Menu Xerais

Arquivo mensual: Novembro 2012

A metáfora da luz. Artigo de Manuel Vidal Villaverde sobre o «Abecedario das mantenzas», de Fausto Galdo

Manuel Vidal Villaverde publicou no Atlántico Diario un artigo de opinión centrado no Abecedario das mantenzas, de Fausto Galdo.   A metáfora da luz Un amigo agasállame co Abecedario das Mantenzas, unha enciclopedia ao vezo “por toda a xeografía gastronómica galega de onte e de hoxe”, leo na contracapa do libro editado por Edicións Xerais de Galicia.

Unha prosa atenta e rica en matices, doce e con picos de amargor: «Tonas de laranxa», de María Lorenzo Miguéns e Manuel Lorenzo Baleirón. Crítica de Xosé Manuel Eyré

Xosé Manuel Eyré publicou en Galicia confidencial unha recensión crítica sobre Tonas de laranxa, de María Lorenzo Miguéns e Manuel Lorenzo Baleirón, Premio Xerais de Novela 2012.   O zume das tonas María Lorenzo e Manuel Lorenzo acaban de gañar o Premio Xerais con Tonas de laranxa, unha novela que é toda unha homenaxe á novela cunqueiriana e ao realismo máxico. Crítica de X.M. Eyré.

A novela gráfica que nace dun best seller: «Cartas de inverno», de Antonio Seijas

O Diario de Ferrol publicou unha información de M.J. Rico sobre a novela gráfica Cartas de inverno, de Antonio Seijas, baseada na novela Agustín Fernández Paz.     A novela “Cartas de inverno”, de Agustín Fernández Paz, publicouse en 1995 e desde entón convertiuse nun clásico da literatura galega contemporánea, con casi unha trintena de edicións.

«O rastro que deixamos», de Agustín Fernández, en Rede lectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares

Rede lectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares recomenda O rastro que deixamos de Agustín Fernández Paz.    Nova recomendación Novamente, desde o CEIP Os Casais, se nos recomenda o seguinte libro O rastro que deixamos de Agustín Fernández Paz, apoiándose na páxina de lanzamento.

Que sabemos da historia dos Reis Magos? Entrevista a Pemón Bouzas no Zig zag por «A estrela de Oriente»

O programa da TVG Zig-zag diario, que presenta a xornalista María Solar, entrevistou a de Pemón Bouzas polo seu libro A estrela de oriente.

Novidade: «Antoloxía da literatura galega 1981-2011» / Anthology of Galician Literature (1981-2011), de Jonathan Dunne

Coeditada por Xerais e Galaxia, esta Antoloxía da literatura galega 1981-2011, da que e autor e tradutor Jonathan Dunne, é unha continuación da histórica Antoloxía da literatura galega 1196-1981 publicada en 2010 e presenta, en edición bilingüe galego-inglés, sesenta textos de sesenta escritores galegos contemporáneos.

Novidade: «Abecedario das mantenzas», de Fausto Galdo

Xerais acaba de publicar o Abecedario das mantenzas, de Fausto Galdo, autor recentemente falecido. O doutor Fausto Galdo, na estela do xenial Cunqueiro, realiza un percorrido por toda a xeografía gastronómica galega de onte e de hoxe. O Abecedario das mantenzas é, en palabras do historiador e académico Xosé R.

En vías de extinción, no club de lectura Lendo Lendas

O vindeiro martes 27 de novembro María Reimóndez estará no club de lectura Lendo Lendas para falar de En vías de extinción cas/os lectoras/es. O acto terá lugar no Malas Pécoras (Rúa da Algalia de Abaixo, 7, Compostela) ás 20.30 horas.

Presentación en Outes de “Tonas de laranxa” de María Lorenzo Miguéns e Manuel Lorenzo Baleirón

O venres, 30 de novembro, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Outes, Avda San Campio, 1 de Outes, terá lugar a presentación de Tonas de laranxa de María Lorenzo Miguéns e Manuel Lorenzo Baleirón, Premio Xerais de Novela, 2012. Presentarán a novela Paulino Vázquez e os autores.

Presentación na Coruña de “En vías de extinción” de María Reimóndez

O xoves, 29 de novembro, ás 20:00 horas, na Biblioteca Municipal Ágora, rúa Ágora, s/nº da Coruña, terá lugar a presentación da novela En vías de extinción de María Reimóndez. No acto, organizado pola Biblioteca Ágora e Xerais, participarán a cantautora María Xosé Silvar “Sés”, Fran Alonso e María Reimóndez.

Presentación en Ares de “Cartas de inverno. Novela gráfica” de Antonio Seijas

O xoves, 29 de novembro, ás 20:00 horas, na Alianza Aresana, rúa María, 11 de Ares, terá lugar a presentación de Cartas de inverno. Novela gráfica de Antonio Seijas. No acto, organizado polo Concello de Ares e Xerais, participarán Julio Ignacio Iglesias Redondo (alcalde de Ares), Agustín Fernández Paz, Manuel Bragado e Antonio Seijas.

Historias que arreguizan o corpo: «Sarou / Louzós», de Ramón Caride. Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre Sarou / Louzós, de Ramón Caride.     Mundos pouco compracentes Coñecía, desde había algún tempo, a intención que Ramón Caride atesouraba para publicar un libro como o que agora se dá a coñecer baixo o título de Sarou/Louzós.