Publicado o 17 Decembro, 2012 nas categorías Sinatura
O mércores, 19 de decembro, ás 20:00 horas, no Salón Noble do Liceo, rúa Valentín Lamas Carvajal, 5 de Ourense, terá lugar unha lectura de As voces baixas de Manuel Rivas.
No acto participarán Manuel Rivas e Manuel Bragado.
A partir das 19:00 horas, Manuel Rivas asinará exemplares na Livraria Torga, rúa da Paz, 16 de Ourense.
Ler máis →
Publicado o 17 Decembro, 2012 nas categorías Crónica, Narrativa
Os xornais Galicia Hoxe e El Correo Gallego publican unha crónica da presentación de A noite branca, de Francisco X. Fernández Naval, en Ourense.
Ler máis →
Publicado o 17 Decembro, 2012 nas categorías Crónica, Presentacións
Manuel Bragado publicou en Brétemas unha crónica da presentación de O rastro que deixamos, de Agustín Fernández Paz, en Vilalba. Tamén o xornal dixital Terra Chá.xa publicou unha información sobre a presentación.
Ler máis →
Publicado o 14 Decembro, 2012 nas categorías Entrevistas, Narrativa
Camilo Franco publicou en La Voz de Galicia unha entrevista a Francisco X. Fernández Naval polo seu libro A noite branca, que se presenta esta tarde en Ourense.
Francisco X.
Ler máis →
Publicado o 14 Decembro, 2012 nas categorías Biografía, Críticas, Crónica
O soportal de literatura do Consello da Cultura Galega, LG3, publica unha recensión crítica de Gustavo Hervella García de Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro, de Ramón Nicolás.
Ler máis →
Publicado o 14 Decembro, 2012 nas categorías Narrativa, Presentacións, Sinatura
O martes, 18 de decembro, ás 20:00 horas, na libraría Librouro, Eduardo Iglesias, 12 de Vigo, terá lugar a lectura-presentación do libro As voces baixas de Manuel Rivas.
No acto participarán, Antón Patiño, Manuel Bragado e Manuel Rivas.
A partir das 18:00 horas, Manuel Rivas asinará exemplares da súa obra.
Ler máis →
Publicado o 14 Decembro, 2012 nas categorías Narrativa, Presentacións
O martes, 18 de decembro, ás 20:00 horas, na Capela do IES Rosalía de Castro de Santiago, terá lugar a presentación da novela A noite branca de Francisco Xosé Fernández Naval.
No acto participarán María Jesús Cabado Pampín, Xosé M. Núñez Seixas (LMU, Múnich), que intervirá a través de skype, Fran Alonso e o autor.
Acompañamento musical de Carlos Arias.
Ao remate servirase un viño ofrecido por Colección Costeira.
Ler máis →
Publicado o 14 Decembro, 2012 nas categorías LibroX, Presentacións
O martes, 18 de decembro, ás 21:00 horas, na Biblioteca Municipal Daniel Castelao de Silleda, terá lugar a presentación do libro Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez de Carlos Callón.
Ler máis →
Publicado o 14 Decembro, 2012 nas categorías Fóra_de_colección, Presentacións
O luns, 17 de decembro, ás 19:30 horas, no Salón de Actos da Real Academia Galega, Tabernas, 11. A Coruña, terá lugar a presentación do libro Abecedario das mantenzas de Fausto Galdo.
No acto participarán, Xosé Ramón Barreiro Fernández, Cristino Álvarez, Faxildo Galdo e Manuel Bragado.
Ler máis →
Publicado o 13 Decembro, 2012 nas categorías E-books, Narrativa
Os primeiros títulos de Xerais están xa en Amazon, dispoñibles para os lectores e lectoras que empregan o Kindle. Os libros que xa se poden mercar para ese formato electrónico son As voces baixas, de Manuel Rivas; Tonas de laranxa, de María Lorenzo Miguéns e Manuel Lorenzo Baleirón, Premio Xerais de Novela 2012; En vías de extinción, de María Reimóndez; e Non hai noite tan longa, de Agustín Fernández Paz.
Ler máis →
Publicado o 13 Decembro, 2012 nas categorías Blogs, Críticas, Narrativa
Francisco Martínez Bouzas publicou no seu blog Novenoites unha recensión crítica sobre As voces baixas, de Manuel Rivas.
O fillo da leiteira. A autonovela de Manuel Rivas
A estas alturas da película coido que resulta ocioso / odioso que alguén pense que o recoñecemento de Rivas como un extraordinario escritor se debe ao feito de ter detrás ao grupo Prisa.
Ler máis →
Publicado o 13 Decembro, 2012 nas categorías Críticas, Novela gráfica
Montse Pena Presas publica hoxe nas páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre a novela gráfica Cartas de inverno, de Antonio Seijas, baseada na novela Agustín Fernández Paz.
Ler máis →