Menu Xerais

Arquivo mensual: Decembro 2012

Presentación en Ourense de “A noite branca” de Francisco X. Fernández Naval

O venres, 14 de decembro, ás 20:00 horas, no Salón Noble do Liceo de Ourense, rúa Valentín Lamas Carvajal, 5 Ourense, terá lugar a presentación da novela A noite branca de Francisco X. Fernández Naval.  No acto participarán,  Luís Manuel García Mañá, Xosé M. Núñez Seixas (LMU, Múnich), que intervirá a través de skype, Fran Alonso e o autor,  Acompañamento musical de José Luis Fernández Carnicero.

Cando murmura a boca da memoria: «As voces baixas», de Manuel Rivas. Crítica de Armando Requeixo

Armando Requeixo publicou unha recensión crítica  sobre As voces baixas, de Manuel Rivas. A recensión publicouse nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños.     As voces da memoria ¿E el non vedes ese picariño que anda temeroso da treboada na Rúa Marola en Monte Alto? Évos o fillo da Carmiña e o saxofonista e abrázase na irmá María como se niso lle fose a vida.

Marcos Calveiro: « Cando falo de mulleres africanas relegadas socialmente, tamén estou a falar da sociedade rural tradicional galega». Entrevista de Montse Dopico sobre «Palabras de auga»

Praza Pública ofrece unha entrevista de Montse Dopico a Marcos Calveiro sobre Palabras de auga.   «Queren que deixemos de ser cidadáns para volver ser vasalos» O último libro de Marcos Calveiro, Palabras de auga, (Xerais), non é só unha viaxe cara ao corazón africano e o relato da aventura iniciática dun neno cara á madurez.

Unha novela gráfica recomendable: «Cartas de inverno», de Antonio Seijas. 98 páxinas de acción sen fin. Crítica de Juan Bonome

Juan Bonome Rodal pubicou unha recensión crítica sobre a novela gráfica Cartas de inverno, de Antonio Seijas, baseada na novela Agustín Fernández Paz.   Cartas de Inverno Para falar de esta obra teño que mirar cara o verán pasado. Foi nese tempo de lecer cando por primeira vez lín a obra de Agustín Fernández Paz “Cartas de Inverno”, merqueí unha edición actual na libreria Sementeira de Muros.

Entrevista de Pemón Bouzas a Xosé Ramón Pena no Eirado da TVG sobre «Como en Alxeria»

O programa da TVG O Eirado, que dirixe o xornalista e escritor Pemón Bouzas, emitiu unha entrevista a Xosé Ramón Pena, pola súa novela Como en Alxeria.

Crónica en Brétemas da intervención no Porto de catro escritores galardoados co Premio Merlín: Fina Casalderrey, Ramón Caride, Antonio García Teijeiro e Marcos Calveiro

Manuel Bragado publicou no seu blog Brétemas unha crónica sobre a celebración dos décimos oitavos Encontros Luso-Galaico-Franceses do Livro Infantil e Juvenil que se centrou nos escritores galegos galardonados co Premio Merlín de Literatura Infantil.

Cando o diario serve para achegarse á esquizofrenia: «Dark butterfly» de Rexina Vega. Crítica de Inma Otero Varela

Inma Otero Varela publica no número 194 da revista Grial unha recensión crítica sobre Dark butterfly de Rexina Vega.   Diario último de dor e enfermidade A segunda novela de Rexina Vega constitúe un cambio total de rexistro fronte á primeira, Cardume, que se insería dentro do ciclo sobre a Guerra Civil. Agora decántase por unha perspectiva máis intimista.

Mestría narrativa: «O rastro que deixamos» de Agustín Fernández Paz. Crítica de Francisco Martínez Bouzas

Francisco Martínez Bouzas publicou onte no suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre O rastro que deixamos de Agustín Fernández Paz.

«Marcopola», de Jacobo Fernández Serrano: «un cómic infantil que te conquista». Crítica en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publica unha recensión crítica sobre Marcopola, de Jacobo Fernández Serrano.   Marcopola Gustoume moito a proposta de Jacobo Fernández Serrano con este Marcopola, a illa remeira. As orixes de Marcapola publicado porXerais. Gústame non só polo cómic en si, que tamén, senón pola importancia que ten que se publique cómic galego pensando nos máis peques.

Elena Gallego: «Dragal é unha novela de aventuras con elementos fantásticos e históricos galegos». Entrevista de Raquel Feijoo

A revista Tempo de Lecer Ourense publicou unha entrevista de Raquel Feijóo con Elena Gallego Abad sobre Dragal.

As claves para entender o milagre de Vigo: «Vigo a 80 revolucións por minuto», de Emilio Alonso. Crítica de Héctor Fouce

O número 4 da revista Etno publicou unha recensión crítica de Héctor Fouce sobre o libro Vigo a 80 revolucións por minuto, do xornalista vigués Emilio Alonso, que este reproduce no seu blog.     Vigo a 80 revolucións por minuto   Empezar una reseña sobre libros de música popular con la queja de que hay poca producción es casi un clásico. Pero un clásico en vías de extinción.

María Solar entrevisa a Carlos Callón no Zig Zag sobre «Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez»

O programa da TVG Zig-zag diario, que presenta a xornalista María Solar, entrevistou a Carlos Callón sobre Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez.