Menu Xerais

Arquivo mensual: Decembro 2012

Crónica da presentación de «Cartas de inverno», de Antonio Seijas en Ares

Tesmoitalingua, blog do CPI Conde de Fenosa de Ares publica unha anotación sobre a presentación da novela gráfica Cartas de inverno, de Antonio Seijas, baseada na novela Agustín Fernández Paz.   PRESENTACIÓN DA NOVELA GRÁFICA “CARTAS DE INVERNO” O xoves 29 de novembro foi presentada no salón de actos da Alianza Aresana a novela gráfica “Cartas de inverno”, do autor local Antonio Seijas.

Altura e brillantez: «Palabras de auga», de Marcos Calveiro. Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás reproduce no seu blog Caderno da crítica unha recensión sobre Palabras de auga, de Marcos Calveiro, Premio Merlín 2012.

Presentación de “Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez” de Carlos Callón

O xoves, 13 de decembro, ás 20:00 horas, no Centro Sociocultural do Ensanche, rúa Frei Rosendo Salvado, 14-16 de Santiago, terá lugar a presentación do libro Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez de Carlos Callón. No acto participarán, Marcos Maceira, Luz Cures, Manuel Bragado e Carlos Callón.

Presentación no Grove de “Eu, pel” de Teresa González Costa

O martes, 4 de decembro, ás 20:00 horas, na Galería de Arte Besada, rúa Concepción Arenal, 1 no Grove, terá lugar a presentación de Eu, pel de Teresa González Costa. No acto participarán Carlos Besada, Tito Díaz Pérez, Manuel Bragado e Teresa González Costa.

Con personaxe feminina e ambiente sobrenatural: «Malos tempos para os fantasmas», de Agustín Fernández Paz. Crítica de Eulalia Agrelo Costas

Eulalia Agrelo Costas publicou en El correo Gallego unha recensión sobre  Malos tempos para fantasmas, de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Patricia Castelao.     Novo exercicio de reescrita Ao analizar a produción de Agustín Fernández Paz, observamos que nela se dá un proceso autorial único no actual panorama da literatura galega: a relectura e reeescritura constante dos seus textos literarios.

Francisco Fernández Naval saca unha novela dunha lata de marmelo: «A noite branca»

A edición de ourense de Faro de Vigo publica unha información de XMC sobre A noite branca, de Francisco Fernández Naval é unha   Naval saca una novela de una lata de membrillo A noite branca cuenta la historia de un voluntario de la División Azul en el frente de Leningrado X.M.C. – OURENSE El escritor ourensano Francisco X. Fernández Naval ha sacado una novela de una lata de membrillo.

Pemón Bouzas entrevista a Antonio Seijas no programa Eirado da TVG sobre a súa novela gráfica «Cartas de inverno»

O programa da TVG O Eirado, que dirixe o xornalista e escritor Pemón Bouzas, emitiu unha entrevista con Antonio Seijas, autor da novela gráfica Cartas de inverno, baseada na novela Agustín Fernández Paz. Antonio Seijas – Entrevista no Eirado from Antonio Seijas on Vimeo.

«O rastro que deixamos», de Agustín Fernández Paz, encabeza a Tabela dos libros do mes de decembro

O blog Criticalia de Armando Requeixo publica Tabela dos libros do mes de decembro, un ranquing mensual na que cinco críticos escollen os que consideran os mellores libros publicados en galego. Os críticos son Héitor Mera Herbello, Inmaculada Otero Varela, Montse Pena Presas, Manuel Rodríguez Alonso e o propio Armando Requeixo. No ranquing aparece a clasificación elixida por cada un dos críticos, así como o resultado final.