Menu Xerais

Agustín Fernández Paz, candidato ao ALMA 2013 (Astrid Lindgren Memorial Award)

O escritor Agustín Fernández Paz foi elixido candidato ao premio de literatura infantil e xuvenil máis importante do mundo, o ALMA 2013 (Astrid Lindgren Memorial Award. Agustín competirá con arredor de 207 candidatos de todo o mundo, pertencentes a 67 países. Os candidatos foron nominados por distintas institucións especializadas e entre eles figuran autores, ilustradores, narradores orais e especialistas e fomento da letura. O premio fállase o 26 de marzo de 2013 en Vimmerby, Suecia, que é a localidade onde naceu a escritora Astrid Lindgren. Todo o referente ao premio pode consultarse na páxina web do ALMA.

 

Deixa un comentario!