Menu Xerais

Arquivo mensual: Novembro 2012

Unha espléndida prosa lírica para ler paseniño: «Tonas de laranxa», de María Lorenzo Miguéns e Manuel Lorenzo Baleirón. Crítica de Montse Pena Prresas

Montse Pena Presas publicou o pasado xoves nas páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre Tonas de laranxa, de María Lorenzo Miguéns e Manuel Lorenzo Baleirón, Premio Xerais de Novela 2012.

Unha posta en marcha espectacular: «A punta de pistola», de Fran Alonso. Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre A punta de pistola, de Fran Alonso. A punta de pistola   A segunda vida Reflexionaba Fran Alonso no seu blogue sobre a sorte que supuña para esta obra a posibilidade de gozar de dúas vidas.

Novidade: «Do G ao Z». Dicionario indignado e humorístico, de Manuel Veiga

Do G ao Z. Dicionario indignado e humorístico, de Manuel Veiga, é unha das novidades da nova colección LibroX. Do G ao Z, de Manuel Veiga, é un dicionario humorístico e indignado que comeza pola letra «G» e no que se van definindo, con moita retranca, palabras que teñen que ver coa actualidade, coa política, coa cultura e coa historia, sempre cun enorme sentido de humor.

O best seller galego «Cartas de inverno» chega á viñeta da man de Antonio Seijas

Atlántico Diario publicou unha reportaxe de Ana Baena sobre a novela gráfica  Cartas de inverno de Antonio Seijas, baseada na novela Agustín Fernández Paz.   O best seller galego «Cartas de inverno» chega á viñeta Antonio Seijas encargouse de levar á banda deseñada a novela de terror de Agustín Fernández Paz con máis de 84.

María Xosé Queizán estará mañá en Gondomar para falar de «Meu pai vaite matar» cos lectores e lectoras de Espazo Lectura

A escritora María Xosé Queizán estará mañá martes no Club de Lectura Sete Vidas que organiza Espazo Lectura en Gondomar para falar da súa novela Meu pai vaite matar.   María Xosé Queizán no club de lectura Sete Vidas O martes 6 de novembro na Biblioteca Municipal de Gondomar ten lugar a cita mensual co club de lectura Sete Vidas.

A poética ante o combate ideolóxico: «ruído de fondo», de Daniel Salgado. Crítica de Miro Villar

Miro Villar recolle no seu blog unha recensión crítica sobre o poemario ruído de fondo, de Daniel Salgado que se publica o número 195 da revista Grial.

Novidade: «A estrela de Oriente», de Pemón Bouzas. Unha historia dos Reis Magos

A estrela de Oriente, do xornalista e escritor Pemón Bouzas, é unha das novidades deste mes de outubro. O ibro está ilustrado por Marcos Calo. Cando Aziz esperta tras ver derruída a súa aldea por un grupo de bandidos, atópase nunha caravana chea de riquezas, con fermosos cabalos de guerra, boas teas e abundantes especias, entre soldados e sabios.

Tabela dos libros: o ranquing do mes de novembro

O blog Criticalia de Armando Requeixo publica Tabela dos libros do mes de novembro, un ranquing mensual na que cinco críticos escollen os que consideran os mellores libros publicados en galego. Os críticos son Héitor Mera Herbello, Inmaculada Otero Varela, Montse Pena Presas, Manuel Rodríguez Alonso e o propio Armando Requeixo. No ranquing aparece a clasificación elixida por cada un dos críticos, así como o resultado final.

Crónica da sesión de Andanzas de Xan Farrapeiro, de Ramón Caride, no Club de Lectura Lendo Contigo en Gondomar

A asociación Espazo Lectura publica no seu blog a crónica da sesión do Club de Lectura compartida Lendo Contigo centrada en O libro Andanzas de Xan Farrapeiro, de Ramón Caride. Así foi o Lendo Contigo con Ramón Caride Na primeira sesión desta tempada do Lendo contigo recibimos a visita do escritor Ramón Caride que nos veu falar do seu libro Andanzas de Xan Farrapeiro. Foi unha sesión moi animada.

«Marcopola. A illa remeira» de Jacobo Fernández Serrano: unha proposta de novela gráfia sólida e fluída para o público infantil

Ramón Nicolás publicou no seu blog unha recensión crítica sobre Marcopola, de Jacobo Fernández Serrano.   Marcopola. A illa remeira, de Jacobo Fernández Serrano Lin con moito interese e satisfacción esta primeira entrega dunha nova colección denominada «Merlín Cómics» que ve a luz en Edicións Xerais.

A mellor novela que teño lido en moito tempo: «As voces baixas», de Manuel Rivas. Crítica de Juan Romero

Juan Romero publica no seu blog Lerever unha recensión crítica sobre a última novela de Manuel Rivas, As voces baixas.   «As voces baixas», Manuel Rivas Hai uns días un bo lector díxome que acababa de empezar a novela que vos deixo hoxe e que estaba realmente enganchado a ela, que era do mellor que tiña lido nos últimos vinte anos.

Trasladar as emocións ás imaxes. «Cartas de inverno», de Antonio Seijas: unha novela gráfica baseada na novela de Agustín Fernández Paz

En Praza Pública pódese ler unha reportaxe de Diego Giráldez sobre a novela gráfica este Cartas de inverno. Novela Gráfica de Antonio Seijas, baseada na novela Agustín Fernández Paz. «Cartas de inverno» e un lapis dixital Antes de coller o lapis dixital, Antonio Seijas lava as mans de xeito concienciudo. Faino pero “non chega a categoría de manía”, calcula. O debuxante acostuma a traballar na escuridade.