Menu Xerais

“Cartas de inverno”, o libro de ficción máis vendido de Xerais, xa ten novela gráfica

Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz  é o libro de ficción máis vendido da editorial. Publicado en 1995, na colección Fóra de Xogo, leva 29 edicións e 84.400 exemplares vendidos a día de hoxe.

A versión en banda deseñada de Cartas de inverno de Antonio Seijas, a extraordinaria novela de terror de Agustín Fernández Paz, un dos clásicos da narrativa galega contemporánea, ve agora a luz na colección Xerais-Novela Gráfica.

En palabras de Agustín Fernández Paz, este Cartas de inverno. Novela Gráfica de Antonio Seijas recolle a historia, os personaxes e os ambientes que creei no seu día, comezando pola omnipresente mansión onde todo sucede. Trátase da mesma historia, narrada a través da linguaxe do cómic e a través doutra mirada. A capacidade de suxerir que teñen as palabras trasládase aquí ás elipses narrativas. A tensión creada coas palabras trasládase ás imaxes e á montaxe das viñetas. Os estados de ánimo atopan a súa correspondencia na paleta de cores utilizada polo autor. Todas as pezas encaixan para conformaren unha obra con valor de seu. De aí que declare a miña alegría ante a publicación destas novas Cartas de inverno.

Mantén na rede o seu blog: http://antonioseijas.blogspot.com  e a páxina: www.antonioseijas.com

Deixa un comentario!