Menu Xerais

Arquivo mensual: Decembro 2012

Presentación en Santiago de “Fútbol es fútbol” de Jacobo Buceta

O martes, 11 de decembro, ás 20,00 horas, na Nave de Vidán, Avda Mestra Victoria, 44 de Santiago, terá lugar a presentación do libro Fútbol es fútbol de Jacobo Buceta. No acto participarán Toño Bermúdez (Xefe de deportes de Radio Galicia-Cadena SER), Xosé Hermida (Delegado de “El País” Galicia), Fernando Vázquez (Adestrador de fútbol e Seleccionador Galego), Manuel Bragado (director de Xerais) e Jacobo Buceta.

Presentación en Vilagarcía de “Fútbol es fútbol” de Jacobo Buceta

O luns, 10 de decembro, ás 20,00 horas, na Sala de Conferencias da Autoridade Portuaria, Peirao de Pasaxeiros de Vilagarcía, terá lugar o acto de presentación do libro Fútbol es fútbol de Jacobo Buceta.

Entrevista de Pemón Bouzas a Agustín Fernández Paz no Eirado da TVG sobre «O rastro que deixamos»

O programa da TVG O Eirado, que dirixe o xornalista e escritor Pemón Bouzas, emitiu unha entrevista a Agustín Fernández Paz polo seu libro O rastro que deixamos.

A sensibilidade e as artes en «Eu, pel» de Teresa González Costa. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado publicou no seu blog Brétemas unha anotación sobre a presentación de Eu, pel de Teresa González Costa.   «Eu, pel», sobre a sensibilidade Excelente foi a presentación de Eu, pel, a primeira novela de Teresa González Costa, na Galería Besada do Gove.

«Autoaxuda» para falar e escribir en galego: «Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez», de Carlos Callón

Praza Pública publica unha información de David Lombao sobre Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, de Carlos Callón.

«Cartas de inverno», de Antonio Seijas: amor a primeira vista dun ilustrador por unha novela de Agustín Fernández Paz

Faro de Vigo publicou unha reportaxe de Mar Mato sobre a novela gráfica Cartas de inverno, de Antonio Seijas, baseada na novela Agustín Fernández Paz.

Os éxitos de «Cartas de inverno», de Agustín Fernández Paz, tamén en catalán

A novela de Agustín Fernández Paz Cartas de inverno non só é un éxito en galego, lingua na que leva 29 edicións publicadas, senón tamén na súa tradución ao catalán. Na editorial Bromera publicáronse xa 22 edicións de Cartes d’ hivern.

Gozar cun libro ameno: «Todo sobre o fútbol galego», de Carlos Freire Cordeiro. Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica de Todo sobre o fútbol galego, de Carlos Freire Cordeiro.

Unha tribo na procura da auga: «Palabras de auga», de Marcos Calveiro. Crítica de Xosé Manuel Eyré

Xosé Manuel Eyré publicou en Galicia confidencial unha recensión crítica sobre Palabras de auga, de Marcos Calveiro, Premio Merlín 2012.     O Poder das palabras de auga Marcos Calveiro gañou o Premio Merlín 2012 cunha historia literaria que fomenta a reflexión do lector e na que o lector se identifica coa problemática do seu protagonista, Amadou. Crítica de X.M. Eyré.

Manuel Lourenzo González: «O cidadán que asume como propias as ideas que lle chegan desde o poder acaba por converterse no maior defensor do sistema»

Montse Dopico publica en Dioivo unha entrevista con Manuel Lourenzo González sobre a súa novela Atl de, Premio Blanco Amor 2011.     “A alienación conséguese co vello truco da cenoria” O Estado Único Universal controla ata o último detalle da vida dunha cidadanía alienada e submisa.

Unha obra sobre a arte da boa mesa: «Abecedario das mantenzas», de Fausto Galdo. Crítica de Armando Requeixo

Armando Requeixo publicou unha recensión crítica do libro Abecedario das mantenzas, de Fausto Galdo. A recensión publicouse nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños.     Memoria de Fausto Galdo A primeiriños deste mes deixábanos Fausto Galdo, sabio galeno, douto crítico de arte e mestre absoluto na gaia ciencia pindárica.

Optimismo e paixón contaxiosa pola vida e a literatura: «O rastro que deixamos» de Agustín Fernández Paz. Crítica de Mario Paz González

A Voz de Vilalba publica unha recensión crítica de Mario Paz González sobre O rastro que deixamos de Agustín Fernández Paz.     A memoria de Agustín Naqueles intres a vida enteira pasaba por diante dos nosos ollos.