Menu Xerais

Arquivo mensual: Decembro 2012

Francisco X. Fernández Naval: «A miña novela procura un diálogo entre o íntimo e local e o universal». Entrevista de Raquel Feijóo sobre «A noite branca»

A revista Tempo de Lecer Ourense publicou unha entrevista de Raquel Feijóo a Francisco X. Fernández Naval sobre a súa novela A noite branca.   Titúlase: A noite branca e o seu autor é o escritor ourensán Francisco X.

Descricións e diálogos que marcan a forza do novelista: «Como en Alxeria», de Xosé Ramón Pena. Crítica de Vicente Araguas

Vicente Araguas publicou nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Arousa e Diario de Ferrol unha recensión crítica sobre Como en Alxeria, de Xosé Ramón Pena. O crítico loa na súa recensión «a habelencia de Xosé Ramón Pena, á hora de mesturar descricións e diálogos, trufados estes de reflexións e citas literarias e musicais que non só non ralentizan a narración senón que empurran dela cara aos seus obxetivos.

Presentación en Allariz de “A noite branca”

O venres, 21 de decembro, ás 20:30 horas, na Fundación Vicente Risco, rúa San Lorenzo, 3 de Allariz, terá lugar a presentación da novela A noite branca de Francisco X. Fernández Naval. No acto participarán Luís Martínez-Risco e o autor. Acompañamento musical de José Luís Fernández Carnicero. Ao remate servirase un viño ofrecido por Colección Costeira.

Sinatura de exemplares de “En vías de extinción” en Santiago

O xoves, 27 de decembro, a partir das 18:00 horas, María Reimóndez asinará exemplares de En vías de extinción na Libraría Couceiro, praza de Cervantes, 6 de Santiago.

Encontro-coloquio con lectoras/es de “En vías de extinción”

O xoves, 20 de decembro, ás 20:00 horas, no Café de Catro a Catro, rúa Girona, 16 de Vigo, terá lugar un coloquio coas lectoras e lectores do libro En vías de extinción de María Reimóndez. María Reimóndez, acompañada por Elisabet Pérez Costas e Raquel Cordeiro Ferreira, da Asociación Nós Mesmas, compartirá coas lectoras/es as súas impresións sobre a novela e firmará exemplares.

Ramón Nicolás: «No plano persoal Celso Emilio Ferreiro era unha persoa que sempre estaba facendo cousas e divertíndose». Entrevista sobre «Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro»

O xornal La Región publicou unha entrevista de Carolina Piñeiro a Ramón Nicolás, que reproduce no seu blog, pola súa biografía Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro: Dialoguei, hai uns días, con Carolina Piñeiro, xornalista de La Región, ao fío de Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro e foi onte cando se publicou a entrevista no xornal ourensán baixo o titular de «Celso Emilio tiña un aguillón crítico sen pa

Ficcion e historia no galeguismo: «Como en Alxeria», de Xosé Ramón Pena. Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre Como en Alxeria, de Xosé Ramón Pena.

Sinatura de “Fútbol es fútbol” de Jacobo Buceta

O xoves, 20 de decembro a partir das 19:30 horas, Jacobo Buceta asinará exemplares do seu libro Fútbol es fútbol no departamento de librería de El Corte Inglés de Vigo.

Lectura de “As voces baixas” en Pontevedra

O xoves, 20 de decembro, ás 20:00 horas, no Salón de Actos Sexto Edificio do Museo, rúa Padre Amoedo Carballo, 3 en Pontevedra, terá lugar unha lectura da novela As voces baixas de Manuel Rivas. No acto, organizado en colaboración co Ateneo de Pontevedra, participarán Manuel Rivas e Manuel Bragado.

Contra a visión centralista no fútbol: «Fútbol es fútbol» de Jacobo Buceta. Artigo de Manuel Bragado

Manuel Bragado recolle en Brétemas a reflexión que realiza no seu artigo de Faro de Vigo a partir do libro Fútbol es fútbol de Jacobo Buceta.   Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo, ao fío da aparición do libro Futbol es fútbol de Jacobo Buceta e da vitoria do Celta fronte ao Madrid, a criticar o relato centralista e reaccionario promovido pola caverna madrileña sobre as competicións de fútbol profesional.

Presentación de “A noite branca” na Coruña

O xoves, 20 de decembro, ás 20:00 horas, no salón de Portas Ártabras, rúa Sinagoga, 22 da Coruña, terá lugar a presentación da novela A noite branca de Francisco X. Fernández Naval. No acto, organizado en colaboración coa Asociación de Amigos dos Museos de Galicia, intervirán Felipe Senén, Eva Veiga, Fran Alonso, o autor e contará co acompañamento musical de Antonio Facal Rivas.

A antoloxía que publica en inglés a literatura galega máis actual: «Anthology of Galician Literature 1981-2011», de Jonathan Dunne

Xesús Fraga publica en La Voz de Galicia  unha reportaxe sobre o libro Antoloxía da literatura galega 1981-2011 / Anthology of Galician Literature 1981-2011, da que é responsable Jonathan Dunne.     Un volume escolma en inglés as letras galegas desde 1981 Nos vindeiros meses publicaranse tamén traducións de «Cantares gallegos» e «Todo é silencio» Do Estatuto de Autonomía á actualidade.