucións por minuto», do xornalista vigués Emilio Alonso, en Madrigal

A revista Madrigal publicou unha longa recensión crítica de María Sokolovo sobre o libro Vigo a 80 revolucións por minuto, do xornalista vigués Emilio Alonso. A recensión está recollida no blog Vigo a 80 revolucións por minuto.

O libro sobre Reixa desvela curiosidades do seu pasado familiar silenciado e dos actores Tosar e Gayoso

Mar Mato publicou en Faro de Vigo hai unhas semanas unha información sobre a presentación do libro Antón Reixa. Ghicho distinto de X. Cid Cabido e Manuel Xestoso.

Elena Gallego Abad organiza un concurso nas redes sociais para sortear un exemplar de cada novela da triloxía «Dragal»

Elena Gallego Abad organiza desde Facebook un concurso, do que se poden consultar aquí as bases, para o sorteo dun exemplar de cada novela da triloxía Dragal. Reproducimos a información:   Con motivo da celebración de @ForoUNIREDE, o II Foro da web 2.

Un gran lírico en prosa: «As voces baixas», de Manuel Rivas. Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou en Galicia Confidencial, unha recensión crítica sobre a última novela de Manuel Rivas, As voces baixas.

Os secuestradores dos seus propios fillos e unha camioneira na novela «A punta de pistola», de Fran Alonso. Anotación en Rede Lectura

Rede Lectura, o blog da Asesoría das Bibliotecas Escolares publica unha anotación sobre sobre A punta de pistola, de Fran Alonso.   A punta de pistola … por entregas A punta de pistola, é o  relato ganador do Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia. Unha historia contada en 31 episodios que agora se publica da man de Edicións Xerais de Galicia., na colección xuvenil “Fóra de xogo“.

Marcos Calveiro sobre «Palabras de auga»: «Eu non elixín África como marco da novela: foi ela a que me elixiu a min». Entrevista de Jorge Lamas

A edición viguesa de La Voz de Galicia publicou unha entrevista de Jorge Lamas a Marcos Calveiro, Premio Merlín 2012 por Palabras de auga, que se presenta esta tarde en Vigo. Nela, o autor do Premio Merlín asegura que: «eu non elixín África como marco da novela: foi ela a que me elixiu a min». E logo engade: «Naceu nunha nova que lin nun xornal.

Ramón Caride: «empecei a escribir en 1981, época de gran efervescencia política, cando descubrín que existía a literatura en galego». Entrevista de Sabela Pinal

O xornal La Región publicou o pasado mércores 21 unha entrevista de Sabela Pinal con Ramón Caride na que fala, entre outros temas, no seu novo libro de relatos Sarou /  Louzós , así como do papel dos escritores en tempos de crise, da situación social e demográfica que se vive en Ourense, da súa traxectoria como escritor e dos seus comezos na literatura.

«Marcopola», de Jacobo Fernández Serrano: banda deseñada para a infancia. Anotación en Rede Lectura

Rede Lectura, o blog da Asesoría das Bibliotecas Escolares publica unha anotación sobre Marcopola, de Jacobo Fernández Serrano.     NOVA COLECCIÓN. Banda deseñada para a infancia A banda deseñada, Marcopola, a illa remeira, xa fora editada en castelán, catalán ou francés por Bang! Edicións e ve agora a luz na nosa lingua da man de Xerais.