Menu Xerais

Humor e indignación crítica en «Do G ao Z. Dicionario indignado e humorístico», de Manuel Veiga. Crítica de Heitor Mera

Héitor Mera publicou no Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre Do G ao Z. Dicionario indignado e humorístico, de Manuel Veiga.

 

 

Unha seria brincadeira

Observar obxectivamente

A nova entrega de ManuelVeiga chega cunha virtude innegable: o don da oportunidade. Nun momento histórico e sociolóxico imprevisiblemente relevante para todos nós, preséntasenos esta pequena terapia individual e colectiva na que se reflexiona sobre moitas das cuestión que afectan a Galiza, non só do presente, senón que tamén do pasado que deu con este noso contexto.

O libro está estruturado nun limiar do autor. Fálase nel moito de indignación. Veiga, desde unha perspectiva máis irónica e mesmo retranqueira e atendendo ao noso modo de ser, fala tamén de resignación e preséntanos esta posibilidade como ferramenta útil para adoptar unha certa distancia e observar obxectivamente as cousas.

Comeza coa palabra Galiza e segue un percorrido pseudo lexicográfico verquendo a súa visión sobre conceptos, cousas e persoas. Penso, unha vez lidas as entradas que este libro podería servir como exemplo dun hipotético ensaio do humor galego. Etnograficamente, desde logo, parece bo texto para analizar, o deVeiga.

En calquera caso, fáganos rir, fáganos pensar ou calquera reacción posible que sinta o lector ao mergullarse no texto, non caiba a menor dúbida, estamos ante unha brincadeira moi, moi seria…

Héitor Mera

Deixa un comentario!