Menu Xerais

24 de febreiro: Día de Rosalía de Castro

Hoxe cúmprense 175 anos do nacemento de Rosalía de Castro. Xerais súmase á celebración desa data, apoiando a iniciativa da AELG, que está promovendo unha serie de actos organizados por concellos e asociación culturais para promocionar o Día de Rosalía de Castro este 24 de febreiro.

Un dos primeiros títulos que publicou Edicións Xerais de Galicia, pouco despois da súa fundación, foi Poesía completa en galego de Rosalía de Castro, nunha edición preparada por Benito Varela Jácome que viu a luz en 1980. Publicouse na colección Montes e Fontes con deseño de Xosé Guillermo. O libro reeditouse seis veces, ata 1998.

Neste momentos Xerais ten en catálogo, na colección BLG, dous volumes coa obra poética en galego de Rosalía: a edición de Cantares Gallegos a cargo de Xavier Rodríguez Baixeras e a edición de Follas Novas realizada por Marina Mayoral e Blanca Roig-Rechou.

Ademais, contamos coa fermosa antoloxía realizada por Anxo Angueira en formato álbum, que vai acompañada dun CD onde o propio Angueira recita os poemas da escritora de Padrón.

 

 

 

Deixa un comentario!