Menu Xerais

«As meigas de Lupa», de María Solar: unha historia espectacular. Crítica de Laura Blanco Casás

Laura Blanco Casás publica no suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre As meigas de Lupa, de María Solar.

 

Mitos e lendas

Historia, maxia e aventura

 Ben sabido é que Galiza é terra meiga, única polas súas xentes, costumes e tradicións. E que mellor ingrediente para unha novela que mitos e lendas procedentes da tradición oral,que nos retrotraen moitos séculos atrás, na procura da nosa primixenia orixe.

María Solar (Compostela, 1970), coñecida sobre todo pola súa faceta de presentadora de televisión, publica agora en Xerais a súa opera prima para o lector xuvenil, As meigas de Lupa, na que se mesturan historia, maxia e aventura. María, Pablo e Martiño, tres curmáns, van pasar unha semana á casa da súa avoa Berta. Alí é onde descobren o segredo milenario que ela garda, ser a vixía do castelo da raíña Lupa, algo que se herda entre as mulleres descendentes do seu sangue. A trama principal da novela alterna cunha viaxe no tempo á Galicia castrexa do século I, cando uns estranxeiros chegan co corpo do Apóstolo Santiago pedindo axuda á raíña. Unha historia espectacular para que o pequeno lector, ademáis de entreterse, coñeza o pasado da nosa terra.

 Laura Blanco Casás

Deixa un comentario!