Menu Xerais

Arquivo mensual: Decembro 2012

Crueza e afecto cun halo feiticeiro: «O aroma do liquidámbar», de An Alfaya. Crítica de Paula Fernández

Paula Fernández publica hoxe nas páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre sobre O aroma do liquidámbar, de An Alfaya, ilustrado por Marina Seoane.

A «Anthology of Galician Literature 1981-2011», bilingüe galego-inglés, pretende mostrar ao mundo a vitalidade da literatura galega. Entrevista co antólogo, Jonathan Dunne

O Diario Cultural da Radio Galega realizou unha entrevista a Jonathan Dunne, polo seu libro Antoloxía da literatura galega 1981-2011 / Anthology of Galician Literature 1981-2011.  O antólogo refírese á antoloxía como un libro moi vivo, moi actual, que ten a pretensión de mostrar ao mundo lector en lingua inglesa a vitalidade da creación literaria en galega, con toda a súa riqueza e variedade.

Camilo Nogueira: «Moita xente non acepta as falsas verdades de España». Entrevista de Xan Carballa

O xornalista Xan Carballa publicou, na web de Valentín Paz Andrade, dentro da serie «Conversas no ronsel» unha entrevista con Camilo Nogueira na que fala do seu libro Para unha crítica do españolismo. Reproducimos a parte referida a esa cuestión.   (…) Un dos libros que editou este ano é Para unha crítica do españolismo (Xerais, 2012).

Lirismo, tenrura e loita pola supervivencia en África: «Palabras de auga», de Marcos Calveiro. Crítica de Mar Fernández Vázquez

Mar Fernández Váquez publica en El Correo Gallego unha recensión crítica sobre sobre Palabras de auga, de Marcos Calveiro, Premio Merlín 2012.

Crónica en Brétemas da presentación de «Fútbol es fútbol», de Jacobo Buceta

Manuel Bragado publicou en Brétemas unha crónica da presentación de Fútbol es fútbol de Jacobo Buceta.   Celebramos a primeira presentación dun libro nas magníficas instalacións do espazo cultural d’ A Nave de Vidán. O xornalista Xosé Hermida e o seleccionador galego Fernando Vázquez conversaron con Jacobo Buceta sobre os contidos dun libro que radiografía o mundo do fútbol e dos seus protagonistas.

«Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro», de Ramón Nicolás: a actualidade do poeta de Celanova. Artigo de Xoán Carlos Domínguez Alberte

Sermos Galiza publica un artigo de Xoán Carlos Domínguez Alberte «Actualidade de Celso Emilio» no que fala de Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro, de Ramón Nicolás.     (…) Para lle pór o ramo ao ano, hai uns meses, saíu do prelo o monumental traballo Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro, da autoría de Ramón Nicolás.

«Todo é silencio», a novela de Manuel Rivas, acaba de ser editada en inglés

A novela Todo é silencio de Manuel Rivas xa está traducida ao inglés e editada por Harvill Secker, que forma parte de Vintage Publishing, o selo onde o autor galego adoita publicar en Gran Bretaña, ambos os dous propiedade de Random House. Reproducimos a sipnose en inglés da novela: Fins and Brinco are best friends, and they both adore the wild and beautiful Leda.

Xelís de Toro: «A literatura galega naceu grazas ao galeguismo e nacionalismo, mais só vai ter relevancia social se logra matar ao pai». Entrevista de Armando Requeixo

Armando Requeixo publicou na sección «Parlamento das letras» do seu blog Criticalia unha entrevista con Xelís de Toro.     Parlamento das Letras Antonio García Teijeiro Xelís de Toro escribe coa verba tramada á pel da vida. É un médium do caos humano que o rodea, que fagocita ávido de contar historias que nos devolvan o cáliz fervente da realidade.

Xerais aplaude a iniciativa educativa «Recitando a Celso Emilio», que se celebra hoxe de xeito expansivo en toda Galicia

Xerais aplaude a inciativa #recitandocelsoemilio, impulsada pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, que se celebra hoxe, ás 12 h. do día 12 do 12, de xeito expansivo, en todo o país.

Misterio con recendos de herbas perfumadas: «O aroma do liquidámbar», de An Alfaya. Crítica de Celestino Amarante

Celestino Amarante publica en El Correo Gallego unha recensión crítica sobre O aroma do liquidámbar, de An Alfaya, ilustrado por Marina Seoane.

«A noite branca», de Francisco Fernández Naval e unha viaxe en autocaravana na procura da presenza galega na División Azul

O escritor Francisco Fernández Naval abriu un blog centrado na súa novela A noite branca e, a través del, poden seguirse novidades con respecto a esta obra. Así mesmo, o Diario de Ferrol publicou unha información relacionada coa novela. Reproducimos en primeiro lugar a primeira anotación do blog e a continuación a noticia do Diario de Ferrol.

Agustín Fernández Paz: ««A ambición de escribir a mellor novela sempre está aí»». Entrevista de Lourdes Varela

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha entrevista de Lourdes Varela con Agustín Fernández Paz centrada no seu último libro, O rastro que deixamos.