Menu Xerais

A xestación de «A punta de pistola», de Fran Alonso

Fran Alonso  publicou unha anotación no seu blog explicando como naceu a súa última novela, A punta de pistola, Premio de Novela por Entregas La Voz de Galicia 2012.

«Algúns sucesos denotan unha carga tráxica tan forte que en apariencia resultan cómicos. Cando menos, esa é a impresión que produce a acción levada a cabo por unha parella que secuestrou os seus dous fillos a punta de pistola no punto de encontro dun centro de acollida en Vigo». Estas palabras non as escribín agora. Escribinas nun artigo de opinión publicado en outubro de 2006. A continuación engadía na miña columna: «Porque a realidade, cando quere, pode ser máis inverosímil que a ficción». Seis anos despois, asumín o reto de converter aquel suceso nun asunto literariamente coherente. Tratábase de converter un feito real pero aparemente inverosímil nunha novela de ficción aparentemente verosímil. De aí naceu esta novela. De aí e do interese pola vida dunha muller real, Celia Rivas, a primeira camioneira galega e española, unha pioneira que, en 1932, puxo as súas mans femininas ao volante dun camión.

(…)

Deixa un comentario!