Menu Xerais

Arquivo mensual: Outubro 2012

Xerais supera os 3.000 seguidores en Twitter e consolida a súa presenza nas redes sociais

Xerais superou hai uns días a cifra de 3.000 seguidores en Twitter e mantén un ritmo de crecemento rápido con respecto ao número de persoas que fidelizan a súa atención no uso que Xerais fai desta rede social. Xa no estudo «El uso de Twitter en las editoriales españolas 2011», Xerais aparecía como unha das editoras máis destacadas do Estado na utilización desta ferramenta de comunicación social. Agora, Xerais alcanza os 3.

Presentación de “Fútbol es fútbol” de Jacobo Buceta en Vigo

O luns, 29 de outubro, ás 20:00 horas, na Casa do Libro, rúa Velázquez Moreno, 27 de Vigo, terá lugar a presentación do libro Fútbol es fútbol de Jacobo Buceta. No acto participarán Xaime Escudeiro, Jacinto Barreiro, Javier Rodríguez, Manuel Bragado e Jacobo Buceta.

Marcos Calveiro: «Non me gusta a literatura que recrea un mundo feliz». Entrevista de Mar Mato sobre «Palabras de auga»

Faro de Vigo publica unha entrevista de Mar Mato a Marcos Calveiro, Premio Merlín 2012 por Palabras de auga, que se presenta mañá en Vigo.

«As voces baixas», de Manuel Rivas: unha novela que se devora. Anotación de Xosé Manuel Eyré

Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog unha anotación sobre o último libro de Manuel Rivas, As voces baixas.     Primeiro contacto con «As voces baixas» Xa aviso: primeiro contacto, si, mais no primeiro contacto devorei a metade da novela. Aínda sabendo que a mina obriga como crítico é ir tomando notas segundo vou lendo, entra tan tan dentro esta As voces baixas que o único en que pensaba era en pasar páxinas.

Xerais lanza a colección LibroX: títulos con vocación de conectar cun lectorado amplo

Manuel Bragado publica no seu blog Brétemas unha anotación sobre o lanzamento da nova colección de Xerais: LIBROX, que se estrea con dous títulos: o Dicionario humorístico indignado Do G ao Z, de Manuel Veiga e Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, de Carlos Callón.   LIBROX Continúan chegando as novidades de fin de ano.

Xerais lanza a súa oferta dixital para o Ensino Secundario

Xerais acaba de lanzar a súa oferta dixital educativa para a ESO á que poderá acceder o profesorado usuario dos materiais da editorial.

Presentación de “Gran tiburón branco” de Samuel Solleiro en Compostela

O martes, 30 de outubro, ás 20:00 horas, terá lugar a presentación do libro Gran tiburón branco de Samuel Solleiro. No acto, que terá lugar na libraría Couceiro, Praza de Cervantes, 6 de Santiago, participarán Ana Salgado, Manuel Bragado e Samuel Solleiro.

Chegaron as novelas gráficas: «Cartas de inverno», de Antonio Seijas e «Marcopola» de Jacobo Fernández Serrano

Manuel Bragado publica no seu blog Brétemas unha anotación sobre a publicación en Xerais de dúas novelas gráficas: Marcopola, de Jacobo Fernández Serrano, e a máis recente, Cartas de Inverno, de Antonio Seijas, baseada na novela de Agustín Fernández Paz.   Chegaron as novelas gráficas Chegaron os primeiros exemplares da novela gráfica de Toni Seijas baseada en Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz.

Pedro Feijoo no Club de Lectura do IES Valadares con «Os fillos do mar»

Ramón Nicolás reproduce no seu blog Caderno da crítica a visita de Pedro Feijoo ao IES Valadares, onde os rapaces e rapazas do club de lectura leron Os fillos do mar.   Pedro Feijoo, con «Os fillos do mar» ao fondo Onte volveu pórse en marcha o club de lectura de adultos Lendo no Galiñeiro, conformado por compoñentes da comunidade docente, pais e nais do alumnado e persoal non docente do IES Valadares.

Unha novela para todos os públicos, valiosa para afeccionar o alumnado á lectura: «A punta de pistola», de Fran Alonso. Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre A punta de pistola, de Fran Alonso.

O mellor libro de Manuel Rivas: «As voces baixas». Artigo de Quique Alvarellos titulado «A crónica do ‘eu’ de Rivas»

O escritor e editor Quique Alvarellos publicou en El Correo Gallego un artigo de opinión sobre o último libro de Manuel Rivas, As voces baixas.   A crónica do “eu” de Rivas “Iso non é periodismo, é literatura!”, dixéralle na Facultade de Xornalismo a Manuel Rivas o seu profesor, o xornalista Federico Ysart. A última obra de Rivas, publicada por Xerais e titulada As voces baixas,saíu á venda a pasada semana.

Unha viaxe polo interior de África. Entrevista de María Solar a Marcos Calveiro por «Palabras de auga»

O programa da TVG Zig-zag diario, que presenta a xornalista María Solar, entrevistou a  Marcos Calveiro, Premio Merlín 2012 por  Palabras de auga.