Menu Xerais

Arquivo mensual: Decembro 2012

De como o azafrán resulta máis valioso que o ouro: «As voces baixas», de Manuel Rivas, un relato íntimo e colectivo. Artigo de Carlos Negro

Carlos Negro publicou en Sermos Galiza un artigo sobre As voces baixas, de Manuel Rivas.   A ollada fértil Isto que agora escribo quizais non chegue nunca á categoría de recensión, nin tan sequera de artigo.

Interesantísimo manual: «Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez», de Carlos Callón. Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou en Galicia Confidencial unha recensión crítica de Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, de Carlos Callón.     A cuestión da lingua Que galego se debe de utilizar; o da ILGa ou o da escola coruñesa de Freixeiro Mato? O novo libro de Carlos Callón aposta por esta segunda opción. Crítica de Manuel Rodríguez.

Esperanza, palabras amables, metáforas fermosas e contundencia en «Palabras de auga», de Marcos Calveiro. Crítica de María Navarro

María Navarro publicou no Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre Palabras de auga, de Marcos Calveiro, Premio Merlín 2012.

Trafegando ronseis publica un vídeo da intervención de Carlos Negros no IES Chano Piñeiro con «Makinaria»

Trafegando ronseis publica un vídeo cunha charla de Carlos Negro a partir de Makinaria no IES Chano Piñeiro.   Carlos Negro presenta…Makinaria  Di meu pai “el hombre propone y Dios dispone”. E así sucedeu con este vídeo. Cando o ano pasado veu Carlos Negro naquel día inesquecible para todas e todos nós, o meu prezado compañeiro  Anxinho gravouno case integramente.

O silencioso traballo da tradutora: entrevista a María Xesús Bello Rivas, tradutora de Cornelia Funke

O blog Maleducadas publica unha entrevista con María Xesús Bello Rivas sobre o seu traballo de tradución ao galego dos libros de Cornelia Funke.

«O best seller como elemento normalizador dun sistema literario en crise»: conferencia de Pedro Feijoo en Barcelona

O escritor Pedro Feijoo, autor de Os fillos do mar, impartirá unha conferencia en Barcelona  baixo o título O best seller como elemento normalizador dun sistema literario en crise. O acto terá lugar o mércores 12 de decembro, ás 11:30 horas, na Sala de Professors (Edifici Josep Carner, andar 5) da Facultat de Filologia da Universitat de Barcelona (Carrer Aribau, 2), e está organizada por Estudis Gallecs i Portuguesos.

«Vigo a 80 revolucións por minuto», de Emilio Alonso. Crítica de Xavier Valiño en Ruta 66

Xavier Valiño publicou na revista Ruta 66 número 299 unha recensión crítica sobre o libro Vigo a Vigo a 80 revolucións por minuto, do xornalista vigués Emilio Alonso, que se pode ler no blog do libro.

Manuel Rivas: «Se hai unha palabra que me tatuaría sería liberdade». Entrevista de Sandra Faginas

La Voz de Galicia publica unha entrevista da xornalista Sandra Faginas con Manuel Rivas durante a que se fala tamén do seu último libro, As voces baixas.   Manuel Rivas: «Son un home de gustos domésticos, de café, pan e música» O escritor, que ven de publicar As voces baixas, abre a Extra Voz as portas do seu mundo cotián Manuel Rivas (A Coruña, 24 de outubro de 1957) é un ser magnético.

Todo o que hai diante e detrás do fútbol: «Fútbol es fútbol» de Jacobo Buceta

O Culturas de La Voz de Galicia publicou unha pequena recensión de J.M.F sobre Fútbol es fútbol de Jacobo Buceta.

Fran Alonso pisa a fondo en «A punta de pistola»: un thriller que é puro guión cinematográfico. Crítica de Armando Requeixo

Armando Requeixo publicou en Praza Pública unha recensión crítica sobre A punta de pistola, de Fran Alonso, Premio de Novela por Entregas La Voz de Galicia.   Fran Alonso pisa a fondo E velaí. Fran Alonso, vinte anos despois, reescribiuse nunha espiral de vertixe.

O ADN íntimo e literario de Agustín Fernández Paz: «O rastro que deixamos». Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre O rastro que deixamos de Agustín Fernández Paz.

Presentación en Vilalba de “O rastro que deixamos” de Agustín Fernández Paz

O venres, 14 de decembro, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, terá a presentación do libro O rastro que deixamos de Agustín Fernández Paz. O acto, organizado polo Instituto de Estudos Chairegos e Xerais,  contará coa participación de Manuel Castro Santamariña, Isabel Soto, Manuel Bragado e o autor.