Menu Xerais

«Cita en Fisterra», de Luís Rei Núñez: un xogo espectacular, significativo e arriscado

O crítico Xosé Manuel Eyré publica no seu blog unha anotación onde anuncia o seu interese por Cita en Fisterra, de Luís Rei Núñez.

 

Mais quero escribir tamén sobre Luís Rei Núñez. Acabo de encetar a súa última novela. Luís Rei é xente que ten enfrontado retos narrativos de moito fuste, lembremos Montelouro ou O señor Lugrís. E esta parece máis modesta. E nin moito menos é así. A veciñanza entre realidade e ficción faina especialmente atraente, establece un xogo espectacular, significativo e arriscado. Na miña opinión quizá sexa o proxecto narrativo máis arriscado deste autor. Veremos se non se torce.

Deixa un comentario!