Menu Xerais

Arquivo mensual: Novembro 2012

Un libro universal escrito desde Monte Alto: «As voces baixas», de Manuel Rivas. Crítica de Pere Meroño en Vilaweb

Pere Meroño publica no seu blog de Vilaweb unha recensión crítica en catalán sobre As voces baixas, de Manuel Rivas.   As voces baixas (Manuel Rivas) L’escriptor corunyès ens regala, un cop més, amb “As voces baixas” un llibre rodó.

Un libro sorprendentemente profundo: «Pan de ánimas», de Xoán Abeleira. Crítica de Alfredo Ferreiro

Un libro sorprendentemente profundo: «Pan de ánimas», de Xoán Abeleira. Crítica de Alfredo Ferreiro

Alfredo Ferreiro, publica no seu blog, O levantador de minas, unha recensión crítica sobre Pan de ánimas, de Xoán Abeleira.       Pan de ánimas, de Xoán Abeleira Pan de ánimas é, no panorama poético actual, un libro sorprendentemente profundo.

O ADN de Agustín Fernández Paz: «O rastro que deixamos». Anotacións de Manuel Bragado e Ramón Nicolás

Tanto Manuel Bragado, no seu blog Brétemas, como Ramón Nicolás no seu Caderno da Critica, publican senllas anotacións sobre a presentación de O rastro que deixamos de Agustín Fernández Paz. Tamén La Voz de Galicia informou sobre a presentación.

Antonio Seijas presenta en Ares o vindeiro xoves a súa novela gráfica «Cartas de inverno»

A páxina web do Concello de Ares publica unha información sobre a presentación, o vindeiro xoves 29 da novela gráfica Cartas de inverno de Antonio Seijas, baseada na novela Agustín Fernández Paz.

Presentación en Vigo de “Iria” de Anxo Angueira

O sábado, 24 de novembro, ás 20:00 horas, terá lugar a presentación da novela Iria de Anxo Angueira. Este acto, organizado pola Asociación Bou Eva, será na rúa Térzo de Fóra, 11 en Vigo. Aproveitando a presenza de Anxo Angueira, a Asociación pediulle que sexa o anfitrión do serán e que presente os paneis sobre embarcacións tradicionais da Asociación de Embarcacións Tradicionais de Bouzas.

Premio Xerais 2012: Unha novela que sorprende. Crítica de Mario Regueira sobre «Tonas de laranxa», de María Lorenzo Miguéns e Manuel Lorenzo Baleirón

Mario Regueira publicou en Sermos Galiza unha recesión crítica sobre Tonas de laranxa, de María Lorenzo Miguéns e Manuel Lorenzo Baleirón, Premio Xerais de Novela 2012.

«Alt», de Manuel Lourenzo González: entre a o mito e a ciencia ficción. Anotación de Manuel Bragado

Manuel Bragado publicou no seu blog Brétemas unha anotación sobre a presentación de do libro Atl de Manuel Lourenzo González, Premio Blanco Amor de Novela 2011.   «Atl», entre a o mito e a ciencia ficción   Interesantísima foi a presentación en Pontevedra de Atl, a novela de Manuel Lourenzo Gonzálezgañadora do Premio Blanco Amor 2011.

Excelente narración para un conto de Nadal con sabor a Dickens: «A estrela de oriente», de Pemón Bouzas

Armando Requeixo publicou onte no suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre o libro A estrela de oriente, de Pemón Bouzas.

Antonio Seijas: «En Cartas de inverno importoume moito transmitir o ambiente de terror». Entrevista en Radiofusión

Radiofusión emitiu unha entrevista a Antonio Seijas, autor da novela gráfica Cartas de inverno, baseada na novela Agustín Fernández Paz. Antonio Seijas presentará en Ares a súa adaptación a BD das “Cartas de inverno” de Fernández Paz “Vendo casa enmeigada. Abstéñanse curiosos e bromistas”.

Manuel Veiga: «O meu dicionario humorístico é un complexo vitamínico e debería distribuirse en farmacias»

O Diario Cultural da Radio Galega realizou unha entrevista a Manuel Veiga polo seu libro Do G ao Z. Dicionario indignado e humorístico. Durante a entrevista, realizada por Anxo Quintela, o autor asegura que o dicionario busca o humor, a ironía e abarca moitos temas en extensión moi curta e a partir dunha selección e criterio moi persoal.

Exhibir os efectos da sociedade de consumo: «Gran tiburón branco», de Samuel Solleiro. Crítica en Novas da Galiza

O xornal Novas da Galiza publicou unha recensión asinada por A.L. sobre o libro Gran tiburón branco, de Samuel Solleiro.   Gran tiburón branco, de Samuel Solleiro O turista nom vê o grande tubarom branco. Achega-se até os recifes de coral com a sua jovencíssima mulher, contrata mesmo um guia (o qual manterá relaçons sexuais com a sua esposa às suas costas).

Iolanda Zúñiga impartirá unha conferencia este luns no Instituto Cervantes de São Paulo sobre a súa novela «Periferia»

A escritora Iolanda Zúñiga impartirá o vindeiro luns unha conferencia no Instituto Cervantes de São Paulo, Brasil, sobre a súa novela Periferia. A actividade, promovida polo Consello da Cultura Galega, devolve a escritora ao escenario do que partiu a novela, que foi gañadora do Premio Xerais en 2010. Periferia foi considerada pola crítica unha das novelas máis innovadoras da literatura galega dos últimos tempos.